Martes. 30.04.2024
El tiempo

Muros prepárase para o Partido Solidario da Selección da Costa-QPC

hdrpl
Muros prepárase para o Partido Solidario da Selección da Costa-QPC

Este venres 15 de decembro, o Salón de Actos do Concello de Muros acolleu a presentación do Partido Solidario da Selección da Costa-QPC Feminina contra o Sporting Cambre. Unha cita solidaria que se celebrará o sábado 30 de decembro ás 16:30h no campo Agra da Filgueira de Louro e que servirá para recadar fondos para a Asociación Galega de Ataxias, gracias á colaboración do Concello de Muros, da UD Monte Louro e da Real federación Galega de Fútbol.

Na presentación participaron María Lago (alcaldesa do Concello de Muros), Damián Torea (concelleiro de Deportes) e Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta). Os representantes municipais agradeceron a QPC escoller Muros, vila das pioneiras Miúdas, para realizar eventos coma este, que mesturan deporte e solidariedade.

Tamén aportaron as súas ideas o secretario de AGA Marcos Veloso Carril, en presenza dunha representación da UD Montelouro e da ED Os Miúdos, colaboradores deste evento, ademais de Manuel Lago Tal, que será o speaker da xornada.

Ataxia

QPC escolleu este ano realizar o evento en favor da Asociación Galega Ataxias, unha desas enfermidades raras tan presente na nosa comarca a través da súa presidenta, a malpicá Juliana Moscoso, ou o activo corcubionés Rogelio Antelo. A existencia dunha variante co nome da nosa comarca, a Ataxia Costa da Morte, dá conta da incicendia que ten para as nosas vidas.

Marcos fixo un resumo desta enfermidade, máis ben dos síntomas de varias enfermidades, e foi o corcubionés Rogelio Antelo o que puxo os exemplos concretos que sofren as persoas que a padecen, como perda de mobilidade ou problemas de lingua trabada. "É moi duro que pensen que estou borracho", relatou.

Convocatoria baseada no 11 ideal da Gala

A idea do equipo de Deportes de QPC, dirixido por Alberto Pose e Óscar Leis, é darlle continuidade ao 11 ideal escollido por unhas 30 persoas do FUTFEM costeiro na Gala do Fútbol da Costa-QPC 22/23. Con todo, o equipo técnico intentou facer unha convocatoria que represente a meirande parte dos equipos actuais. Non poderán participar as xogadoras do Cee (Nerea e Paula Veiga estaban no 11 ideal da Gala), pois tiñan confirmado outro partido solidario para esa data.

Esta é a convocatoria realizada polo equipo técnico formado por Fran Figueroa, Rubén Souto e Gini Vidal:
Adriana de Miudas
Miriam de Cabana
Nuria do Seaia
Mai do Dumbría
Martina do Dumbría
Irene do Corme 
Saskia do Xallas
Lucía do Cerqueda
Kelly do Dumbria
Fandi do Dumbria
Romaní do Muxia
Tamara do Mazaricos
Carla Vidal
María Helena do Fisterra
Olalla do Xallas
María do Corcubion
Claudia Oanes
Carla do Corme
Andrea Fisterra
Yasmina Xallas
Naroa do Victoria.
Andrea do Ponteceso

O partido será pitado por Aisha González Eirís, Vítor Recarey e David Cancela. 

Cómpre lembrar que haberá sorteos espectaculares, como unha Noite no Faro de Lariño, unha camiseta da xogadora do Benfica Pauleta, e moitos máis, que iremos debullando ao logo da semana. 

Ademais, a vindeira semana coñeceremos o segundo partido solidario que está artellando o equipo de QPC, coa Selección Masculina.

Máis novas

HISTORIAL DOS PATIDOS SOLIDARIOS DA SELECCIÓN DA COSTA QPC

Comentarios