Recibe a alta o peregrino rescatado na praia Mar de Fóra
Preguntábanos este mesmo luns Skío, un dos heroes que salvaron o pasado mércores a un mozo peregrino de 21 anos na praia de Mar de Fóra, se sabíamos como estaba de saúde. E con gusto descubrimos que xusto foi dado de alta ao longo dste mesmo luns. "Caramba, tal e como estaba non contaba con que se recuperara tan rápido", respondía Skio con sorpresa e alegría.
O home, estranxeiro, recibiu a alta médica tras permanecer ingresado, primeiro na UCI e logo en planta do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Sufrira unha marea de mazaduras pola forza do mar, e hipotermia, e estaba semi insconsciente cando foi rescatado das rocas polos fisterráns, e despois subido polo helicóptero de Salvamento Marítimo ata o CHUAC.
¡Qué importante es dar la alerta a tiempo! Aviso @112 de persona caída al agua en las rocas de la playa de Mar de Fora. El alertante no puede acceder a él. CCS Fisterra moviliza al Helimer 401 que lo rescata y lo evacua a A Coruña, donde espera una ambulancia. #SeguridadNautica pic.twitter.com/1n2I3NNnr4
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) May 16, 2024