Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Cea Pirata

CENA PIRATA 2023 Fisterra

Despois do fantástico éxito do VIII Encontro Pirata, os organizadores e colaboradores dreuníronse para celebrar e comentar os resultados de actividade. A valoración foi de "éxito total na súa execución, así como polos miles de espectadores que se congregaron na contorna da praia da Ribeira" para ver a recreación do desembarco dos piratas de Poole (1398), comandados polo capitán Harry Paye e a loita cos fisterráns, así como estes enganáronos ao esconder o Sto. Cristo de Fisterra e substituílo por outro, que foi o que levaron.

Como todos os anos, unha delegación do pobo de Poole desprazouse a Fisterra para gozar destes actos festivos de irmandamento. A veciñanza lembra o "moito que se tivo que traballar para "tunear" as embarcacións e realizar todos os preparativos para esta celebración histórico-festiva", que, como non podía ser doutra maneira, contou coa creatividade, o guión, dirección e posta en escena de Roberto Traba, a participación de todos os membros da Asociación de Piratas de Fisterra e os voluntarios, que sumaron o seu grao de area para que isto fose posible. Agora xa se están facendo plans para o IX Encontro Pirata 2024.

Festa da paella

Mentres, a familia do Centro Cultural e Recreativo prepara a cea de verán coa festa da paella, feita pola mestra paelleira Milagros Riveiro o sábado 26 de agosto dede as 21:00h. Poden reservar praza no 686 407 343.

Comentarios