Mércores. 16.10.2024
El tiempo

“A este ritmo, o Corredor da Costa da Morte estará completo en 2070"

“A este ritmo, o Corredor da Costa da Morte estará completo en 2070"

O desmonte da Autovia Costa da Morte esta feito ata Berdoias O desmonte da Autovia Costa da Morte esta feito ata Berdoias

”Que o Corredor proxectado é unha burla a todos os veciños das comarcas de Soneira e Fisterra”, é algo que toda a comarca temos claro pero que sen embargo nada facemos por cambialo. Só a Asociación de Veciños “Costa da Morte” de Fisterra leva unha e outra vez o asunto ás administracións, denunciando a marxinalidade na que as autoridades manteñen á nosa bisbarra.

A entidade volve enviarlle un escrito ao presidente da Xunta para que “abandone a peregrina idea de converter a continuación da autovía en corredor e se proceda a contratar a segunda fase da AUTOVIA DA COSTA DA MORTE dacordo co proxecto redactado no seu día até Berdoias, que se prolongue posteriormente ata Cee e que execute a variante ao porto de Brens”.

Unha petición totalmente normal tendo en conta a cantidade de promesas e de eternos retrasos que levamos sufrindo nesta esquecida comarca.

Pide que se utilice ese millón de euros que ano tras ano aparece nos orzamentos da Xunta e que nunca se executa,. Lamenta que se saque a concurso os 5,5km do perigoso corredor, cun prazo de execución de dous anos, cando xa existe o proxecto total da autovía ata Berdoias, ata onde mesmo xa se ten realizado o desmonte. Espera que non tarden 4 anos en realizar este pequeno tramo, porque “seguindo ese ritmo construtivo esa media autovía ou corredor chegaría até Berdoyas dentro de 25 anos e completa uns 50, máis ou menos”.

Aproveita a entidade para recordar que a Autovía ata Baio eliminou varios puntos negros, como a costa do Carrizal, e reitera que esta infraestrutura da comunicación é fundamenta para “que para que as comarcas de Soneira e Fisterra saian da súa situación de marxinalidade.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/leiceaga-pediu-en-camarinas-a-ampliacion-da-autovia-e-a-recuperacion-da-lonxa-vella/ https://quepasanacosta.gal/a-autovia-costa-da-morte-a-segunda-menos-utilizada-de-toda-galicia/

A historia da Autovía Costa da Morte

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios