Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Rodrigo Costoya volve a Fisterra para presentar a súa nova novela

* O sábado 2 de marzo realizarase a presentación nun acto cultural no Hotel Literario Bela Fisterra
Rodrigo Costoya nunha visita a Fisterra
Rodrigo Costoya nunha visita anterior ao Bela Fisterra
Rodrigo Costoya volve a Fisterra para presentar a súa nova novela

Portada La última Reliquia

Tras "Portosanto, El custodio de los libros" e "Hijos de Gael", Rodrigo Costoya lanza unha nova novela de ficción histórica. Ambientada a finais do século XVI, "La última reliquia" ten ao monarca máis poderoso da Historia da humanidade, Felipe II, como peza clave e as cidades de Compostela e A Coruña sendo grandes protagonistas.

O autor compostelán é un especialista en rescatar e entrelazar feitos aparentemente inconexos engadindo parte de ficción, relata nesta novela a importancia para a historia mundial da vitoria da cidadanía e as tropas coruñesas contra a armada capitaneada por Francis Drake e a repercusión que aquela incursión inglesa na península tivo para a reliquia máis desexada do cristianismo, a suposta tumba do apostol Santiago.

Para celebrar a chegada ao mercado, Costoya ofrecerá unha charla para presentar a novela no Hotel Literario Bela Fisterra o sábado 2 de marzo ás 13 horas con entrada libre. Ao finalizar o acto haberá un brinde por cortesía de Alma Atlántica e música en directo. Ademais, as persoas que desexen pernoitar no hotel cun importante desconto, tanto o venres como o sábado, poden solicitalo contactando co hotel co código "Reliquia". Se o tempo o permíte, está prevista unha acción durante a posta de sol no Faro de Fisterra. 

Polo momento non está prevista a súa publicación en galego, lingua orixinal das anteriores novelas de Rodrigo.

Comentarios