Luns. 29.04.2024
El tiempo

Áurea Domínguez, nova alcaldesa de Fisterra

IMG-20230617-WA0029
Áurea Domínguez
Áurea Domínguez, nova alcaldesa de Fisterra

A incerteza provocada pola falta de definicion do PSOE levou ao pobo de Fisterra a prestar atención máxima ao pleno de investidura. O PP saía a forza mñais votada con 5 edís, pero a suma das 3 outras forzas podería quitarlle a alcaldía tras 8 anos dun goberno bipartito moi castigado polo electorado nos comicios do 28M.

O BNG xa asegurara que favorecería apoiando co seu con concelleiro un goberno progresista comandado por Áurea Domínguez, a candidata da recén estreada Alternativa dos Veciños, que entraba no pleno con moita forza (3 edís). Todo estaba pendente de que votaría o PSOE do ata hoxe alcalde, José Marcote.

Finalmente, o PSOE votou que si, e foi o propio Marcote o que lle entregou o bastón de mando como nova alcaldesa de Fisterra a Área Domínguez, que liderará, en principio, un goberno en solitario.

Quedou Luís Insua, o novo candidato popular, ás portas de estrearse como alcalde.

Aurea Dominguez recibindo o baston da alcadia de Marcote en Fisterra
Aurea Dominguez recibindo o baston da alcadía de Marcote

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios