Segundo incendio en tres días en Fisterra
Vai por ondadas o incendiario que anda solto por Fisterra. Se o pasado verán a zona sufría 5 incendios en dúas semanas, estes días xa van polo segundo incendio. A pasada noite do venres ao sábado, os veciños de Buxán e Rial, xunto cunha brigada, tiveron que estar sufocando un lume na parroquia de Sardiñeiro. Ata abrir o día estiveron axudando aos Bombeiros, que tiveron problemas para acceder aos focos pois alguén prendía en sitios estratéxicos, en fincas onde levan tempo se facer mantemento e o toxo alcanza varios metros de altura.
Esta mañá de luns, a veciñanza fisterrá amence tamén cun novo incendio, en Talón, moi preto da estrada. Ata o de agora non tiveron que cortar a estrada, e aseguran que o lume xa está controlado pero aínda activo.
Seguiremos informando.
Accidente en Dumbría
A xornada dominical deixou tamén un accidente de tráfico en Berdeogas, no temido cruce da AC-552 coa AC-442. COrrían as 14:00h cando tres vehículos colidían, deixando varios feridos.
Novas relacionadas
- Abril 19: “O lume non pode ser un negocio para ninguén”.
- 12-04-19: O Consorcio Provincial Contraincendios aproba a xestión directa dos parques de bombeiros comarcais.