Sábado. 24.08.2019
El tiempo

Tres incendios en Baio, Fisterra Vimianzo fan saltar todas as alarmas tamén na Costa

Incendio nocturno en Calo
Incendio nocturno en Calo
Tres incendios en Baio, Fisterra Vimianzo fan saltar todas as alarmas tamén na Costa

Mentres Galicia permanece abolutamente conmocionada noutra vaga de incendios, con graves consecuencias na Barbanza, algún desalmado estivo intentando prender lume na Costa da Morte, aproveitando a falta de medios e o forte de nordés que zoa estes días.

Incendio na Cacharoza-Baio
Incendio na Cacharoza, Baio

Pola tarde, houbo un conato na Cacharoza, Baio, detrás do mítico concesionario Montes, ao carón da recta que sae cara Zas. Foi controlado con rapidez polos veciños, e pronto apareceu un camión de Bombeiros de Protección Civil de Zas (os Bombeiros de Santa Comba estaban en Rianxo), ademais dunha motobomba e unha cuadrilla de Medio Rural, que ficaron controlando que non se reavivara.

Xa pola noite, o lume prendeu pola Furaqueira, Concello de Vimianzo, ao carón da estrada que vai de Vimianzo á Ponte do Porto, na zona do río Grande, dirección Braño. Unha particular deu alerta ao 112 arredor das 0:00h, e pronto foi sufocado.

Ademais, en Fisterra, volveu prender a zona do Cabo da Nave (das antenas para norte). Segundo o teniente de alcalde Kuka Sar, quedaron arradas unhas 15 hectáreas de toxo e xesta. Unha zona na que xa foron arrasadas 26 ha hai apenas 3 meses.

Incendio na nave-Fisterra

Novas relacionadas

Comentarios