Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Hotel Faro de Lariño xa loce o selo Galicia Calidade

Galicia Calidade Faro Larino
O Hotel Faro de Lariño xa loce o selo Galicia Calidade

Non son moitos os establecimentos hostalerios co selo de Galicia Calidade na comarca, e defeito apenas hai 30 en toda a xeografía galega. Un deles é o Hotel Faro Lariño, que recibía esta mañá a visita da xerente da marca, Ana Méndez, para facer entrega do certificado que acredita o dereito de uso do selo de Galicia Calidade. Faro Lariño poderá incluír a nova sinalización na súa fachada, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.

A responsable de Galicia Calidade, organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, destacou nesta xuntanza a “privilexiada ubicación” deste hotel situado en Punta Ínsua, nunhas instalacións que foron habilitadas como establecemento de aloxamento turístico a partir de 2021 e que seguen a conservar a súa finalidade principal como faro.

Galicia Calidade Faro Larino 2
Ana Méndez con Jesús Picallo

Comentarios