A Semana Santa de Fisterra, entra na exposición permanente da Xunta Prol Semana Santa de España

15:08 12/12/19
A Semana Santa de Fisterra segue crecendo e desde hoxe terá visibilidade nacional formando parte da Xunta Prol Semana Santa en España. Así o anuncia hoxe a Xunta de Confrarías, que se congratula de ter conseguido formar parte da exposición permanente que organiza a Xunta Prol Semana Santa de España, fundada en Valladolid. Unha exposición que percorre diferentes puntos do país durante todo o ano, e que terá por fin, moitas estampas da vila do Cristo, a terceira Semana Santa de Galicia en entrar nesta exposición xunto con Ferrol e Viveiro.
A Xunta de Cofradías, enviou cartería, trípticos informativos, fotos e vestuario dos costaleros das diferentes cofradías.