Martes. 05.11.2024
El tiempo

A Semana Santa de Fisterra tamén se volve virtual

Procesions de papel da Semana Santa de Fisterra pola rede
As procesiós de papel da Semana Santa de Fisterra fanse pola rede
A Semana Santa de Fisterra tamén se volve virtual

Ao igual que a Mostra do Encaixe a Semana Santa de Fisterra vólvese virtual. A Xunta de Confrarías comezou a instigar á veciñanza a participar nalgunha iniciativa e a resposta da veciñanza é fantástica. Arrincaban o domingo de Ramos invitando a crear palmas con papel e colócalas na ventana, e foron máis de 40 as familias que enviaron as súas creacións de papiroflexia relixiousa.

Outra iniciativa que funciona de marabilla é a de compartir fotos antigas da Semana Santa. Son centos de imaxes as que rulan polo Facebook arredor da Xunta de Confrarías da Semana SAnta de Fisterra.

Tamén van publicar videos de cada procesión que se celebraría cada día e hoxe mércores a TVG estará na vila do Cristo para retransmitir os aplausos dos barrios fisterráns.

O Xoves Santo retransmitirán unha oración do párroco D. José María e a continuación un vídeo da Última Cea e a procesión. O Venres Santo publicarán outra oración e videos de cada acto e procesións, e O Domingo de Resurrección repenicarán as campás, e publicarán outra oración coma os días anteriores e publicarán un vídeo do acto da Resurrección na páxina de Facebook “Xunta de Confrarías da Semana SAnta de Fisterra”.

Comentarios