Sorprendidos realizando unha descarga ilegal de peixe en Fisterra


Axentes da Garda Civil adscritos ao Seprona de Corcubión, no transcurso dun servizo contra o furtivismo, lograron detectar unha descarga ilegal de peixe no porto de Fisterra. Unha vez estivo a mercancía no interior dun furgón isotermo, os gardas deron o alto ao mesmo e detectaron 117 quilos de peixe que non estaba correctamente documentado. Logo de facer varios cotejos, os axentes descubriron que tanto o transporte como o diario de anotacións de a bordo non reflectían a realidade das capturas.
Varios quilos de pixota, acedía, choco, cazón, linguado, raia, boi (en veda), rapante, polbo ou rape, presentaban incorrecciones o a súa pesada ou simplemente non aparecían nos documentos de transporte ou de capturas no propio barco, con base en Ribeira.
Tanto a titular do transporte, unha veciña de Bueu, como o patrón do barco foron denunciados polos feitos relatados anteriormente ante as autoridades administrativas competentes. O peixe que non estaba correctamente documentado foi intervido e entregado, logo de verificar a súa salubridade, nun centro benéfico de Cee.
Plan contra o furtivismo
Precisamente a Consellería do Mar Plan vénd e valorar "positivamente o plan de loita contra o furtivismo polas cifras de incautacións e comisos –estes últimos aumentaron nun 115% en toda Galicia- e sobre todo polo número e eficacia das inspeccións realizadas". A Conselleira Rosa Quintana fala de cifras e destaca as inspeccións na cadea de comercialización onde "se desenvolveron, nos 7 primeiros meses de 2011, 400 intervencións máis que no mesmo período de 2010".
Quintana lembrou que o furtivismo é un problema económico, social, sanitario e ambiental, que existe “porque hai quen compra aos furtivos”. A conselleira aproveitou a intervención para pedir, unha vez máis aos cidadáns, “que consuman os produtos do mar extraídos e comercializados exclusivamente de xeito legal”.
Aí é onde hai que facer fincapé.
Novas relacionadas
- A Asoar alerta da necesidade de medidas para recuperar a pesquería do polbo.
- 3 fisterráns furtivos son detidos con 23 quilos de pateiro tras unha persecución.
- Novo ataque contra o furtivismo na Costa da Morte.
- Os Gardacostas levantan nasas nas augas Fisterra.
- O BNG cuestiona a postura de PP e PSOE no tema dos furtivos e leva o asunto ao Parlamento.
- O BNG de Camariñas demanda máis medios para loitar contra o furtivismo.
- Unha homenaxe, en vídeo, á figura de percebeiro.
Fonte
- Nota de prensa da Garda Civil.