![]()
Ardeu o monte Facho a pasada noite do venres ao sábado.
Un incendio que segundo o teniente alcalde Kuka Sar “ten que ser intencionado pois empezou non moi lonxe de San Guillerme e coa forza do vento tirou ata o Facho, cruzando a carretera para chegar ao mar”.
O aviso deuse á 1:45 da madrugada do venres ao sábado, as brigadas chegaron unha hora despois e as motobombas ás 3:30.
Aí seguiron ao longo do sábado os medios de extinción xunto cun helicóptero, Prto. civil e Policía Local traballando na extinción dun lume que arrasou 9 hectáreas.
[video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/08/04/3A9137F3-6712-48AB-A892-5140986F80A8.mp4"][/video]
Reprendeu o domingo
E cando parecía que a cousa quedara estabilizara, durante a mañá do domingo, a forte caloe provocou que varios focos volveron prender ao longo do domingo, deixando unha estampa desastrosa no mítico promontorio fisterrán.
![Así quedou o monte Facho de Fisterra tralo incendio]()
Así quedou o monte Facho de Fisterra tralo incendio