Un informe técnico conclúe que o encalado da Igrexa fisterrá foi totalmente arbitraria e inútil
Parece que estiveron no Entroido, pero a realidade é que o Comité Nacional Español de (Consejo INternacional de Monumentos y Sitios) ICOMOS vén de emitir un duro informe sobre a polémica restauración da Igrexa de Santa María das Areas.
Pediu o Concello este informe para analizar posibles actuacións para eliminar ese color aquamarina. Di o informe que non hai razóns históricas, constructivas nin estéticas que xustifiquen a cor aguamarina da igrexa e que o pintado foi arbitrario aínda que afortunadamente é reversible.
Se ben o informe da Universidade de Vigo recoñece que hai capas pictóricas que demostran que a Igrexa estivo coloreada no seu día, o informe declara que a “elección da cor para actual é arbitraria e o encalado non aporta ningunha función útil para a conservación”. Portela argumentaba que a Igrexa xa estivo encalada ata a metade do século XX no que se puxo de moda a pedra vista, pero a ICOMOS propón facer un estudio das cores que xa tivo a igrexa e non escoller esa aquamarina. Recoñece que a cor dá alegría e luminosidade ao espazo pero o considera “razóns subxectivas”
Portela argumentaba que o encalado protexe a pedra, pero de novo o informe denuncia que se utilice a protección fronte ao “intemperismo” cando falamos dun interior. De feito, asegura que a salinidade débese ao ambiente continuo de humidade e temperatura que evita a evaporación e cristalización salina que é a que produce o dano das humidades e filtracións. “A actuación correcta tivera sido localizar os puntos de concentración salina e a súa causa, e proceder a unha desalación das zonas críticas”, recomenda, ao tempo que indica que se necesita máis ventilación.
As conclusións son postitivas, e se valora os encalados como unha “sobreactuación”, destaca que a se trata dunha “actuación reversible”.
Novas relacionadas
- 8-01-16: As pingueiras volven colocar á Igrexa de Santa María das Areas no centro da polémica.
- Máis de 1300 sinaturas piden que se retiren as pinturas da igrexa de Fisterra.
- A tensión de cor aguamarina invadíu a Igrexa de Fisterra
- Martiño Nercellas: Sobre a ética e a estética da restauración da Igrexa de Fisterra
- 11-10-15: Veciños e fregueses únense para protexer o patrimonio fisterrán.
- 05-10-15: Indignación en Fisterra pola restauración da Igrexa de Santa María das Areas.
- 25-03-15: Os veciños abuchean a rehabilitación do Santuario de la Virgen de la Barca.
- 9-11-12: O Cabo Fisterra terá que agardar máis dun ano polo seu ambicioso Plan Director.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Asociación de Veciños de Fisterra