Un libro do CSIC analiza a patrimonialización do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía
07:25 01/12/15
Peregrino en Fisterra-Foto- Marcos Rodríguez
Cristina Sánchez e a autora do libro que trata sobre o camiño a Fisterra
"Heritage, Pilgrimage and the Camino to Finisterre. Walking to the End of the World" é o nome do libro que o CSIC Galicia - Consello Superior de Investigacións Científicas - vén de publicar a través da editorial Springer e que recolle o proxecto de investigación "Procesos de patrimonialización en el Camino de Santiago: tramo Santiago-Fisterra-Muxía" liderado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio - Incipit - e financiado pola Xunta.
A autora do libro, Cristina Sánchez-Carretero - científica del CSIC no Incipit e investigadora principal do proxecto - presenta unha investigación sobre os efectos do Camiño a Fisterra na vida cotiá das poboacións que viven ó longo da ruta e a patrimonialización procesa que implica a explotación dos fins turísticos do Camiño.
O libro basease nun proxecto de investigación de tres anos e é o resultado dunha colaboración multidisciplinar entre antropólogos, sociólogos, historiadores e arqueólogos que examinaron con múltiples perspectivas os procesos de patrimonialización, os efectos da peregrinación nas vilas e as motivacións dos camiñantes centrando os seus estudos no treito que discorre entre Santiago-Fisterra-Muxía.
Tal e como se sinala no libro, este última parte do Camiño de Santiago non está recoñecida pola Igrexa, ainda que tampouco se opón. Segundo indica a autora, ésta é a razón pola que moitos camiñantes coñecen esta ruta como o "Camiño dos ateos".
Sobre a autora
Cristina Sánchez-Carretero é investigadora no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas - CSIC- en Santiago de Compostela. Obtivo un doutorado pola Universidade de Pensilvania pola súa disertación.
As súas principais áreas de interese céntranse no papel dos rituais e a cultura nas sociedades contemporáneas, os procesos de patrimonialización e tradicionalización, a intersección entre os procesos migratorios e a revitalización de prácticas relixiosas.
Publicou extensamente sobre estes temas e editou libros entre os que destacan “Grassroots Memorials. The Politics of Memorializing Traumatic Death” (Oxford: Berghahn, 2011) e “El Archivo del Duelo. Análisis de la respuesta ciudadana ante los atentados del 11 de marzo en Madrid” (Madrid: CSIC, 2011) e, entre os artigos “Rethinking Ethnology in the Spanish Context” (2008, Ethnologia Europaea), “Memorializing Traumatic Death” (2007, Anthropology Today) e “Santos y Misterios as Channels of Communication in the Diaspora: Afro-Dominican Religious Practices Abroad” (2005, Journal of American Folklore).
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- CSIC-Galicia