Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un pleno de bandeiras en Fisterra

Un pleno de bandeiras en Fisterra
O Concelleiro do BNG German Martinez entregando unha bandeira negra ao alcalde de Fisterra

Novo pleno, tenso, en Fisterra. As dáus bandeiras azuis que conseguiu o Concello fisterrán non serviron para calmar os ánimos da oposición, que pola contra, fixeron entrega dunha Bandeira Negra amosando a súa indignación ante as respostas negativas ás súas mocións dende o grupo de goberno. Un grupo do PP que consideran que "o BNG está sempre en contra de todo", e que "o que considera negro é o futuro do BNG".

O pleno, que aprobaba a inclusión de Xan Carlos Sar Oliveira no posto do xa exconcelleiro Modesto Fraga, comezaba forte, coa moción do BNG pedindo a demisión do alcalde polas súas imputacións, rexeitada cos cos 6 votos do PP invitando a facer efectiva unha moción de censura á oposición.

Presentaba o BNG unha moción relativa á creación dun Plan de Explotación das algas, tamén rexeitada polo PP, sinalando que xa a confraría recolle as queixas dos mariscadores ou beneficiarios da explotación. Falouse da devandita depuradora, moi criticada nas última semanas pola súa falta de funcionamento. O BNG presentou fotos dos verquidos e foi aí cando fixo entrega da bandeira negra, ante as críticas do segundo tenente de alcalde Ramón Redonda que considera que o BNG "estaban danando a imaxe de Fisterra e ao seu sector turístico". A moción non saíu adiante, coa abstención do BNG e os votos en contra dun grupo de goberno que considera que a depuradora funciona correctamente.

Rexeitou tamén o grupo de goberno coa súa maioría novas mocións pola lei do aborto e a fumigación con herbicidas, para chegar a outro dos puntos quentes do pleno, unha moción sobre o sector turístico. Palabras máis altas que outras escoitáronse no pleno, para unha nova moción rexeitada.
De feito, aúnica moción aprobada foi a do plan de emerxencias municipal, que o PP presentou, coas abstencións do PSOE e o voto en contra do BNG por non ter tempo a estudiala proposta.

Nos rogos e preguntas quedou claro que o Centro de Saúde non estará listo para este ano.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios