Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O BNG critica o mísero investimento na Rede Natura fisterrá

O BNG critica o mísero investimento na Rede Natura fisterrá
A delegada do Goberno Belen do Campo achegabase a Fisterra para anunciar o investivemento no Rostro

O pasado venres coñeciamos as axudas que a Xunta aporta para coidar 5 puntos da Rede Natura da Costa da Morte. Un deses proxectos é a Restauración, acondicionamento e limpez dos camiños de acceso á praia do Rostro, cun investivemento que non chegará aos 20.000€.

Unha cifra que o BNG fisterrán valora como "absolutamente insuficiente, un despropósito dun manicurto maiúsculo, lamentando que deste modo resulta imposible lograr o éxito do modelo da Rede Natura 2000". Considera que esta cifra non chega nin ao 4% do que realmente lle correspondería recibir ao Concello fisterrán.

O BNG eleva a cifra que debería recibir o Concello para a Rede é de 542.506 euros anuais, tendo en conta os datos publicados en marzo de 2013 polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, no seu informe “Marco de Acción Prioritaria para a Rede Natura 2000 en España”, que recolle a “estimación das necesidades de financiación para a xestión da Rede Natura 2000”, correspondéndolle unha inversión por hectárea terrestre de 88,84 € (ver páxina 31), e por hectárea mariña de 137,66 €. Tendo en conta que a superficie da Rede Natura 2000 en Fisterra é de 675,46 ha, e que a parte mariña ocupa 3.505 ha (segundo os datos do estudo da Rede Natura 2000 encargado polo Concello) as cantidades de inversión para a xestión anual resultarían 60.007,86 euros para a parte terrestre, e 482.498.3 euros para a parte mariña, o que suman un total de 542.506,16 euros, aseguran.

Segundo diversos estudos, na xestión da Rede Natura 2000 retornaríanse en beneficios por cada euro invertido unha cantidade de sete veces máis, o que para Fisterra suporía un movemento económico de case 4 millóns de euros en beneficios.

Xuntanza veciñal

Nova Xornada da campaña do BNG Fisterra por Mar e Terra

Paralelamente, este pasado venres tivo lugar a 3ª xornada da campaña "Fisterra, por mar e terra", á que acodiron case que un cento de veciños. Falouse de alternativas ecolóxicas, de competir en calidade recoñecendo as limitacións de competir na cantidade, de porco celta, de apicultura, de melloras nas explotacións, de axudas... Máis de dúas horas de intenso debate do que se tiraron algunhas ideas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios