Unha Excursión co SEMESCOM polas pedras míticas e cruceiros da Costa da Morte

09:30 12/07/11

O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte continúa achegándonos ao patrimonio da bisbarra. E para iso, organiza unha excursión polas Pedras Míticas da Costa da Morte, no termo norte da bisbarra, Vimianzo, Fisterra e Muxía. Todo dentro do seu programa de visitas guiadas "Coñecendo o noso", que continuará no mes de outubro cunha excursión pola zona sur.
A excursión realizarase o sábado 30 de xullo, con saída de Vimianzo, ás 9:30h. O número de prazas é limitado.
Ruta da Excursión polas pedras míticas e cruceiros da Costa da Morte
- 9:30h. Saída en autobús desde Vimianzo (Praza do Concello)
- 10:15h. Visita ao cruceiro gótico (diante do templo de Santa María das Areas).
- 10:30h. Subida ao monte Facho para visitar a ermida de San Guillerme e, despois, as pedras santas. Desde que deixemos a estrada ata San Guillerme hai 1, 7 km, do que a metade é subida, pero lévase ben. Logo subiremos ata o cume do monte para visitar as pedras santas. A distancia entre San Guillerme e as pedras santaos é de algo máis de quilómetro e medio, do que 300 m son de subida, o resto e chan. Despois baixamos cara ao faro, 1, 5 km. onde nos agarda o autobús.
- 13:00h. Visita ao cruceiro da Rapadoira. Hai que camiñar 1 km desde San Salvador por unha pista cunha pequena costa, despois o autobús recolleranos en Rial e ata aquí temos que camiñar 800m. de baixada.
- 14:30h. Saída cara a Bermún, na Pereiriña, para comer.
- 15:00h Comida.
- 16:30h. Saída cara a Muxía. Parada no cruceiro de Mintiráns e no de Montesiños, esta acaba de ser adecentada a súa contorna.
- 17:30h. Chegada a Muxía. Visita ao cruceiro do Cabo da Grixa, da parroquial e do Corpiño. Despois visita ás pedras.
- 18:30h. Saída cara a Vimianzo.
- Poden reservar nos 981.719.358 e 658.634.042 ou en info@semescom.org.
- Unha de Cruceiros co Seminario de Estudios Comarcais para abrir o 2011.
- O Seminario de Estudos Comarcais reflexiona, para ben e para mal, sobre a declaración de BIC do Castro Borneiro.
- Excursión pola Ruta das Antas.
- O Seminario de Estudos Comarcais salva os Penedos .
- O Seminario de Estudos Comarcais presenta en Vimianzo o novo libro sobre os Cabazos da Costa e da Barbanza.
- A Fundación López Abente e a SEMESCOM unen forzas para coidar o patrimonio.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?.
- Nota de prensa do SEMESCOM.