Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Unha peregrina denuncia unha agresión sexual á súa chegada a Fisterra

Unha peregrina denuncia unha agresión sexual á súa chegada a Fisterra

Acontecía o pasado venres un feito intolerable. Unha peregrina estadounidense acodia á Garda Civil despois de recibir varios tocamentos sexuais por parte dun grupo de rapaces da vila, que a asaltaron cunha moto.

Unha situación que vén de ser tamén denunciada publicamente pola Organización Feminista Buserana, que quere “amosar o seu apoio á peregrina que sufriu abusos sexuais a súa chegada a Fisterra e se atreveu a denunciar valentemente. Condenamos esta agresión contundentemente. Queremos estar na rúa con seguridade, sen medo, nen violentadas nen avergoñadas. Este é o comezo do camiño que remata no asasinato ás mulleres”, explican.

Van máis alá as bravas veciñas da comarca: “Vergoña é o que sentimos polo apoio mostrado a eses rapaces; non era unha rapazada, unha broma... Coma sociedade responsable, que coida e educa aos seus menores, debemos decir que este feito é inadmisible”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios