Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A veciñanza pide solucións aos eternos problemas de aparcamento en Fisterra

O porto unica zona de aparcamento no centro de fisterra
A do porto é a única zona de aparcamento no centro de Fisterra
A veciñanza pide solucións aos eternos problemas de aparcamento en Fisterra

Trala solicitude da coidado do Monte do Cabo, a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra vén de enviar un novo escrito con máis demandas. Desta volta en relación ao eterno problema de aparcamento na vila do Cristo, que sempre de acentúa en canto chega o verán.

”Chega a nova temporada turística e o problema da falta de aparcamento na vila de Fisterra xorde de novo, de xeito recorrente”, explica o incombustible Fernando Carrillo, mesmo sinalando que algúns dan a volta e non quedan na vila tras visitar o Faro por non atopar onde aparcar.

Por iso, considera “necesario que o Concello habilite novas zonas de aparcamento mediante o aluguer ou a compra de terreos para tal fin e, no seu caso, que se constrúa un edificio para tal fin, que deberá ir acompañado do pago correspondente polo servizo prestado, xa que debe ser autofinanciado.

Comentarios