Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vilamor: De New York a fin do mundo con dous premios

Vilamor: De New York a fin do mundo con dous premios

Directa, case sen pasar por casa, a película de produción galega Vilamor pasará de presentarse no New York City Internacional Film Festival a proxectarse en varios concellos da Costa da Morte. Se xa estivo en Cee e mais e Muros, esta semana ten triple cita: Corme, Zas e Fisterra, onde a actriz loca Marta Ríos fará de anfitriona.

Dous premios

E chega coa vitola de recibir 2 premios no NYCIFF: Mellor Banda Sonora (Zeltia Montes) e Mellor Fotografía (Alberto Díaz "Bertitxi").

"A banda sonora de Vilamor supuxo para min un auténtico desafío e este premio confirma que a orixinalidade e a creatividade aínda teñen espacio nas bandas sonoras actuais e que é a través de propostas arriscadas e innovadoras como se pode conectar de novo coa alma do espectador e facerlle vivir unha experiencia única no cine", apuntou Zeltia.

No tocante á fotografía, "este premio serve como recoñecemento ao papel da fotografía como elemento fundamental para que a historia de Vilamor emocione", comenta o director de fotografía Alberto Díaz "Bertitxi" para o cal, despois de Pradolongo, esta é a segunda longametraxe onde traballa baixo a direción de Ignacio Vilar.

Con este prometedor tandem, a produtora de Vilamor, Vía Láctea Filmes, confía en que estes galardóns favorezan a distribución de Vilamor en Estados Unidos e, por ende, contribúan a facer chegar a nosa historia, a nosa lingua, a nosa paisaxe, a nosa gastronomía e a nosa música aos espectadores ao outro lado do Atlántico.

Proxeccións de Vilamor na Costa da Morte

  • Corme: mércores 22 de agosto ás 22:00h na Praza da Ribeira.
  • Zas: venres 24 de agosto ás 22:00h na Praza do Concello.
  • Fisterra: domingo 26 de agosto ás 22:00h na Explanada do Peirao.

O trailer

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios