Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Xornadas de portas abertas, a oportunidade das pequenas escolas de seguir sendo o tesouro do noso ensino público

  • O CEIP Areouta organiza a súa Xornada de Portas Abertas este martes 27 ás 16:00h
Xornadas de Portas Abertas do CEIP Areouta
As Xornadas de portas abertas, a oportunidade das pequenas escolas de seguir sendo o tesouro do noso ensino público

Son moitas as escolas rurais da comarca que este curso necesitan un empurrón en materia de matriculación. O gran tesouro do noso ensino público está en perigo de extinción por mor das políticas agrupadoras desta Xunta de Galicia, que segue empeñada en centralizar e aforrar custes.

Un problema de raíz, derivado da formulación do ensino público como un gasto, en vez de velo como un investimento.

Un destes centros é o CEIP Areouta de Sardiñeiro. Un centro pequeno, cunha comunidade escolar tremendamente comprometida e orgullosa, que abre as súas portas este martes 27 de febreiro. De 16:00h a 18:00h as familias poderán visitalo centro e comprobar toda a riqueza que ten un centro tan apegado á terra.

A Xornada de Portas Abertas está formulada principalmente para as familias con nen@s que cumpren 3 anos e que o vindeiro curso 24/25 comezan tras rematar o primeiro ciclo de Educación Infantil nas escoliñas, o seu periplo escolar, en 4º de Educación Infantil. En calquera caso, as Xornadas están abertas a calquera familia con nen@s de 3 a 11 anos da contorna que queira ver como funciona, e que queira aproveitar unha das xoias do noso ensino público.

Xornadas de Portas Abertas do CEIP Areouta 1

Comentarios