1ª e 2ª Div. Fem: Un pouco de todo para seguir na loita por todo

A Esteirana tropezou en Ordes

Xornada dispar esta 11ª xornada da 2ª Div. Fem para os nosos 5 equipos. Se o Dumbría e o Corme caían ante rivais da zona media/alta, e a Esteirana non pasaba do empate no campo do pechacancelas, Muxía e Cee sumaron boas vitorias.

Con todo, a loita pola segunda praza de ascenso directo (a do Tordoia de Curro parece intocable), así como as dúas prazas de promoción, seguen sendo perfectamente asequibles para Muxía (2ª), Corme (4ª), Cee, Dumbría e mesmo a Esteirana, a día de hoxe a só 9 puntos das cormelás).

Mentres, na 1ª, descansou o Xallas, que vai estar parado tamén esta ponte.

2ª Div. Fem. Gr. 1, xornada 11

Cee - Unión Campestres (2-1)

  • Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Sabela, Laura, Martínez, Naiara Vázquez, Nayara Casais, Saray Duarte, Sharay Caamaño. Tamén: Valeria, Lucía Caamaño, Caro, Gala e Aroa.
  • Goles: 1-0, m.55: Naiara Vázquez; 2-0, m.56: Cris; 2-1, m.80: Marta Rosende de penalti.

Vitoria traballada do Cee na casa. As de Rafa empezaron o partido moi serias dominando o control da pelota sempre en campo contrario. Custaba chegar á área rival, e as poucas ocasións non ían por dentro.

Comezaba a segunda coas locais empurrando un pouco máis, e aparecía Nai para abrir o marcador cun golazo case desde o córner nun centro chut que se cola pola escuadra. O Campestre apenas tivo tregua e Cris faría o 2-0 un minuto despois nun córner.

Puido deixar aí sentenciado o choque o Cee, pero as de Montrove foron estirándose e se meteron no partido cun penalti protestado polas ceenses. Así e todo, o Cee soubo aguantar o resultado, e sumar unha nova vitoria que lles permite subir posicións e recuperar as boas sensacións.

San Lázaro - Corme (1-0)

  • Corme: Lucía, Saskia, Salomé, Lucía, Candela, Olala, Cris, Carla, Ana, Claudia e Natalia. Tamén: Laura.
  • Gol: 1-0, m.20: Mireia de penalti.

Derrota dolorosa desde o punto de vista do gran desplazamiento que hai que facer ata Lugo, ante un rival moi inferior a este Corme. Pero o cadro costeiro fixo un dos peores partidos da temporada, con pouca tensión, moi desacertado en ataque, e con pouco recambio por mor das baixas (só 12 xogadoras, e Cris lesionouse na primeira metade). O cadro local estivo máis cómodo e gañou cada duelo, e se colocaba por diante por un penalto por mans. Así e todo a calidade das de Rubén Souto permitíalles ter grandes ocasións na primeira metade, pero non quixo entrar.

Lamentan as cormelás as burlas dalgunhas persoas da afección do equipo lucense, mesmo preguntando en que lingua falaban ao ver que as cormelás se comunican en galego… Surrealista que pase iso a día de hoxe.

En todo caso, bo momento para descansar un par de semanas.

Bergan B - Dumbría (4-1)

  • Dumbría: Liss, Carril, Adriana, Yaiza, Mariña, Laura, Sabela, Carla, María, Alba e Cundíns. Tamén: Alicia, Elba, Yoli, Lara e Carla Recarey.
  • Goles: 1-0, m.25: Julia; 2-0, m.34: Carmen Tuset de penalti; 2-1, m.51: Carla Lago; 3-1, m.64: Julia, 4-1, m.89: María Tojo.

Saída complicada a deste finde para a familia do Dumbría, contra un rival moi novo, pero super intenso. Os primeiros 15 minutos serían de ritmo frenético, sen control e pouco a pouco o equipo local íase facendo co control e cas ocasións máis claras, atopando ben os espazs ás costas da defensa dumbriesa, facendo o primeiro e provocando un penalti co que farían o segundo gol. As de Santi Lira xeraron dúas boas chegadas, pero sen demasiado perigo.

Comezaron moi ben a segunda as dumbriesas, dominando, apretando e recurtando distancias, tendo mesmo algunha que outra ocasión para lograr o empate, pero ningunha delas claras. Si as tería o filial á contra, salvadas ben por Liss. O partido fuise volvendo cada vez máis intenso, e as locais superon sacar rendemento desa situación facendo o terceiro para matar animicamente ás visitantes.

Órdenes - Esteirana (2-2)

  • Esteirana: Maruxa, Tobío, Uxía, Marta Piñeiro, Sara Brión, Lara, Lida, Nuria, Melania, Bárbara e Rut. Tamén: Alicia e Sandra Dosil.
  • Goles: 1-0, m.13: Anabel; 1-1, m.48: Bárbara; 2-1, m.69: Anabel; 2-2, m.74: Rut.

Visitaban as de Fran Figueroa ás colistas da competición, que sumaban tan só 1 punto, coa idea de refrendar a súa dinámica das últimas xornadas, pero lonxe de conseguilo atopáronse un rival que compiteu mellor na primemira metade, sabendo sufrir e aproveitando a única ocasión que tiveron en cada parte.

As esteirás mandaban no campo, pero as locais conseguiron adiantarse por dúas veces e pelexar cada balón para manterse no partido.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info