1ª FUTGAL: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva

Imaxe do Castriz-Fisterra en San Pedro-Foto SD

Seguen pechando a táboa Castriz, Fisterra e Esteirana pero esta xornada 11 foi mellor que as anteriores para os equipos costeiros. O cadro xalleiro superou ao Fisterra no derbi dunha semana na que o Muxía e o Camariñas venceron fóra de casa (o Muxía ao que chegaba como 2ª clasificado), co difícil que é nesta categoría, e a Esteirana sacou un puntiño tamén no complicado desprazamento ao Juan Amado de Pontevea.

Vizoño - Camariñas (0-1)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Roi, Oliver, Pablo Suárez, David, Joseba (Adam), Javi, Soule, Mario e Djibril.
  • Gol: 0-1, m.92: Adam a pase de Mario.

Moi importante gañar fóra nesta liga, e a vitoria ante o Vizoño coloca aos de Juan Cabrejo nunha cómda 8ª praza, con 17 puntos, a só 2 da promoción pero tamén a só 8 do descenso.
O partido moi moi tenso, nun campo do Pinar totalmente encharcado, no que non se podía conducir o balón, e no que había que xogar un fútbol directo, buscando a Djibril e a Soule e Mario, igual que o cadro local que buscaba ao seu dianteiro e a pelexar as segundas xogadas.

Os camariñáns protestaron dous goles anulados por supostas faltas ao porteiro, mentres que os locais tiveron un par de balóns longos.

Na segunda, xa co campo algo máis drenado, os visitantes puideron xogar ao fútbol, e facer algo de dano con Javi, facendo un partidazo no medio campo, e Mario entrando pola banda. Nunha desas internadas, xa no desconto, Mario pon e Adam chega para meter o gol da vitoria.

Castriz - Fisterra (4-1)

  • Castriz: Coke, Fabián, Anxo, Marcos Mouro, Fabio, Adrián García, Oscar Feal, Chapela, Juanjo e Josiño. Tamén: Íker, Iván Pastoriza, Gesto, Fabio Barbeira, Carlos Rieiro.
  • Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Dani, Ángel, Miguel, Martín, Guille, Juan e Isaac. Tamén: Adrián Makaay, Beltrán, Pablo, Rubén.
  • Goles: 1-0, m.8: Josiño nun córner; 1-1, m.24: Isaac Fábregas de penalti; 2-1, m.30: Josiño regatea a Joselu e marca tras un bo pase de Chapela; 3-1, m.52: Juanjo; 4-1, m.83: Carlos Rieiro tras pase de cabeza de Juanjo.

Derbi de urxencias no que o Castriz corrobou os bos partidos que levaban feitos nas últimas semanas, e saíron moi intensos, ante un Fisterra de novo con moitas baixas, e que foi superado en todo momento por un cadro xalleiro que soubo facer valer a superioridade física e a súa veteranía.
Comezaron moi ben os de Miguel Chouza, que abriron pronto o marcador nun córner. Puido caer o segundo, pero os de Leo Picallo empataban de penalti. Non lle entraron aos nervios aos locais, e pronto Josiño facía o segundo. Puideron sentenciar de aí ao descanso os xalleiros.

Saía na segunda o Fisterra, con Makaay na proa, facendo moi bos minutos, pero o 3-1 de Juanjo foi xa matou ao cadro fisterrán. O partido partiuse moito, con ocasións nas dúas áreas, pero non se movería o resultado. “O Fisterra toca fondo e non hai visos de solución”, reflexiona o adestrador fisterrán Leo Picallo.

Arzúa - Muxía (2-3)

  • Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Michael, Alex, Carlos Costa, Brais, Adrián Alcaina, Iago, Mauro, Fran Moreira, Manu Nogueira. Tamén: Joel, Víctor Alcaina, Carlos, Javi Vilela, Fabián.
  • Goles: 1-0, m.10: Gavieiro; 1-1, m.26: Fran Moreira; 2-1, m.37: Javi Daszkal; 2-2, m.77: Víctor Alcaina; 2-3, m.93: Fran Moreira de penalti.

Partidazo en Arzúa, con dous equipos xogando de ti a ti, a cara de can. Empezou algo mellor o equipo local e pronto un balón ás costas da defensa permítelle adiantarse. Pero non perderon o fío os de Sergio Pataca, e pronto conseguían empatar, tendo 3 mans a mans seguidas que non foron quen de aproveitar. Si aproveitaría o cadro local un centro lateral para marchar con vataxe ao descanso.

Difícil papeleta para a segunda, pero os muxiáns, cun cambio táctico, deixáronse a alma e o corazón e pasaron por riba dun Arzúa chamado a ser un dos favoritos. A base de empurre e pesar de tardar en conseguilo, chegou o empate; aínda viron como lle anulaban un gol moi dubidoso, pero o equipo non deixou de crer na vitoria, non se meteu atrás, e de novo, como a semana pasada, conseguiron a vitoria no desconto.

O Muxía celebrando a vitoria no Viso

Praíña - Esteirana (2-2)

  • Esteirana: Guille, Aito, Antón, Godo, Anxo Caamaño, Code, Uxío, Raúl, Oli, Anxo Foghete. Tamén: Kevin, Pachi, Samu León, Pablo.
  • Goles: 0-1, m.33: Antón Olveira; 0-2, m.38: Pablo RamaM 1-2, m.45+1: Jose Lozano; 2-2, m.70: Aldán.

Con 15 (entre eles 4 xuvenís), por mor das numerosas e importantes baixas, presentouse o cadro de Adán no Juan Amado de Pontevea, e no quecemento o central Kevin Rial lesionábase. Así comezaba o choque pero aínda así o equipo deuno todo e foi merecedor dun puntazo.

Os esteiráns buscaban ás costas da defensa adiantada dos locais, e conseguiron entrar moi ben por banda, facendo boas ocasións e meténdose por diante. Tiveron aí varias para ampliar a renta, pero Anxo Foghete tivo tres de cabeza que parou moi ben o meta local. Pero o gol ao fío do descanso dos locais marcaban un doloroso gol.

Saíron ben situados na segunda, pero os locais apretaron moito. Guillle tiña que parar un penalti, e se ben sufrían nas embestidas locais tamén puido caer o terceiro, sobre todo nunha falta que Pachi mandou á cruceta, o balón pégalle nas costas ao porteiro e Antón falla no rexeite. Marcaba o empate o cadro local e aínda así non caían os esteiráns, que tiveron a vitoria no 93, cunha internada de Anxo Foghete que falla no man a man co porteiro.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info