luns. 10.11.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo

Fran Moreira ante o Club do Mar-Foto-marina BUsto
Fran Moreira no choque ante o Club do Mar da semana pasada-Foto-Marina Busto
1ª FUTGAL: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo

Sae o Muxía os últimos postos da clasificación tras vencer en Arliña ao Castriz no derbi da fin de semana. Tampouco aproveitou a inercia a Esteirana despois da importante vitoria da semana pasada e se deixou levar os puntos polo Queixas, quedando os dous, xunto co Fisterra (que non pasou do empate na casa ante o Club do Mar), pechando a táboa.

O que sumou foi o Camariñas, que venceu ao Praíña e queda na zona morna.

Muxía - Castriz (3-2)

  • Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Michael, Brais, Alex, Antón, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Iago, Mauro, Fran Moreira. Tamén: Joel, Carlos, Manu Nogueira, Javi Vilela e Fabián Sendón.
  • Castriz: Íker, Rodo, Fabián, Fabio Blanco, Marcos Mouro, Feal, Gesto, Adrián García, Pastoriza, Chapela e Carlos Rieiro. Tamén: Coke, Juanjo, Fabio Barbeira e Anxo.
  • Goles: 1-0, m.6: Adrián Alcaina; 2-0, m.67: Fran Moreira; 2-1, m.78: Fabio Blanco a pase de Chapela; 2-2, m.79: Chapela dfende onxe; 3-2, m.94: Fran Moreira.

Emocionante partido xogado na mañá dominical en Arliña, moi condicionado polo vento cun Castriz que chegaba case directamente da festa do socio da noite sabatina. Saían os muxiáns co vento a favor e moi pronto un tiro lonxano era repelido por Íker pero o rexeite era aproveitado por Adrián Alcaina para abrir o marcador. O muxián non coincidía no 11 inicial co seu irmán Víctor dende hai 2 anos e medio, se ben xa compartiron uns minutos a semana pasada.

Así e todo, o Castriz non sufría demasiado metido no seu campo, ante un Muxía que levaba o peso do partido, pero que non chegaba con claridade. Tivo un par de internadas Carlos Rieiro que en dous balóns longos adiantábase a Bouzón pero non era quen de definir.

Intentou o Castriz apretar co balón pero estaban moi precipitados os de Miguel Chouza, e os de Pataca, sen sufrir demasiado, facía o segundo. Parecía que morría o partido, pero non desistiou o Castriz, e a 10 minutos do final dous picotazos de Chapela metían o empate no marcador.

Coa inercia, e co vento, o Castriz seguía apretando, tendo un par de ocasións, pero nunha contra, xa no desconto, os corviños fixeron o gol da vitoria tras unha xogada con varios rexeites.

Con todo, son boas as sensacións dos dous equipos e con este compromiso seguro que saen pronto da zona de abaix.

Camariñas - Praíña (2-0)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Roi (Borja), Oliver, Pablo Suárez (Adam), David, Joseba (Moriño), Javi (Anxo), Soule, Mario, Djibril (Martín).
  • Goles: 1-0, m.1: Pablo dende fóra; 2-0, m.73: Djibril de penalti.

Posiblemente o mellor partido no que vai de tempada para o equipo de Cabrejo e Faus. Xa comezaba cun golazo pola escuadra de Pablo Suárez dende lonxe. O partido era claro dos locais, máis serios, máis intensos, gañando todos os duelos, cun medio campo espectacular movendo rápido e con criterio o balón levando a Soule e Mario que desbordaban e creaban ocasións por banda. Avisaron aí Roi, Djibril tras xogada de Mario, e Javi, pero o porteiro rival estivo moi ben.

Comezaba a segunda coa sensación de dominio pero de ter podido ir con máis vantaxe, pero o equipo non se relaxou e comezou xa xerando ocasións claras como as de Mario, Djibril ou Adán ás que o porteiro fixo sendos paradóns. Non sufría atrás o cadro camariñán, e menos cando Djibril fai o segundo dende os 11 metros tras un penalti cometido sobre Soule. O partido foi esmorecendo sen demasiada tensión, gracias ao dominio local.

Esteirana - Queixas (1-2)

  • Esteirana: Guillermes, Kevin Rial, Simón, Godo, Suizo, Raúl, Toni, Pachi, Anxo Olveira, Anton e Aitor. Tamén: Pablo Code, Uxío e Pablo Rama.
  • Goles: 1-0, m.12: Raúl; 1-1, m.20: Mateo Viqueira; 1-2, m.68: Mateo Viqueira.

Derrota da Esteirana na Salina, e iso que o cadro de Adán se diantaba pronto no marcador co tanto de Raúl. Pero acusou as baixas de Oli (que volvía a semana pasada e dá moito) e de Adrián Louro, que ten moita confianza na saída de balón. E precisamente nun erro na saída do balón, perda no borde da área, e empate aos 20 minutos.

Sufrían os esteiráns ante un equipo que buscaba sempre por arriba ao seu home máis alto. Cada saque de porta, cada saque de banda, buscaban arriba.

Na segunda, con Toni, en banda, o cadro local buscaba o 2 contra un, pero o equipo non acababa de crear perigo claro. E nunha xogada tonta o Queixas facía o segundo. Aínda quedaban con 10 os visitantes, pero no canto de baixar o balón, os esteiráns abusaron do balón directo, lugar onde se atopaba moito máis seguro o cadro visitante. Acabou tamén expulsado Sui, e o cadro local non foi quen de remontar.

Fisterra - Club do Mar (1-1)

  • Fisterra: Joselu, Isma, Beltrán, Maikel Mouzo, Dani, Ángel, Miguel, Pablo, Juan, Guille e Isaac Fábregas. Tamén: Guille, Adrián Makaay e Alberto.
  • Goles: 1-0, m.11: Guille; 1-1, m.70: Tiago Mendes de penalti.
Leo Picallo con Juan Formoso
Leo Picallo con Juan Formoso

Partido condicionado polo vento e de novo polas baixas fisterrás, que provocaban que houbese 4 xuvenís e un cadete entre os 14 convocados. O Club do Mar dominaba o balon, e o Fisterra esperaba atrás para saír á contra. Adiantábanse os de Leo Picallo cun balón peiteado de Isaac que aproveita Guille entrando desde atrás para facer o primeiro da tarde.

Os caioneses tiña dúas boas oportunidades antes do descanso que sacaría ben Joselu, aínda que a mais clara sería de Juan Formoso que tivo un man a man para facer o segundo, pero se atoparía cunha boa parada o porteiro rival.

Na segunda metade, o Club do Mar seguía tentando o gol do empate, pero a a defensa e o porteiro fisterrán estiveron moi acertados. Tan só puido empatar o conxunto de Caión, gracias a un penalti máis que discutido pola parroquia local. De aí ao final, poucas chegadas máis, pola parte do Fisterra, dous disparos de Makaay que parou o porteiro visitante.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios