Xoves. 18.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Baio, Dumbría e Mazaricos traen as alegrías e Soneira e Volantes os cabreos

Os Rochabillies de Bano non faltaron ao partido do Volantes en Baio-Foto-Adriana
Os Rochabillies de Bano non faltaron ao partido do Volantes en Baio-Foto-Adriana
1ª Galicia: Baio, Dumbría e Mazaricos traen as alegrías e Soneira e Volantes os cabreos

Xornada dispar na 1ª para os nosos. Sen ir máis lonxe o derbi deparou unha alegría baiesa e un cabreo muradán. Cabreo trouxo tamén o líder o Soneira, do campo do Praíña, pola actuación arbitral. Así e todo os de Pedro seguen líderes con 4 puntos de diferencia. As outras vitorias caeron do lado do Dumbría, que volve engancharse, e dun Mazaricos, que sae do descenso.

 

Baio - Volantes (2-1)

  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Álex Varela, Damián, Norberto, Peke, Bieito, Manu Santiso, Porti e Martín MC. Tamén xogaron: Carlos, Mario, Mohedano, Braian e Javi Suárez.
  • Volantes: Alberte, Kacho, Jano, Jose, Rachón, Charles, Kevin, Oliver, Thiago, Pesco e Berto. Tamén xogaron: Xian, Ángel e Rubén.
  • Goles: 1-0, m.33: Norberto; 2-0, m.62: Manu Santiso; 2-1, m.70: Rubén remta un pase de Berto.

Partido igualado o vivido no Platas Reinoso, que comezaba cunha primeira metade na que o Baio controlaba algo máis pero as chegadas eran de cor laranxa. Un man a man de Berto,r un tiro cruzado Pesco, ás que Diego Mallo responde con duas boas paradas, foron as mellores ocasión da primeira media hora. Pero tamén, o Baio chegaba e despois dun gol anulado a MC, Norberto abría o marcador. Antes do descanso aínda puido empatar o Volantes se o colexiado non anulara un máis que dubidoso fóra de xogo de Berto cando remacha a gol un rexeite.

Apretou o Volantes na segunda pero na primeira chegada local Manu Santiso remata ao segundo pau para facer o segundo. Non tardría en chegar a resposta, da man dunha das perlas da canteira dos Miúdos, un Rubén en plan rematador, para intentar igualar o partido. Os últimos minutos puido pasar de todo. Co Volantes volcado houbo algunha ocasión para lograr o empate, pero tamén á contrapuido ter setenciado o cadro baiés.

Baio celebrando no vestiario a vitoria ante o Volantes
O Baio celebrando a vitoria  

Tordoia - Mazaricos (2-3)

  • Mazaricos: Ángel (Dani Fedello, m.46); Cutu, Mario, Maroñas, Borja; Pereiro (Fano), Adrián (Kevin), Chumi (Ricardo); Piki, Viturro, Barbeira (Yago Dosil).
  • Goles: 1-0, m.44; 1-1, m.67: Barbeira; 2-1, m.68; 2-2, m.76: Richard; 2-3, m.90: Yago Dosil.

Está doce o cadro amarelo, e sacou outra vitoria, a segunda seguida, ante o Tordoia de Dani Calvete. O equipo de Chicho formulou opartido dende atrás, ben armado e buscando contras con Viturro, Piqui e Barbeira. Na primeira puido chegar algún tanto, pero o que abriu o marcador foi o cadro local cun golazo antes do descanso, que castigaba o bo facer da defensa costeira.

Deu un paso adiante o Mazaricos na segunda, e comezaba facendo ocasións.Non entraban, e foi a entrar a menos clara, de Barbeira. Pero o Tordoia colocábase por diante de novo. Toca remar outra vez. Aí volcáronse con todo os visitantes, dominando na medular, ata que chegou o gol do empate, e sobre todo a expulsión de Piki nun barullo.

Con 10 o equipo replegou ante un cadro local que se veu arriba, pero o Mazaricos non rexeitou a posibilidade de saír á contra, e nunha desas, xa no desconto, Yago Dosil aproveita para traer 3 puntos ao Pino do Val importantísimos.

 

Dumbría - Val do Ulla (2-1)

  • Dumbría: Sergio, Pablo, Berto, Kanario, Mataso, Diego Cespón, Rivi, Darío (Iago, min 65), Code (David, min 70), Yuyo(Mario min 75) e Marcote (Xabi, min 80).
  • Goles: 1-0, m.5: Yuyo; 2-0, m.23: Code; 2-1, m.63: en propia.

dumbria pasado por auga no conco

En malas condicións xogouse este choque, cun campo absolutamente anegado polas constantes chuvias. Pero saíron concentrados os de Pablo que pronto abriron o marcador. Co parón da chuvia entonáronse os locais e xeraron bastante xogo e bastante ocasións. No ecuador do primeiro tempo marcou Code o segundo aínda que xa antes tiveran 2 claras. Dende o 2-0 ata o descanso os locais tiveron bastante control, e non pasaron apuros atrás.

Pero na sgeunda cambiou o conto. Os visitantes viñéronse arriba cunha presión alta e moi intensa, que non deixaba saír con claridade aos locais, que aínda, así eran quen de volver a controlar e zafarse do dominio territorial. Cando mellor estabamos un centro sen moito peligro, Kanarío introdúceo na nosa portería. Aínda quedaba moito e eles intentárono, pero sen demasiadas ocasións. Nós tivemos 2 contras moi perigosas que puidemos sentenciar,pero eleximos mal.  

Praiña - Soneira (2-1)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Fran Calvo (Javi, m.53), Alex Taibo (Brais Pereira, m.70), Pichi, Diego Lois, De la Sierra, Leilán, Vía Rápida, David Agra e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, m.35; 2-0, m.42; 2-1, m.78: Diego Lois.

Demasiado castigo para o Soneira nun partido marcado polo impracticable terreo de xogo e un enfado pola arbitraxe. O Soneira sairía mellor o partido e tería as mellores ocasións primeiro Pichi que se atopa cunha boa resposta do meta local e despois Rober Pladur con dúas moi boas ocasións, unha que se vai fora por moi pouca e outra que o meta local saca unha boa man abaixo para desviar a corner. E cando mellor estaba o Soneira unha boa xogada do Praíña deixa o dianteiro local diante de Javi que para en primeira instancia pero levase o rebote e marca a porta baleira.
Protestarían os visitantes un penalti cometido sobre Agra por un agarrón cando se dispoñía a rematar. Xusto antes do descanso chega unha xogada desgraciada para os soneiráns nunha falta frouxa lanzada polo Praíña e cando Javi a ía chapar, esbáralle o pé de apoio e colaríaselle o balón.

Na segunda parte o campo estaría completamente enlamado e totalmente impracticable e as ocasións foron escasas, pero Vía puido recurtar distancias tras unha boa deixada de Javi de tacón pero o meta local sacaría unha boa man abaixo. Leilán vería a segunda tarxeta amarela por protestar unha falta moi clara o noso favor. Diego Lois cun golazo de falta directa que se colaría por toda escuadra faría o 2-1. O Soneira intentaríao ata o final pero morrería o partido co 2-1.

 

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios