Mércores. 24.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Dumbría mantense arriba a costa dun gran Soneira

Soneira-Dumbria
Colexiados e capis do Soneira-Dumbría
1ª Galicia: O Dumbría mantense arriba a costa dun gran Soneira

Venceu o Dumbría, o que mellor viña na táboa, o derbi costeiro ante o Soneira, nun partido tremendamente igualado. Unha vitoria que lle permite aos de Pablo Conde manterse a só 3 puntos do liderato, un por diante dun Xallas que tamén mantén o pulso cos de arriba tras vencer no sempre complicado campo de Tordoia.

Completou o trío de vitorias o Mazaricos, nun partido de tolos ante un rival directo da zona baixa como é o Silleda, que chegaba cun só punto. Os amarelos suman 3 puntos vitais para escapar da zona de perigo.

Os que recibiron bos paus en forma de goleadas foron Baio e Esteirana.

Soneira - Dumbría (1-2)

  • Soneira: Coke, Darío, Brais Mouzo, Aarón Fdez., Fabián; De la Sierra, Ales Figueiras, Borja Gándra, Maky, Richi e Javi Souto. Tamén: Javi Souto, Alberto, Sati, Pichi e Fran Calvo.
  • Dumbría: Anxo, Dani Chao, Raúl, Pablo Paz, Kanario, Brais Fdez, Lucas, Darío Capelo (Dani Yerba), Code (Baba), Diego Estévez (Periscal) e Xabi Castro (Mario).
  • Goles: 0-1, m.26: Estévez; 0-2, m.50: Capelo; 1-2, m.52: Richi.

Intenso derbi o vivido no Municipal de Vimianzo, que comezaba cun Soneira moito máis enchufado, pero sen acerto cara gol, como unha gran ocasión de Borha que saca a bocaxarro Anxo. Si acertou o Dumbría nunha das súas primeiras chegadas gracias a un regalo da defensa soneirá e Estévez (o destacado pichichi da categoría con 9 tantos xa) abría o marcador. De aí ao descanso estivo mellor o cadro de Pablo Conde, con varias ocasións para ampliar a renda.

Reaccionaron os de Pedro Gómez na segunda, e se meteron en campo contrario. Era Capelo o que marcaba o segundo, pero o Soneira recurtaba de contado. Quedaba moito, e o Soneira embotellaba aos dumbrieses na súa área. Tiveron Richi, que sacou a defensa baixo paus, De la Sierra ou Maky boas ocasións, pero o equipo visitante puido aguantar as embestidas, sufrindo, e manter 3 puntos que os manteñen na zona noble.

   

Tordoia - Xallas (1-3)

  • Xallas: Iván Couto; Caneda, Fidi, Brais, Adán, Samuel, Colón, Stefan, Carlos Rieiro, Capelo, Alex Blanco. Tamén: David, Sergio, Aitor, Ángel Cuns e Manuel Cuns.
  • Goles: 0-1, m.6: Capelo a pase de Stefan; 0-2, m.25: Caneda nun córner; 0-3, m.60: Stefan nunha falta lateral; 1-3, m.90.

Partido serie e de moi bo nivel o amosado polo equipo de Adrián Vázquez. A primeira metade estivo condicionada pola chuvia, que deixou o campo moi complicado. E no medio da piscina pronto aparecía Stefan para colarse na área e deixarlle un tanto a Capelo. Eran os primeiros minutos e o Xallas estaba moito mellor colocado, non sufría e mesmo mandaba un remate de Caneda que tivo que sacar baixo paus a defensa pouco antes de que o propio Caneda marcase o segundo.

Estaba mellor o campo na segunda, e os locais saíron moi forte e meteron na súa área aos xalleiros. Pero a partir do cuarto de hora o Xallas foise asentando, e deixou de sufrir tanto, e tivo varias chegadas tamén por medio de Capelo, un posible penalti sobre Carlos ou unha de Caneda Os locais puideron recurtar nun libre indirecto por unha cesión que salvou Coutiño, e acabaron marcando o gol da honra sobre o pitido final.

Flavia - Baio (4-1)

  • Baio: Iago, Peke, Pablo Rod., Mario, Pablo Dom., Julián, Ceide, Bieito, Braian, Porty, Pazos. Tamén: Cristian, Sergio, Josiño, Iván e Yago.
  • Goles: 1-0, m.13: Uxío; 2-0, m.30: Becerra; 3-0, m.40: Iván Calvo; 3-1, m.45: Porty; 4-1, m.45: Marcos González.

Baio no Municipal de Padron

Primeira parte desperdiciada por parte do Baio que non soupo adaptarse ás circunstancias dun partido condicionado pola choiva e un céspede do Municipal do Souto en moi mal estado. Sen excusa valida, o Flavia resolvía o choque na primeira parte aproveitando os desacertos individuais do equipo baiés. Mellorou imaxe o Baio na segunda parte con algunha chegada de peligro pero sen variación do resultado.

 

Ribeira - Esteirana (6-0)

  • Esteirana: MJ, Damián, Code, Godo, Tobío; Pachi, Adrián Louro, Adrián Abelleira, Raúl, Oli e Elías. Tamén: Samu, Pablo Rama, Alex Louro, Javi e Manu Teijo.
  • Goles: 1-0, m.4: Christian; 2-0, m.12: Adao; 3-0, m.37: Adao; 4-0, m.43: Aguado; 5-0, m.66: Jose; 6-0, m.82: Anthony.

Pau grande o que se levou a Esteirana en Ribeira ante un auténtico equipón, doutra liga.

 

Silleda - Mazaricos (3-4)

  • Mazaricos: Pablo, Pose, Oscarin, Borja, Aurelio (Rachón), Pose, David, Josete, Marcos, Ferreiro (Pereiro), Sandelo, Molinos.
  • Goles: 1-0, m.11: Rubén; 2-0, m.12: David; 2-1, m.33: Marcos; 2-2, m.41: Molinos; 2-3, m.61: Molinos; 3-3, m.70: Samuel; 2-3, m.89: Molinos.

Sentoulle ben a Molinos o Panda Raid por Marrocos, así como aos seus compañeiros, que volveron de Silleda con 3 puntos tras un partido de tolos. Empezou fatal o cadro amarelo, encaixando pronto 2 tantos consecutivos. Pero aos 25 minutos Mingui xa metía a Rachón e Pereiro, e o equipo asentábase, conseguindo ademais empatar antes do descanso.

O descanso non sentou moi ben nos amarelos, que volveron saír algos durmidos, tendo que sufrir varios minutos. Pero volvía calmarse o choque e Molinos metían en vantaxe aos costeiros. Non tardou en empatar o Silleda, e o partido, no último cuarto de hora, convertiuse nun auténtico pasarrúas, con ocasións nas dúas áreas. Puido gañar calquera, e se Oscarín mandaba un balón ao longueiro, xa no desconto, acertou Molinos para completar o seu triplete e sumar 3 puntos vitais ante un rival directo.

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios