Martes. 23.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Dumbría mantense no cumio

11 do Dumbria ante o Agolada
11 do Dumbria ante o Agolada
1ª Galicia: O Dumbría mantense no cumio

11 goles leva Estévez nestas 11 primeiras xornadas. O fisterrán está levando en alzas ao Dumbría, que tras superar con claridade Agolada queda a tan só un punto do triplete que lidera a táboa: Ribeira, Negreira e Lalín. Precisamente a Esteirana foi o equipo que conseguíu parar a un espectacular Lalín, e arrincou un puntiño do Manuel Ángel Cortizo.

Polo demais, o foco estaba posto no derbi de Fontenla, onde o Soneira sacou 3 puntos que o colocan un anaco máis arriba e que impide que o Xallas se una ao grupo de cabeza.

Boa homenaxe lle fixo a Félix o seu equipo, pero non lle brindou a vitoria. Outro puntiño sumou o Mazaricos, que segue paso a paso.

Xallas - Soneira (1-3)

  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Brais, Adán; Fidi, Colón, Stefan, Capelo, Carlos Rieiro e Alex Blanco. Tamén: David, Rubén Sande, Ángel Cuns, Samuel, Dani Loureiro.
  • Soneira: Javi Souto, Darío, Fabián, Aarón Fdez., Pichi, De la Sierra, Alex Figueiras, Cristian, Borja Gándara, Richi, Javito. Tamén: Álvaro, Ángel, Basti, Brais Pereira e Fran Calvo.
  • Goles: 1-0, m.45: Caneda; 1-1, m.70: Javito; 1-2, m.77: Borja Gándara tras un rexeite de Couto; 1-3, m.90: Borja Gándara.

Fermoso derbi na Fontenla, cun Soneira moi adiantado coa posesión do balón e un Xallas que buscaba contragolpear facendo dano aos espacios sobre todo con Capelo e Alex Blanco. Non houbo grandes ocasións e o empate só o rompeu Caneda xusto antes do descanso ao rematar, en segunda xogada, unha falta lateral.

Entreou mellor o Soneira na segunda, con oita xente por dentro e tendo o balón en todo momento, cun Xallas que non se atopaba cómodo. Javito conseguía empatar o partido, que pintaba de cara para os soneiráns. Non tardou Borja en facer o segudno tras un rexeite de Couto, ante un Xallas que non era quen de parar as combinacións visitantes nin facer dano á contra, e o propio Gándara facía o terceiro xa no desconto.

 

Baio - Puebla (3-3)

11 do Baio con Felix

  • Baio: Cristian, Pablo Rod., Mario, Pazos, Ceide, Iván, Julián, Peke, Bieito, Braian, MC. Tamén:Iago, Josito, Porty, Sergio e Hugo.
  • Goles: 1-0, m.51: Pazos; 1-1, m.52: Diego Bendaña; 2-1, m.54: MC; 2-2, m.63: Diego Bendaña de penalti; 3-2, m.79: Pazos; 3-3, m.81: Edu Abeijón.

Capis do Baio e Puebla

Os xogadores do Baio saltaron ao campo cunha camiseta de apoio ao seu míster Félix, que tivo que ser operado do xeonllo dunha vella lesión. Non puido asistir pero si puido ver o partido en directo gracias á conexión que lle fixo Santi Soneira polo Youtube, un feito que agradece encarecidamente o míster, que quere agradecer o “gran equipo de traballo” que forman os Breo, Pablo, Bertino e o propio Santi.

O cadro baiés fixo un bo partido en termos xerais cunha primeira parte de control de xogo e falto acerto cara portería rival.
Na segunda o cadro local foi mellor pero cometeu erros que lle custaron caros. Meteuse ata 3 veces por diante pero os regalos atrás permitiron aos da Barbanza empatar unha e outra vez. “O fútbol nestes momentos está sendo moi duro para o bo traballo que están facendo os xogadores”, considera un Félix que cre que a día de hoxe o equipo debería estar, por fútbol, moito máis arriba.

 

Mazaricos - Cordeiro (1-1)

  • Mazaricos: Pablo, Oscarín, Borja Pose, Josete (Chumiko), Pereiro (Aurelio), Sandelo, Marquiños (Ferreiro), Rachón (Moreira) e Molinos.
  • Goles: 1-0, m.7: Rachón; 1-1, m.15: Adrián Falcón de falta coa axuda da barreira.

Bonito e vibrante partido, cun alto ritmo de xogo durante os 90 minutos. Nada máis empezar xa se rexistraban as dúas primeiras ocasións, unha en cada área. E non tardou Rachón en abrir o marcador. Pero a alegría durou pouco pois ao cuarto de hora xa empatara o Cordeiro cun tanto a balón parado. No resto da primeira metade, cando conectaban cos extremos sufría a defensa amarela. Pero os de Mingui tamén protagonizaron varias saídas rápidas con chegadas á área pero sen estar acertados no último toque.

Na segunda, os locais fixeron cambios para controlar as bandas atrás, e intentaron xogar algo máis vertical. Así conseguiron manter a meta de Pablo sen grandes problemas, se ben tampouco tiveron moitas ocasións. Si que tivo a vitoria Molinos no m.90, pero se enredou dentro da área pequena e marrou a mellor ocasión dos locais na segunda metade.
Resultado xusto se ben quedou a espina desa ocasión final.

 

Dumbría - Agolada (3-0)

Dumbrioa e Agolada no Conco

  • Dumbría: Anxo, Dani Yerba (Codesal), Raúl Añón (Kanario), Pablo Paz, Alex Sendón, Baba, Brais Fdez (Mario), Lucas, Diego Estévez (Dani Chao), Dario e Xabi Castro.
  • Goles: 1-0, m.6: Estévez; 2-0, m.53: Estévez; 3-0, m.66: Dani Chao.

Capis do Dumbria e Agolada

Gran partido dos de Pablo Conde, moi superiores, solventes en todo momento, e mesmo puidendo ampliar a renda. Os visitantes puideron meterse no partido no último treito da segunda metade, pero a seguridade defensiva dos dumbrieses permitiulles aguantar a vantaxe e sentenciar á volta dos vestiarios cun espectacular Estévez, que anotaba outro doblete para sumar un total de 11 goles en 11 xornadas.

 

Lalín - Esteirana (2-2)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Godo, Tobío; Adrián Louro, Adrián Abelleira, Pablo Rama, Oli, Rober Pladur e Elías. Tamén: Alex Rama, Pachi e Manu Teijo.
  • Goles: 1-0, m.18: Brais; 1-1, m.33: Oli; 1-2, m.48: Elías; 2-2, m.90: Tobío en propia meta.

Gran partido do cadro de Geno no campo do líder, pero que a mala sorte nos últimos instantes se deixaron 2 puntos. Os blaugrana fixeron borrón e conta nova despois do mal partido da semana pasada, e saíron moi fortes. Ata 3 boas chegadas tiveron nos primeiros compases, pero cando mellor estaban, adiantábanse os locais. Aí tivo que aparecer MJ para manter ao equipo no partido, con varias intervencións e un auténtico paradón.

Arrincou a segunda e fíxoo co tanto de Elías, pero expulsión de MJ a 20 minutos do ginal condicionou o treito final. Tivo que poñerse Oli baixo paus, e os 9 restantes se colgaron do longueiro para manter a vantaxe. Estaba a piques de pitar o final o colexiado cando Oli esvara, e Tobío non é capaz de sacala e marca en propia. Un puntiño que vale, pero que poderían ter sido 3.

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios