Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Este Dumbría vén como unha bala

Dumbria en Tordoia
O Dumbría tamén venceu en Tordoia
1ª Galicia: Este Dumbría vén como unha bala

Segue medrando o Dumbría e xa se coloca na 2ª praza superando, por primeira vez na temporada por diante do Soneira. Se os dumbrieses gañaban, por solvencia e seriedade, en Tordoia, os soneiráns de ixábanse os tres puntos ante a visita dun equipo en postos de descenso. Precisamente a vitoria do Val do Ulla en Vimianzo fai pupa a un Volantes que conseguía sumar un punto en Valga, mentres Baio e Mazaricos sumaban duras derrotas.

 

Tordoia - Dumbría (0-3)

  • Dumbría: Anxo, David, Berto, Kanario, Mataso (Carreira, m.85), Xaco, Diego Cespón, Mario (Diego Estevez , m.55), Darío (Xabi, m.80), Yuyo e Marcote (Iago, m.72).
  • Goles: 0-1, m.47: Darío dende fóra da área coa axuda do meta local; 0-2, m.70: Diego Estévez tras unha presión alta; 0-3, m.85: Diego Estévez de cabeza.

Moi serio e solvente o cadro dumbriés, demostrando que vai estar arriba, gañando sen facer un grandísimo partido, e traendo 3 puntos e un resultado algo abultado para o visto no campo. Se ben é certo que os dous primeiros son dous regalos da defensa e do porteiro do cadro de Dani Calvete, o equipo de Pablo Conde foi superior, manexando ben o balón e os tempos.

Ao principio non eran capaces de facer perigo, pero non cederon un espazo ás contras do Tordoia, onde Dani Calvete conta 2 xogadores do mellor da categoría.

Tralo descanso saíron os costeiros ca ídea de seguir co xogo da primeira parte, pero sabendo que había que finalizar mellor. E nada máis saír dos vestarios, Darío abre a lata dende fóra da área gracias á axuda do porteiro local. A partir de aí o Tordoia intentábao pero o Dumbría freaba os ataques e mesmo sacaban presións arriba que permitían chegadas como o segundo e o terceiro, ambos de Diego.  

 

Praíña - Baio (1-0)

  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Peke, Braian, Norberto, Bieito, Porti, Manu Santiso, Javi Suárez e Martín MC. No banco quedan Julián, Pablo, Carlos, Alex Varela e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.67.

Partido moi disputado no que o cadro baiés mereceu máis. Os locais acertaron practicamente no seu único tiro a gol en todo o partido, que vén ademais dunha man protestada polos baieses. Antes do descanso os de Pablo Torreira tiveron a súa mellor ocasións, cun centro raso de MC que remate Porti, atopandose o porteiro co balón e peta no pau.

Despois do gol, os baieses apretaron e chegaban continuamente á área rival pero sen fortuna.

 

Cordeiro - Volantes (0-0)

  • Volantes: Bugy, Amoedo, Chua, Godo, Rachón, Kevin, Oliver, Ángel, Parde, Rubén e Berto. Tamén: Cajulo e Abel.

Volantes en Valga-Foto-Adriana
Foto: Adriana

Con baixas importantes e numerosas chegaba Sil a Valga. Jano, Charles, Thiago ou Pesco non podían estar e o equipo laranxa contaba con 14 xogadores. Saíron coa idea moi clara, moi ben prantados todo partido e creando moitas contras na primeira parte tendo ata 3 mans mans de Berto e Rubén que entre o pau e o porteiro desbaratarían. Eles tiveron un tiro o pau, a única ocasión clara en todo partido.

Na segunda non houbo tantas chegadas e ocasións por ningún lado e así acabaría en empate. “Punto importante, temos 3 máis que na primeira volta a estas alturas, o grupo está máis unido e traballador que nunca e dá gusto entrenar e competir independientemente dos resultados”, sinala o corpo técnico.

 

Piloño - Mazaricos (4-1)

11 do Mazaricos en Pilono-Foto-MZ

  • Mazaricos: Dani Fedello, Borja, Pose, Maroñas, Ricardo (Kevin), Adrián (Yago Dosil), Raúl (Joseph), Fani, Mario; Piki (José Ángel) e Barbeira.
  • Goles: 1-0, m.20; 2-0, m.42; 3-0, m.55; 3-1, m.70: Barbeira de penalti competido sobre Kevin; 4-1, m.85.

Capis do Mazaricos e Pilono co trio arbitral-Foto-MZ

O peor partido da temporada deste Mazaricos que saía cun 3-5-2 para buscar amplitude e resgardarse con liña de 5 ante o balón directo. Pero faltou intensidade, velocidade, e a toma de decisións foi sempre erróena. Como no primeiro gol local, cando a defensa, no canto de enviar o balón a saque de banda deixa un regalo que aproveitan para adiantarse. Reaccionou aí o equipo de Chicho, e Barbeira en dúas ocasións e Raúl Chumiko cun balón ao pau rondan a área visitante. Pero era un espellismo porque pouco despois, outro erro para ceder un córner e segundo dos locais tras una erro de marca.

Apretaron os dentes os amarelos na segunda, pero ás primeiras de cambio chegaba outro erro na saída que cede unha falta para matar o partido. De aí ao final o equipo amarelo foi case que un zombie esperando o final, facendo o gol da honra dende os 11 metros, e perdendo a Dani Fedello para a próxima xornada ao ser expulsado por protestar.

 

Soneira - Val do Ulla (2-3)

  • Soneira: Javi Souto, Alemán, Brais Mouzo, Pichi, Mario, Brais Pereira, De la Sierra, Basti, Riki, Róber Pladur, Javi. Tamén;: Fran Calvo, Diego Lois, Álex Taibo, Sergio e Benja.
  • Goles: 1-0, m.1: Basti; 1-2, m.6; 1-2, m.20; 2-2, m.70: Basti; 2-3, m.72.

Partido estrano que lle escapa ao equipo de Pedro Gómez ante un dos de abaixo. E iso que se puña de cara co gol inicial de Basti. Pero novamente os erros defensivos fan que o Val do Ulla lle dera a volta ó marcador. Con máis corazón que cabeza bucasron o empate, que chegaba mediada a segunda parte obra de Basti, de novo. Pero de novo un erro atrás ao pouco de empatar, pon ó Val por diante. Nos últimos 15 minutos dispuxeron Richi e Javi dúas boas ocasións para empatar pero os visitantes, á contra e co forte vento a favor, tamén puideron ter sentenciado o choque.

 

crónicas da 1ª Galicia

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios