Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: Dumbría, Xallas e Soneira apretan a loita pola promoción

Mazaricos-Soneira-Foto-Jorge Gorrion 1
Imaxe do Mazaricos-Soneira-Foto-Jorge Gorrión
1ª Galicia: Dumbría, Xallas e Soneira apretan a loita pola promoción

Vai estar moi vivo o final desta 1ª Galicia para os nosos equipos. 3 están inmersos nunha fermosa loita por colarse pola promoción, e os outros 3 están na zona baixa, pelexando por non caer nos postos de descenso directo e mesmo intentar deixar espazo para o máis que seguro arrastre provocado polo Fisterra.

Nesta xornada, o Dumbría sumaba un empate na casa dun rival directo como é o Lalín; ademais non fallou o Xallas ante o pechacancelas, o Soneira puido vencer na Pedra de Ouro, onde se viu o debut de Marcos Domínguez (ex do Fisterra e das Escolas de Carnota) no banco do Mazaricos trala destitución de Óscar Mingui. Os 3 quedan nunha burbulla de 3 puntos, ocupando a día de hoxe o Dumbría esa 4ª posición de promoción (a só 2 do propio Lalín) e pensando no choque da semana que vén entre Xallas e Dumbría en Fontenla.

Por abaixo, ás derrotas de Mazaricos e Esteirana (que non puido cun bo Flavia), hai que sumarlle un punto ao Baio, que remontaba ante o Cruces, ao que non deixa escapar, e deixa a salvación a tiro de pedra.

Todo nunha xornada na que o fútbol galego lembrou, cun minuto de silencio en todos os campos, a Amancio, como nós o lembramos coas historias xalleiras que nos contou José María Suárez.

 

Vista Alegre - Xallas (1-5)

  • Xallas: Íker, Diego, Aitor, Caneda, Samuel, Fidi, Colón, Doro, Juan de Selia, Carlos Rieiro, Alex Blanco. Tamén: Martín, Sande, Sergio Barbeira e Cuns.
  • Goles: 0-1, m.41: Doro; 1-1, m.50; 1-2, m.65: Juan de Selia; 1-3, m.68: Cuns; 1-4,m .70: Juan de Selia; 1-5, m.75: Samuel.

Había que gañar, e gañaron os xalleiros ante o pechacancelas, para continuar pelexando pola promoción. Levou, como era de esperar, o cadro de Adrián Vázquez a iniciativa, ante un cadro local que esperaba agazapado. E si que sacaro nunha contra os composteláns, que mandaron ao longueiro. Os xalleiros estaban precipitados ao longo dun primeiro tempo, no que tivron a sorte de que Doro abrise a lata antes do descanso.

arecía que as cousas se encauzaban pero un gol nada máis saír dos locais puxo moi nerviosos aos verdes, aos que durante 5 minutos lles entraron as dúbidas e mesmo sufriron algunha ocasión. Pero o gol de Juan de Celia xa permitiu afrontar o resto do partido con tranquilidade, goleando sen problema.

Boas novas para os xalleiros, ademais, o debut do xuvenil Íker na portería, e a volta aos campos do goleador Sergio Barbeira, que se lesionara na semana previa da xornada 3 aló por setembro.

 

Lalín - Dumbría (2-2)

11 do Dumbria en Lalin

  • Dumbría: Anxo, Samu, Pablo Paz, Añón, Kanario, Estévez, Lucas Toba, Dani Chao, Baba e Xabi Castro. Tamén: Carlos, Álex Sendón, Mario, Rivi e Dani.
  • Goles; 0-1, m.30: Xabi Castro; 1-1, m.86: Manu Rego; 1-2, m.90: Manu Rego; 2-2, m.92: Estévez.
Lalin-Dumbria
Lalin-Dumbria

Partido de tolos en Lalín cun Dumbría que mandou durante moitos minutos. Adiantou Xabi Castro aos seus no ecuador da primeira metade. O cadro costeiro dominaba o tempo do xogo ata que no último cuarto de hora os locais envocáronse sobre a meta dumbriesa, sendo capaces de darlle a volt ao marcador nos últimos 5 minutos. Menos mal que Estévez, xa no desconto tivo unha arrancada para, cando menos, salvar un punto.

 

Baio - Cruces (2-2)

11 do Baio ante o Cruces

  • Baio: Bugy, Aday, Iván García, Pablo Domínguez, Peke, Sergio, Norberto, Bieito, Santiso, Braian e MC. Tamén: Fraga, Pablo Rod., Josiño, Pazos, e Aitor.
  • Goles: 0-1, m.11: Víctor Castro; 0-2, m.17: Eze; 1-2, m.70: MC; 2-2, m.86: Bieito.

Cruces-Baio

Mereceu os 3 puntos o cadro de Félix polo visto no terreo de xogo. Os baieses foron superiores durante os 90 minutos, pero un par de regalos no treito inicial permitiulles aos visitantes meterse por diante con dous goles de vantaxe.

A partir de aí o dominio local foi aplastante. Pouco a pouco o cadro baiés foi creando ocasións, pero a precipitación nos últimos metros impedía recurtar. Foi MC, no m.70 o que recurtaba, e tras varias ocasións claras, Bieito conseguía demostrar que o equipo é quen de remontar un partido. Só os nervios impediron conseguir completar a remontada e deixar os puntos na casa, pero en Baio quedan co positivo.

 

Baio-Cruces no Platas Reinoso

Esteirana - Flavia (1-3)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Adrián Louro, Adrián Abelleira, Alex Rama, Pachi, Pablo Rama, Oli e Elías. Tamén: Kevin, Alex Louro, Javi, Brais, e Tobío.
  • Goles: 0-1, m.30: Pedro Giménez; 0-2, m.44: Jose Antonio; 1-2, m.50: Elías; 1-3, m.89: Jose Antonio.

Mala colleita para os de Geno, nun choque no que a primeira parte foi moi igualada, pero as dúas chegadas que tiveron os padroneses, dous goles ao caldeiro.

Saíron os esteiráns máis fortes na segunda, pero sen poder chegar con claridade. Marcou Elías aproveitando un erro dos visitantes, pero o Flavia estaba moi ben armado e non conseguiron inquedar a súa meta. Xa contra o final, co cadro local envorcado, unha contra sentenciou o choque.

 

Mazaricos - Soneira (0-1)

  • Mazaricos: Brais; Josete, Borja, Pose, David; Pereiro, Chumiko, Sandelo; Marcos, Kevin e Guille. Tamén: Pablo Pose, Marcos, David, Iago e Losada.
  • Soneira: Coke, Darío, Aarón, Fabián, Pichi, De la Sierra, Cristian, Richi, Borja, Basti, Javito. Tamén: Javi Sourto, Maki, Gesto e Brais Pereira.
  • Gol: 0-1, m.70: Javito.
marcos Dominguez no banco do Mazaricos
Marcos Domínguez estreando banco do Mazaricos con Pedro Gómez ao fondo

Partido igualado, cun Soneira máis mandón, pero un Mazaricos, xa adestrado por Marcos Domínguez, que intentou presionar máis arriba do habitual, pero que terá que adaptar ao seu equipo ao fútbol que lle gusta. Non chegaba o cadro de Pedro Gómez, apenas algunha internada de Pichi pola banda, ou algunha xogada de Javito e Basti arriba; pero tampouco o cadro amarelo tiña chegadas de perigo.

Era un partido de 0-0, que só rompeu a calidade de Javito rompeu a igualada, se ben Borha ou Basti puideron ampliar a renda.

 
Mazaricos -Soneira-Foto-Jorge Gorrion
Kevin no choque-Foto-Jorge Gorrión

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios