Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Flavia frea aos costeiros

Dumbria en Padron
O Dumbría caeu en Padrón
1ª Galicia: O Flavia frea aos costeiros

Viña de gañar no Conco e sacar ao Dumbría da loita pola promoción. E esta semana volveuno facer, vencendo ao Xallas e superando ao cadro costeiro da 3ª praza. O Flavia colócase ademais a só 1 punto do Negreira, 2º clasificado que sucumbíu ante o xa campión, o Cidade de Ribeira, que celebra o título con 4 xornadas de marxe, mentres o cadro xalleiro mantén as aspiracións a meterse na promoción. Mais complicado teno o Dumbría, que non pasou do empate na Pobra e queda a 4 do Xallas pero con Cordeiro e Lalín aínda polo medio.

Na zona baixa, o derbi dá un respiro monumental á Esteirana, e deixa ao Mazaricos afundido, con pé e medio na 2ª. Os esteiráns superan tamén ao Tordoia ( que caeu en Vimianzo), ao que deixan nesa segunda máis que posible praza de arrastre, un posto e un punto aínda por riba do Baio, que non pasou do empate ante o poderoso Cordeiro.

Soneira - Tordoia (3-1)

  • Goles: 0-1, m.16: Denis; 1-1, m.36: Richi; 2-1, m.41: Basti; 3-1, m.54: Javito.

Partido no que os de Pedro Gómez xeraron moitas ocasións de gol na primeira metade, pero concederon tamén moitas atrás. Adiantouse nunha contra o Tordoia de Nando Muíño por medio de Denis, como non, e puido incrementar o marcador en varias xogadas tamén á contra que non souberon frear os costeiros.

Aínda así, o equipo soneirán estaba ben con balón e tiña moita profundidade, chegando con ocasións claras de Javi, Basti ou Richi, que mandaba un tiro ao pao. Antes do descanso conseguían darlle a volta ó resultado cun gol de Basti e outro de Richi de remate nun córner.

Nada máis comezar a segunda metade, os locais quedaban con 10 pola expulsión do porteiro Javi Souto. Pero ao pouco, Javito metía ó 3-1, e a pesar de xogar cun home menos, apenas concederon ocasións atrás. O equipo cun home menos estivo moito máis equilibrado e puidemos incluso matar o partido cun man a man de Alex Figueiras que envía na vaselina o balón por enriba do longueiro.

Flavia - Xallas (2-1)

  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Brais, Samuel. Fidi, Colón, Stefan, Capelo, Doro, Juan de Celia.
  • Goles: 0-1, m.57: Juan de Celia de penalti; 1-1, m.88: Damián Otero; 2-1, m.90: Pedro Giménez.

Escapóuselle a vitoria ao Xallas nos dous últimos minutos de partido. Os de Adrián Vázquez fixeron unha seria primeira metade, bastante pechada, con poucas ocasións. Estirouse algo máis o equipo verde na segunda, e Juan de Celia aproveitaba un penalti por unhas mans no comezo da segunda para adiantar aos seus. Puido ampliar a renda o equipo costeiro, cun gol anulado a Carlos Rieiro e un posible penalti non pitado a Juan. Non estaba sufrindo moito o cadro de Adrán, pero en dous minutos os locais deron a volta ao marcador en xogadas de xogo directo.

Golpe duro para os xalleiros pero non queda tempo para lamentarse e o equipo segue dependendo de si mesmo para meterse en playoff.

Puebla - Dumbría (1-1)

  • Dumbría: Anxo, Dani Chao, Pablo Paz, Raúl, Kanario, Baba, Brais Fdez ( Sendón), Lucas ( Mario), Darío, Diego Estévez e Xabi Castro.
  • Goles: 1-0, m.36: Christian; 1-1, m.69: Baba.

Xogábase a vida o Dumbría para manter opcións de promoción, e saían moi metidos nunha igulada primeira metade, na que as mellores ocasións foron para os dumbrieses, pero o gol para os locais.

Saían con todo na segunda os de Pablo Conde, conseguían o empate e o partido se convertía nun ida e volta. O colexiado anuloulle un tanto a Estévez e Pablo Paz mandaba un remate ao pau, pero ao final, un par de contras dos locais puideron decantar o partido. “Moi contento co equipo”, está Pablo, que mantén a intensidade mentres os números permitan soñar co playoff.

Cordeiro - Baio (2-2)

  • Baio: Buguy, Aday, Pablo Rod. Pablo Dom., Norberto, Aitor Vilas, Iván García, Chechi, Pazos, Braian e Santiso.
  • Goles: 1-0, m.35: Falcón; 1-1, m.44: Aday; 1-2, m.55: Chechi; 2-2, m.86: Marcos Baldomero.

Primeira parte onde o equipo de Felix saía cun guión claro do que pretendia no partido, equipo xunto e ordeado capaz de controlar o xogo sen balón. Pero tras adiantarse o Cordeiro, o cadro baiés consiguía empatar antes do descanso.

Na segunda parte, o Baio conseguiu ser superior nas transicións, e se metía por diante consegue o 1-2 por medio do xuvenil Chechi. A raiz do gol un Baio superior tiña 3 mans a mans co porteiro rival sen ser capaces de sentenciar. Os locais envocarban o partido a base de xogo directo e conseguían empatar contra o final nunha xogada tras varios rexeites.

Esteirana - Mazaricos (3-1)

  • Esteirana: MJ, Code, Kevin, Damián, Tobío, Adrián Louro, Pablo Rama, Alex Rama, Raúl, Oli e Elías.
  • Mazaricos: Brais, Borja, Raúl, Carreira, Esteban, Ricardo, Brais, David, Marcos, Kevin, Molinos.
  • Goles: 1-0, m.30: Pablo Rama; 2-0, m.39: Alex Rama; 2-1, m.48: Kevin; 3-1, m.76: Pachi de volea.

Tres puntos vitais para a permanencia da Esteirana e dewrrota que afunde ao Mazarcos na súa 10ª derrota consecutiva. Houbo tensión, con dous equipo moi necesitados, sen claridade no xogo. Os locais tiñan máis perigo ante un Mazaricos que si que avisou, pero que se atopou cun MJ que foi clave con varias boas paradas.

Pablo abreu a lata nunha xogada evitable e despois o seu irmán Alex puxo o 2-0 á asistencia de Pablo. Na segunda recurtaba pronto o Mazaricos, que comezaba a gañar os duelos. Aí puido chegar o empate, pero MJ volve aparecer a dúas entradas por banda de Kevin e Losada. Pachi sentenciaba pouco despois.

MÁIS CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios