1ª Galicia: Un puntiño máis
Fermoso derbi o vivido na Peña de Ouro entre Mazarico e Esteirana, que suman un puntiño na dura loita por evitar o descenso. E a xornada foi de empates, como os colleitados por Xallas e Dumbría, que manteñen a distancia cos de arriba, xa que Ribeira e Negreira empataban e quedan con 30 (empatados co Lalín, o único que sumou 3 puntos do grupo de cabeza) polos 26 dos dumbrieses e 25 dos xalleiros.
O Soneira queren engancharse aí e xa ten 21, tras vencer ao Tordoia, pero o Baio non dá collido o tren.
Tordoia - Soneira (1-2)
- Soneira: Javi Souto; Darío, Fabián, De la Sierra, Aarón Fdez.; Alex Figeuiras, Borja Gándara, Maki, Cristian, Richi, Javito. Tamén: Coke, Ángel, Basti, Gesto e Pichi.
- Goles: 0-1, m.8: Aarón Fdez. de penalti; 1-1, m.20: Denis Pose; 1-2, m.53: Richi.
Levou o cadro de Pedro Gómez a iniciativa en todo momento. Adiantábanse os soneiráns dende os 11 metros, pero o Tordoia reaccionaba e tras saír moi replegado daba un paso adiante na presión e pronto empataba. Abriuse o partido e o Soneira tivo ocasións para poñerse de novo por diante, pero Javito, De la Sierra, Darío, Maki e Aarón non estaban acertados. As contras locais tamén metían medo.
Pechou espazos na segunda o cadro visitante, controlando mellor as contras, estando máis equilibrados, e conseguían meterse por diante co gol de Richi. Non foron quen de matar o partido apesar das clarísimas ocasións de Maki ou Pichi e a incerteza do resultado fixo que sufriran ata o final malia que o Tordoia tampouco tivo claras para acadar o empate.
O Tordoia chegaba con novidades no banco, trala saída de Santi Cambón como adestrador, e a posta en escena de Nando Muíño, que colleu o mando de forma interina.Baio - Cordeiro (2-3)
- Baio: Cristian, Mario, Iván García, Peke, Ceide, Pablo Domínguez, Pazos, Bieito, Santiso, Josiño. Tamén: Iago, Aday, Iván Rod., Lujián e Yago Couto.
- Goles: 0-1, m.50: Samuel; 1-1, m.55: Pablo Domínguez; 2-1, m.68: Aday; 2-2, m.82: Samuel; 2-3, m.90: Magariños.
Dominou ben o Baio, coa iniciativa completa, na primeira parte, pero a falta de acerto nos metros finais privaron ao equipo de Félix adiantarse no marcador.
Si que o fixo no comezo da segunda o cadro local, pero cos cambios os baieses conseguiron darlle a volta e colocarse 2-1. Pero no treito final, a falta de intensidade e de confianza polas baixas, o Cordeiro conseguía remontar e levarse 3 puntos sen crelo.
Dumbría - Puebla (0-0)
- Dumbría: Anxo, Dani Yerva (Diego Estévez), Kanario (Sendón), Pablo Paz, Raúl Añón, Baba, Brais Fdez (Mario), Lucas, Dario (Code), Dani Chao e Xabi Castro.
Foi un partido moi disputado e intenso, cun cadro visitante algo superior na primeira media hora, pero despois o equipo de Pablo Conde colleu o mando. A pesar do igualado que estaba, si que durante a segunda houbo momentos nos que un posible gol local rondaba o Conco, pero a falta de acerto dos dumbrieses impediu levar máis rédito, pois nin Baba, nin Yerva, nin Estévez estiveron atinados no treito final.
Xallas - Flavia (1-1)
- Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Sande, Adán; Fidi, Colón, Samuel, Capelo, Carlos Rieiro eÁlex Blanco. Tamén: David, Diego, Marcos, Dani Barbeira e García.
- Goles: 1-0, m.20: Sande; 1-1, m.86: Carneiro.
Partido igualado no que o cadro de Adrián Vázquez se metía pronto por diante. O equipo padronés subía liñas e comezaba a presionar cada vez máis arriba, pero os xalleiros eran quen de saír combinando con espazo para atacar. Algún erro na saída si que provocou algunha ocasión na meta dun seguro Iván Couto.
Na segunda o partido xa se volviu máis tolo, de ida e volta, con ocasións nas dúas áreas. O choque non se decidiría ata o m.86, cando o cadro xalleiro xa contaba os 3 puntos no peto, pero un balón ás costas da defensa deixaba ao punta visitante para facer o empate. Aínda tiveron no desconto dous remates de cabeza a unha falta lateral e a un córner os xalleiros pero non houbo sorte.
Mazaricos - Esteirana (1-1)
- Mazaricos: Pablo, Oscarín, Borja, Chumiko, Josete (Losada), Danis, Pereiro, Marcos, Sandelo, Molinos (Brais), Rachón.
- Esteirana: MJ, Code, Simón, Damián, Tobío; Pablo Rama, Adrián Louro, Álex Rama (Pachi), Oli (Godo), Rober Pladur e Elías.
- Goles: 0-1, m.40: Álex Rama; 1-1, m.81: Rachón.
Fermoso derbi para o público, con moitas ocasións e un gran ambiente na Peña de Ouro. Comezaba o partido con dominio alterno e chegadas nas dúas áreas, e se a Esteirana tiña que sacar baixo paus MJ un remate de Molinos a centro de Marcos, Pablo tamén se empregaba a fondo, porque a partir do cuarto de hora, e ata o descanso, o cadro de Geno tomou o mando e tivo varias ocasións claras, como dous mans a mans de Elías, un pao e un par de chegadas de Adrián. Apareceu aí Pablo para manter aos locais no partido, a pesar do gol de Álex Rama.
Cambio de sistema na segunda dos de Mingui, que comezou a dominar e empurrar, chegando á área visitante cun tiro de Rachón ao pau, e boas ocasións de Losada e Marcos. Tamén a Esteirana, gracias ao gran traballo de Réber Pladur vindo a recibir, tivo boas transicións como unha que marrou Pachi.
Foi a 10 do final cando un cabezazo de Rachón a centro de Danis remataba no fondo das mallas de MJ, poñendo o empate final.