Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Xornada nefasta para Ponteceso e Volantes

Volantes-Val do Ulla-Foto-Adri
Volantes-Val do Ulla-Foto-Adri
1ª Galicia: Xornada nefasta para Ponteceso e Volantes

Xornada malísima para os equipos costeiros na 1ª, aínda cando quedan 4 para o remate desta segunda fase. Por arriba, o Baio dixo adeus ás súas opcións de ascenso, mentres que nos grupos de abaixo, as derrotas de Ponteceso e Volantes complícanse seriamente a permanencia (igual que o Corme, ao que lle tocou descansar), tendo en conta que os posibles arrastres provocarán que non só descendan os 2 últimos de cada grupo, senón tamén algún 3º.

 

Fase de Ascenso, xornada 4

Cidade de Ribeira - Baio (2-0)

  • Baio: Diego, Norber, Peke, Mario, Damián, Alex Varela, Santiso, Iván Rod., Bieito, Braian, Paco. Tamén; Iván García, Pedro, Sergio, Sergio e Iago.
  • Goles: 1-0, m.60; 2-0, m.90.

Primeira parte igualada na que houbo ocasións para os dous equipos. O Baio tivo ata 5 chegadas claras, con tres tiros de Manu, unha de Porty e un gol anulado a Porty incomprensiblemente.
Na segunda parte ata o minuto 15 continuaba na mesma dinámica, cun partido aberto con chegadas de ambos, ata que se lesionou Porty e Pablo daba entrada ó xuvenil Pedro. A épica desta vez foi imposible ó non ter ningún cambio do primeiro equipo. A partir do minuto 20 o Ribeira foi superior e meteu os goles no 60 e no 90 cando os baieses estaban en busca do empate.

En calquera caso, o Baio pensa case xa Copa e Pablo Torreira fai un pequeno balance. “Unha pena non poder competir na fase con máis xogadores, porque ningún equipo foi superior a nivel técnico- táctico. Pero para un obxectivo así, ter unha plantilla tan curta marcou moito as eliminatorias, sobre todo á hora de facer cambios nas segundas partes. Non quero que sone a disculpa, pero é a realidade. Orgulloso do que fixeron este grupo de xogadores. Creo sinceramente que era difícil facer moito máis”, apunta.

Unión - Mazaricos (2-1)

  • Mazaricos: Iván Baña, Borja, Raúl, Iago, Dani Maroñas, Esteban, Mario, Rachón, Brais, Marcos, Kevin. Tamén: Ricardo, Roo, Estéfano e Marquitos.
  • Goles: 1-0, m.25; 1-1, m.89: Borja; 2-1, m.92.

Complicado partido do Mazaricos, que conseguía sobrepoñerse ao gol inicial do Unión. Aguantaba as embestidas nun primeiro tempo de dominio local. Pasaban os minutos e o cadro amarelo íase estirando e se conseguía empatar Borja ao fío dos 90,. Pero no desconto, nun saque de banda mal defendido, o Unión faría o gol definitivo.

 

Permanencia, D1, xornada 6

Dumbría - Esclavitud (0-0)

Dumbria-Esclavitud

  • Dumbría: Jorge, Rober (Rivi), Matías, Baba, Mataso (Sendón), Brais Fdez, Xaco, Code, Darío, Xabi (Marcote) e Yuyo (Alfredo).

Capis do Dumbria e Esclavitud

Non quixo entrar. O Dumbría dominou o choque, sobre todo na primeira metade, con ata 4 ocasións claras. Ademais, o Esclavitud quedou con 10 e aínda caeron 3 balóns á madeira, un gol anulado… 7 ou 8 ocasións durante o segundo tempo pero o balón non quixo entrar.
En calquera caso pinta ben a cousa para o cadro dumbriés.

 

Permancencia D2, xornada 6

Tordoia - Ponteceso (3-1)

  • Ponteceso: Brais (Álvaro, m.59), Isaac, Ángel, Eloy Trigo, Luca (Juanjo, m.33), Mendieta, Alberto Recarey, Iago López (Amable, m.62), Nando (Pablo Vázquez, m.62), Puente, Eloy Álvarez.
  • Goles: 1-0, m.60; 2-0, m.65; 2-1, m.79: Iago López; 3-1, m.90.

Tordoia-Ponteceso

Saía o Ponteceso agazapado, maniatando ao equipo de Dani Calvete, e intentando chegar por bandas como nunha vaselina de Iago López, que paraba o meta local.

Sen apenas ocasións se chegaba á segunda metade, na que se abriron máis as defensas. E nunha xogada na que Brais se torcía o nocello, o Tordoia marcaba a porta baleira. Pronto chegaría o segundo tras varios rexeites, e Pablo Mallón introducía cambios que provocaban a melloría do equipo. Iago López marcaría un fantástico gol sen deixala caer e o equipo seguía volcado sobre a área rival, con ocasións para o empate, cun par de boas faltas de Recarey. Pero nunha contra o Tordoia sentenciaba.

Volantes - Val do Ulla (1-2)

  • Volantes: Alberte, Carlos Mos, Manu, Godo, Oscarín, Jano, Miguel da Corocha,Toni, Pesco, Pardelo, Iago. Tamén: Alex de Yi, Alex Figueiras, Kevin, Santi e Richi.
  • 1-0, m.60: Jano; 1-1, m.96; 1-2, m.97.
Volantes-Val do Ulla-Foto-Adri 2
Volantes-Val do Ulla-Foto-Adri 2

Dolorosísima derrota do Volantes o sábado no Eleuterio Balayo con dous goles no desconto tras levar media hora por diante no marcador. Era un partido case a vida ou morte, cun cadro local que saía ao ataque, facendo un gran partido, no que merecerían ter ido ao descanso por diante, nun choque no que se lesionaba o liña do seu lado.

Na segunda continuaba a mesma fórmula, e nunha xogada adiantáronse os laranxas por medio de Jano. Aínda tardou en reaccionar o cadro visitante, e o Volantes tivo varias chegadas para ampliar a vantaxe. Pero a pesar de que había 4 minutos de desconto, xa no 96, nun balón colgado do ceo, a defensa mide mal e o coiro chégalle a un dianteiro visitante que marca o empate. Saca de centro o equipo laranxa, intenta lanzar rápido arriba, o balón rebota nun dianteiro, cae a banda, centro e gol para abatimento dos Rochabillies.

“Nunca vin cousa igual en 25 anos…”, apunta abatido o adestrador laranxa Iván González. “Tiñas a salvación perfilada, mesmo co empate, e agora vaste unha cara de tonto… Un partido para gañar 4-1 e isto é un jarro de auga fría e complica moito as cousas”.

 
Rochabillies do Volantes de Bano-Foto-Adri Fdez.
Os Rochabillies volveron demostrar a súa paixón-Foto-Adri Fdez.

Permanencia D3, xornada 6

Soneira - Praíña (3-2)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Brais Mouzo, De la Sierra, Pichi, David Agra, Diego Lois, Alex Figueiras, Gesto, Maki, Javi Souto. Tamén: Álvaro, Basti, Brais Pereira, Fran Calvo e Nico.
  • Goles: 0-1, m.27; 1-1, m.45: Maki; 1-2, m.60; 2-2, m.75: Pichi; 3-2, m.88: Darío.

Sufrida vitoria dun Soneira ante un Praíña que cada vez que chegaba marcaba. Así se metía dúas veces por diante na primeira hora de xogo, cun Soneira pouco fino, pero que conseguía empatar antes do descanso tras unha boa xogada colectiva finalizada por Maki.

Tocaba remar de novo tralo segundo dos visitantes (un tiro dende o borde da área que toca en Pichi e descoloca a Javi), sendo o propio Pichi o que conseguía o empate. Non deixaría de apretar ata o final o equipo de Pedro Gómez, e o premio chegou co tanto de Darío preto do m.90 que asina a permanencia.

Novas relacionadas

Máis info

Comentarios