Martes. 23.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Castriz frea ao San Lorenzo

Castriz celebrando vitoria
O Castriz celebrando vitoria nos vestiarios
2ª Autonómica: O Castriz frea ao San Lorenzo

A semana pasada era o San Lorenzo o que freaba ao Outes. Esta foi o Castriz o que puxo freo á serie de 7 vitorias seguidas coa que chegaba o cadro de Verdillo a San Pedro. O equipo de Miguel Chouza puxo sobre a mesa a súa candidatura e avisa a navegantes de que vai en serio.

Non perdeu o liderato o cadro de Dani Casal, pois nin Corme nin Outes sumaban os 3 puntos. O cadro cormelán caía en Coristanco e o Outes non pasaba do empate en Cerqueda.

Polo demais, destacable vitoria do Ponteceso ao Camariñas, contrarrestando as liñas que traían os dous equipos, empate no derbi entre Corcubión e Cee; e por fin chegou a primeira vitoria do Muros, desta volta nas Redondas.

 

Ponteceso - Camariñas (3-0)

  • Ponteceso: Álvaro, Moscoso, Juanjo, Luca, Javi Peón (Charro, m.73), Dani Cotelo, Mendieta, Puente, Nando, Eloy Álvarez (Pablo Vázquez min.70), Eloy Santos (Alberto Verdes, m.63).
  • Camariñas: Jorge, Barreiro (Yuyo), Roi, Oliver, Pablo Suárez, David (Saviola), Moriño(Manuel), Hugo, Víctor (Brais), Mario e Djibril.
  • Goles: 1-0, m.30: Eloy Santos; 2-0 m.70: Luca; 3-0, m.75: Puente.

Bo partido no Pinguel, con dous equipos que viñan con liñas distintas pero acabou saíndo ao revés do que semellaba. O Ponteceso estivo sempre mellor plantado ante un Camariñas que non atopou nunca o seu xogo e que apenas tivo algunha ocasión en todo o partido. O Ponteceso esperaba o erro do rival e foi sacando do partido aos azuis. Nando e Eloy Álvarez avisaban e era Eloy Santos o que collía un balón solto no borde da área e fulminaba por baixo ó meta visitante.

Empezaron mellor os visiantes na segunda, pero o bo ritmo apenas duroulle 10 minutos. Pouco despois Luca, á saída dun córner mal defendido, practicamente deixaba o choque sentenciado, e Puente aproveitaba un ero na saída do balón para facer o terceiro.

 
Ponteceso celebrando vitoria
Ponteceso celebrando a vitoria

Corcubión - Cee (2-2)

  • Corcubión: Bruno, Eli, Álex, Joaquín, Gorka, Lema, Tano, Adri, César, Luisete e Martín. Tamén: Antón, Rama e Borja.
  • Cee: Maikel, Colombia, Isma, Juan Oreiro, Jose Lago, Fraga, Isaac, Gabri, Bermnúdez, Eze e Bruno. Tamén: Adrián, Jon, Rubén, Santos e Leo.
  • Goles: 1-0, m.3: César; 2-0, m.57: Iago Lema de fermosa falta directa; 2-1, m.62: Eze; 2-2, m.78: Bruno.

Había ganas de derbi no Cubaleiro e notouse a pesar do mal tempo da tarde de domingo. Foi un partido bronco, trabado e desputado, como todos os derbis na Liga da Costa. Empezaron os locais golpeando primeiro, cunha falta colgada que Maikel non acerta a despexar, deixando o balón franco para que César fixera o primeiro da tarde. Co gol, os visitantes quixeron ter o control do balón, tocando atrás e metendo balóns ás costas da defensa corcubionesa. Os locais, pola súa parte tentaron tocar e buscar velocidade arriba. Houbo ocasións, pero con ese resultado chegaríase ó descanso.

Na segunda metade, os de Nito ampliaron a vantaxe cun golazo de falta do seu capi Iago Lema. O gol espabilou aos de Rafa, durándolle pouco a alegría ós locais. Un balón rexeitado en defensa caerialle nos pés a Ezequiel para recurtar distancias. O Cee achuchou e os visitantes defendéronse, saíndo á contra con perigo. No treito final, Bruno de córner cun bo remate faría o tanto do empate. A partir de aí pudo caer o partido para calquera lado, sendo a máis clara un man a man de Luisete que foise por moi pouco cando xa toda a grada cantaba o gol.
A nota negativa do partido foi a lesión de Isaac Fábregas (aínda pichichi da liga con 10 goles, polos 9 de Djibril) nos primeiros minutos.

 

Cerqueda - Outes (1-1)

  • Cerqueda: Mario, Dani Reixía, Marcos Pensado, Alexis, Lorenzo, Ángel, Hugo, Samuel, Eloy Boedo, Sergio, Cristian Méndez. Tamém: Senén, Alex Méndez, Cristian Fdez., Adrián e Nacho.
  • Outes: Alex, Jura, Kevin (Clau), Leo, Cutu; Martín, Estefan (Mario), Chía (Mangelo), Caamaño (Aarón); Iago e Veleiro.
  • Goles: 0-1, m.80: Manjelo; 1-1, m.95: Lorenzo.

Partido moi disputado en Xaviña, cun Outes que dominaba a pelota ante un Cerqueda que esperaba atrás e buscaba contras ou xogadas a balón parado. Non estaba fino o cadro de Miguel Ramos, que segue con moitos problemas cara gol provocando certa ansiedade nos xogadores de arriba.
Na primeira parte, pouco ocasións, dous tiros para o Outes e un remate nun córner e algún que outra chegada por banda para os locais.

Na segunda parte seguiu a misma tónica, pero no Cerqueda atopou máis claridade nos seus ataques. Foi nun roubo onde terían a máis clara para adiantarse pero o golpeo de Eloy marchouse rozando o pau. A 10 minutos para o final si que se adiantou o Outes, cun gran disparo desde a frontal que bateu a Mario. Tivo Leo o segundo pero o seu remate de cabeza foi alto.
A partir de aí o Cerqueda subiu as liñas, e despois de pedir un penalti, xa no desconto, nunha xogada colgada, na que os visitantes pedían falta sobre o porteiro, o balón caeulle a Lorenzo para conseguir o empate.

 

Monte Louro - Oza (6-0)

Monte Louro-OZa-Foto-Edu Olveira 2
Foto-Edu Olveira
  • Monte Louro: Alberte, Manolo Chouza, Juan Lois, Miguel Verán, Pardelo, Abel Rey, Xián, Riki, Íker, Álvaro Fari, Óscar Fari. Tamén: Pablo Raúl, Peski, Benji e David.
  • Oza: Brais, Alberto, Alex Bilounga, Alex Freire, Iago Rodríguez (Brais Pombo), Carlos, Nacho, Dani Iglesias, Nicolás, Fran (Vilariño) e Iván Mato.
  • Goles: 1-0, m.15: Xián; 2-0, m.33: Álvaro Fari; 3-0, m.60: Xián 4-0, m.63: Xián; 5-0, m.73: Álvaro Fari; 6-0, m.86: David.
Monte Louro-OZa-Foto-Edu Olveira
Foto-Edu Olveira

Volveu o Oza ás malas sensacións das primeiras xornadas, cunha grave falta de actitude que permitiu ao cadro de Bibi disfrutar dunha tarde, pasada por auga, o segundo partido tranquilo consecutivo. Tardou en marcar o ritmo o Louro, pero o gol de Xián xa encarrilou o choque. Os loureáns foron mellores fisicamente e os goles foron caendo, mesmo de Álvaro Fari que xa viña avisando, ademais do triplete de Xián (que xa leva 7).

 
Monte Louro celebrando vitoria
O Monte Louro celebrando a vitoria

Coristanco - Corme (3-2)

  • Coristanco: Diego, Randy, Sergio, Hugo, Villa, Dani, R, Joni, Kevin, Mario e Casti. Tamén: Javi Bermúdez, Belar e Javi Martínez.
  • Corme: Adrián, Jesús, Brais Pombo, Aitor, Hugo, Brais Pailos, Eloy Villar, Isra, Lucas, Miguel e Manu Bermúdez. Tamén: Quique, Rubén, Noel, Borja Torrado e Brai.
  • Goles: 1-0, m.10: Mario; 2-0, m.50: Mario; 2-1, m.56: Borja Torrado; 3-1, m.61: Mario de penalti; 3-2, m.66: Isra.

Unha piscina parecía o Platas Reinoso (están coas obras de renovación do céspede da Rocheira) e foi Mario o que mellor soubo nadar. A figura do irmán do adestrador Juni segue agrandándose no cadro sumando un triplete, e xa son 6 os goles que leva o medio coristanqués que por circunstancias está xogadno na punta de ataque.

Chegou o Corme nalgún balón longo pero era o equipo local o que tiña ata 3 mans a man nos pés de R, e Mario por partida doble, que marcaba un deles cun toque sutil por riba do porteiro. Despois a resposta do Corme con outro man a man que paraba Diego. Antes do descanso a última, clarísima, que Kevin remataba alta tras un centro lateral que sobrepasaba ó porteiro.

Á volta de vestiarios o Corme daba un paso adiante obrigando a meter atrás ao cadro local, pero nunha contra, Kevin era derribado na frontal. Cobraba falta o árbitro e convertía Mario por riba da barreira. Non baixaban os brazos os cormeláns, e chegaba entón, acto seguido, o 2-1 cunha boa xogada por banda do xuvenil Borja que marcaba axustado ao pau dende a frontal. De novo Unha chegada de Mario, que era zancadilleado dentro da área, para transformar el mesmo. Pero pouco duraba a alegría xa que Isra acto seguido metía o 3-2 cun golazo dende fóra da área pola escuadra. A partir de aquí, e trala expulsión do cormelán Aitor, o Coristanco atopaba moitos ocos na defensa dun valiente Corme, e se os de Ángel puideron empatar cun balón que lambiu o pau, tamén os de Juni tiveron ocasións para sentenciar con varios 2 contra 1 que non finiqutaron ben.

 

Cabana - Muros (1-3)

  • Cabana: Víctor, Aarón, Naka (Javi), Ismael (David), Dani (Duda), Moreno, Diego Cacha, Castro, Simón, Raúl Corzón, Rubén (Pablo).
  • Muros: Xandre; Isma, Iván Cerilla, Gesto, Kin; Xaco, Ra; Varo, Xavi, Alex e Alonso. Tamén xogaron: Flavio, Jesús da Meca, Dani Jurjo.
  • Goles: 0-1, m.25: Gesto; 0-2, m.44: Iván Ceriñña de penalti; 0-3, m.77: Gesto; 1-3, m.91: Raúl Corzón.

Chegou, por fin, a primeira vitoria do Muros, e o fixo no complicado campo das Redondas, ante un Cabana de José Manuel que non atopa o pico do forma do curso pasado. Foi un choque igualado, pero o cadro de Porrúa foi máis práctico, maniatando aos locais e non deixando que entrarán en xogo. Apenas houbo ocasións na primeira metade, pero o Muros si aproveitou un gol á saída dun córner e un penalti, para marchar cunha clara renda ao descanso.
Saíron algo mellor os locais na segunda, pero un par de foras de xogo e unha boa parada de Xandre impedía que se metesen no partido. Sentenciaría o choque o central Gesto noutro saque de esquina e só co partido morto marcaría Raúl Corzón para uns cabaneses sempre imprecisos pero peleóns.

 
Muros celebra a sua primeira vitoria
O Muros celebra a súa primeira vitoria

Volantes - Muxía (0-2)

  • Volantes: Álex de Yi, Alex Figueiras, David Pais, Oscarín, Isma Mayo, Creo, Borja, Santi, Peski, Manu de Yi. Tamén: Joaquín, Iago, Kevin e Miguel Riomao.
  • Muxía: Domingo, Michael Vilela, Gusa, Congui, Iago, Maikel Mouzo, Alex, Adrián Alcaina, Julián, Mauro e Manu Nogueira. Tamén: Joselu, Peski, Toja, Matías e Xan Nogueira.
  • Goles: 0-1, m.52: en propia tras unha xogada de Congui; 0-2, m.60: Mauro.
Muxia-Volantes-Foto-Adriana Fdez
Foto-Adriana Fdez

Dúas partes diferenciadas nun partido que o Muxía controlou ante un Volantes de Chicho ben armado, coas liñas xuntas intentando crear dano á contra. Tivo Pesco un longueiro e Manu unha ocasión para definir ante unha indecisión do porteiro rival na primeira metade. Pero na outra área tamén Alex facía un paradon pata evitar a única ocasión clara dos muxiáns na primeira metade.

Tardaron en acertar ca portería, pero na segunda crearon máis ocasións, e pronto, nunha xogada de Congui pola banda, fai un pase da morte e marca un defensa en propia. Pouco despois Mauro facía o segundo, e a partir de aí foi un querer e non poder para o cadro de Chicho, ante un serio equipo de Leis e Lobelos que movía o balón con criterio marcando o ritmo.

Muxia-Volantes-Foto-Adriana Fdez 2
Foto: Adriana Fdez
 

Castriz - San Lorenzo (3-1)

  • Castriz: Juan, Carlos Paredes, Samuel, Saul Proupín, Anxo, Alex Mourelle; Alex Forján, Adrián García, Pastoriza, Iván Facal e Braulio. Tamén: Sebas, Alberto Mata, Álvaro, Martín Gemelo e Adrián Rod.
  • San Lorenzo: Puyol, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Dani Cotelo; Jairo, Diego Varela, David, Alex Taibo, Arantón e Iván Rojo. Tamén: Diego Figaldo, Dani Padín, Altair, Andrés, Andy.
  • Goles: 1-0, m.25: Alex Forján de falta; 2-0, m.33: Adrián García a pase de Iván Pastoriza; 3-0, m.47: entre Alex Mourelle e Braulio nun córner; 4-0, m.85: Sebas bateu a Puyol por arriba cun golazo; 4-1, m.92: en propia.

Partidazo deste Castriz que vén de menos a máis, ante un líder moi sólido, que empezaba moi ben, máis cómodo céspede algo mollado que ía drenando ben, pero que provocaba imprecisións continuas. Foi Álex Forján o que rompías as táboas cunha gran falta. Co marcador a favor saíron ás aos xalleiros, que se desbocaban en ataque, marcando o segundo e puidendo sentenciar, pero a expulsión de Samuel ao fío do descanso deixaba 45 minutos en inferioridade para o cadro local.

Nada máis saír dos vestiarios marcaba o terceiro o cadro de Miguel Chouza á saída dun córner. A partir de aí o cadro de Dani Casal, que non se rendiu en ningún momento, empurrou e empurrou metendo atrás aos xalleiros pero són conseguindo recurtar co tempo cumplido.

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios