2ª Galicia: O San Lorenzo frea ao Outes e ponse de líder
Varios partidos importantes nesta 7ª xornada da Liga da Costa. Enfrontábase no Cunchido os dous primeiros, e o San Lorenzo asaltaba o campo do Outes, conseguindo ascender ao máis alto da táboa.
En San Pedro, viuse un autñéntico partididazo entre dous dos claros favoritos, Castriz e Muxía, que asinaron táboas, e quedan a certa distancia do liderato.
Incribile o do #BabyCorme, que de novo en cuadro eran quen de superar a un Volantes en horas baixas.
O Camariñas sumaba unha vitoria contudente gracias á dupla Mario-Djibril e parece que a conexión fisterrá en Cee si que funciona, e o equipo de Rafa foi quen de superar a todo un Cabana nas Redondas.
Corcubión - Oza (3-2)
- Corcubión: Bruno, Joaquín, Álex, Nacho, Gorka, Iago, Tano, Adri, César, Martín e Luisete. Tamén: Rama e Pablo.
- Oza: Brais; Alberto, Alex Bilounga, Alex Martínez, Iago Rodríguez (Dani Iglesias), Dani Mato, Alex Vázquez (Carlos), Lavandeira, Nacho, Nico, David LP (Vilariño).
- Goles: 0-1, m.17: Nacho de gran cabezazo nun córner; 1-1, m.28: Iago Lema de penalti; 2-1, m.58: en propia; 2-2, m.66: Nacho; 3-2, m.76: César Lojo.
Puido caer de calquera dos dous lados o choque do Cubaleiro, pero caeu do lado de… César Lojo. O pichichi do ano pasado aparecía no treito final para colar un rexeite que vale 3 puntos.
E iso que o Oza se adiantaba pronto cun tanto de Nacho, un dos mellores sobre o campo. Os locais, a raíz do gol subiron liñas e froito diso chegaría o empate por medio do capi Iago Lema de penalti nunha xogada moi protestada polos visitantes nun choque na área entre o porteiro e César.
Despois do descanso, un malentendido defensivo poñería por diante ós locales cando o defensa do Oza, nunha cesión de cabeza ó seu porteiro pasoulle o balón por riba e colouse na súa propia portería. O Oza non se viu abaixo e empataría de novo nunha boa xogada por banda.
A partir de aí o partido puido caer para calquera lado, pero finalmente serían os locais os que levarían os puntos cun gol de César nun rexeite na área. Os visitantes tiveron o empate, pero o defensa local Álex, casi baixo paus sacaría un balón que ía a gol.
Volantes - Corme (0-2)
- Volantes: Álex de Yi, Rodri, Santi, David, Pablo; Jandro, Kajulio, Riomao, Kevin, Pesco e Dis.
- Corme: Quique, Jesús, Isra, Eloy Villar, Gabriel, Brais Pailos, Borja Torrado, Hugo, Laik, Lucas e Manu Bermúdez.
- Goles: 0-1, m.30: Isra; 0-2, m.46: Brais Pailos.
Sorprendeu de novo o #babyCorme que a pesar das moitas baixas (Adrián, Andrade, Miguel, Eloy Liñares, Andrade, Alejo. Aitor. Samu, Noel) e moitos xuvenís (que viñan de pelexar co Xallas na súa categoría 24 horas antes) conseguía traer os puntos do Eleuterio Balayo tras vencer a un Volantes que suma a súa terceira derrota consecutiva. Un Volantes de Chicho moi tocado (só con 11 dispoñibles) que necesita cambiar a dinámica.
Os cormeláns dominaron, ante un Volantes que non se atopaba. Alex de Yi mantiña ao equipo no partido, e froito do control chegaría o primeiro de Isra logo dunha gran xogada colectiva.
Na segunda seguía dominando o cadro visitante que conseguía ampliar o marcador por medio de Brais cun disparo dende a frontal da área. O Volantes intentouno no treito final, e mesmo tivo un penalti para meterse no partido pero Quique parouno, sendo o segundo penalti que falla Pesco en dúas semanas, 3 seguidos no último mes.
Ponteceso - Muros (2-2)
- Ponteceso: Álvaro, Moscoso, Luca, Ángel, Cotelo, Mendieta, Alberto Recarey, Eloy Trigo, Luis, Eloy Álvarez, Martín Puente. Tamén: Damián, Juan Rey, Hadrián, Iván Rey e Mateo.
- Muros: Xandre; Fran, Pelos, Cerilla, Jurjo; Xaco, Gesto; Varo; Xavi, Alex e Thiago.
- Goles: 0-1, m.9: Alex; 1-1, m.44: Luís; 1-2, m.62: Xavi; 2-2, m.95: Luca.
Levou o cadro de Pablo Mallón o peso do partido, ante un cadro muradán que facía moito dano cos balóns ás costas da defensa. Así abría Álex o marcador moi pronto, provocando que o cadro local subise liñas. Chegou o empate no descanso nun balón entre liñas que aproveita Luís.
Na segunda metade, o Muros mandaba dous balóns á madeira, e volvía colocarse por diante cun tanto de Xavi. Envorcou o campo o Ponteceso durante o treiro final, buscando con todo un empate, que non chegaría ata ben pasado o desconto, tras un saque de esquina.
Coristanco - Monte Louro (4-0)
- Coristanco: Rubén, Villa, Sergio, Belar, Hugo, Joni, R, Dani, Mario, Casti e Corral. Tamén Pazos, Randy, Kevin e Samu.
- Monte Louro: Alberte, Manolo Chouza, Juan Lois, Pablo, Miguel Verán; Riki, Xián, Pardelo; óscar Fari, Íker e Peski. Tamén: Antón, Diego, Álvaro Fari, Benji, e Abel Rei.
- Goles: 1-0, m.29: R no rexeite dun córner; 2-0, m.38: Mario marca outro golazo a bote pronto; 3-0, m.41: Corral tras unha gran serie de regates ; 4-0, m.45: Mario tras boa combinación no balcón da área.
Tras unha primeira media hora igualada, coas defensas impoñéndose sempre, 5 goles consecutivos dos locais acabaron co partido no último cuarto de hora da primeira metade.
Xa na segunda metade con moitos cambios por parte de ambos o partido baixou o ritmo apenas se puido ver un par de chegadas por parte de cada equipo, sendo a áais destacada unha falta visitante que tocou no longueiro.
Cabana - Cee (3-7)
- Cabana: Diego, Aaron, Sergio, Raúl (Naka), Rubén (Cristian) Fernando (Castro) Diego Cacha, Moreno, Simon, Manuel, Raúl Corzon.
- Cee: Maikel, Colombia, Isma, Juan Oreiro, Adrián Canosa, Jon, Bruno, Rubén, Isaac Fábregas, Eze, Gabri Pazos. Tamén: Jorge, Anxo, Adrián Vilar, Jose e Iago Trillo.
- Goles: 1-0, m.5: Manuel; 1-1, m.9: Isaac Fábregas; 2-1, m.13: Raúl; 2-2, m.15: Isaac Fábregas; 3-2, m.20: Raúl Corzó; 3-3, m.50: Isaac Fábregas; 3-4, m.52: Rubén; 3-5, m.63: Isaac Fábregas; 3-6, m.78: Eze; 4-7, m .87: Eze.
Tras unha primeira metade de intercambio continuo de golpes, un continuo ida e volta que acabou cun 2-3 e dous tiros o pau dos locais, o choque sentenciouse pronto na segunda. Un Cee arrollador, deulle pronto a volta ao marcador aproveitando varias xogadas a balón parado, e foi moi superior ante un Cabana irreconocible que se veu pronto abaixo.
Saiulle cara a vitoria ao Cee, que perde por un tempo ao meta Maikel Cambeiro que rompía o nariz. Así e todo o equipo disfruta de que estea funcionando tan ben a conexión fisterrá, cos 9 tantos xa de Isaac Fábregas (pichichi da categoría xunto a Djibril), e a aportación de Colombia na liña defensiva, Bruno na banda, ou Eze na zona de arriba.
Castriz - Muxía (1-1)
- Castriz: Juan, Carlos Paredes, Saou Proupín, Anxo, Alex Mourelle, Martín Gemelo, Alex Forján, Adrián García, Sebas, Pastoriza, Iván Facal. Tamén: Braulio, David, Álvaro, Samuel e Adrián Rod.
- Muxía: Joselu, Iago, Xan Nogueira, Anxo, Michael Vilela, Pesqui, Mauro, Julián, Adrián Alcaina, Maikel Mouzo e Manu Nigueira. Tamén: Domingo, Congui, David, Toja, Alex Martínez.
- Goles: 0-1, m.81: Maikel Mouzo de cabeza por riba do porteiro; 1-1, m.88: Braulio.
Partidazo espectacular, cheo de emoción, o vivido en San Pedro, entre dous dos favoritos. Trala debacle de Cee (pola festa do socio), o Castriz de Miguel Chouza recuperouse e fixo un gran partido, comezando moi enchufados, presionando ben arriba e tendo algunha ocasión por medio de Sebas, que tivo unha que tivo que salvar un defensa baixo paus.
Pero Os Leis e Lobelos fixeron cambios tácticos e o partido igualouse, ficando algo máis espeso pero a calidade nos dous equipos facía que cada xogada podería abrir a lata.
Na segunda, a saída de Braulio decantaba o xogo para o lado local, pero tamén o Muxía avisaba mandando un balón ao pau de Mauro. Cando mellor estaban os locais, con Pastoriza e Braulio facendo moito dano á defensa muxiá, aparecería a caebza do polivalente Maikel Mouzo para abrir o marcador. Quedaban apenas 10 minutos pero non puido pecharo o partido o Muxía, e o Castriz envorcou o campo ata conseguir o empate, por medio de Braulio. Así e todo, e malia que o gol chegaba case que no desconto, ninguén quería o empate e o propio Braulio nunha área e Manu Nogueira na outra, puideron decantar a balanza.
Se para os muxiáns o empate é xusto a pesar de quedar sen 2 puntos no desconto, para os xalleiros foi un partido para gañar.
Outes - San Lorenzo (0-1)
- Outes: Alex, Jura, Aleandro, Martín, Cutu; Caamaño, Chía, Babu (Estefan); Capelo (Aarón), Veleiro (Mangelo) e Iago (Mateus).
- San Lorenzo: Benji, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Dani Cotelo; Jairo, Andrés Martos, Andy, Diego Varela e Iván Rojo. Tamén: Puyol, Dani Padín, Jonathan, Lucas e Alexis.
- Gol: 0-1, m.40: Alex Taibo recolle un rexeite, cun amago leva dous defensas, perfílase e marca cruzado.
Partido con moitas espectactivas entre os dous que estaban máis arriba, pero o choque non estivo a altura do esperado, con demasiado xogo directo, pouca combinanción, sempre coas defensas por diante das dianteiras. Un clásico partido de 0-0, de non fallar, pero nun erro na saída de balón Álex Taibo (cun golazo) asinaba o primeiro tanto que recibe Álex en toda a temporada.
Non mellorou o xogo na segunda, aínda máis embarullado, con cortes continuos, que foi esmorecendo cun cadro de Dani Casal tremendamente seguro atrás.
Cerqueda - Camariñas (2-5)
- Cerqueda: Senén, Dani Reixía, Marcos Pensado, Gus, Javi Souto; Lorenzo, Samuel, Sergio, Manu GUillamet, Julián e Cristian. Tamén: Mario, Ángel, Kevin, Adrián Verdes e Nacho.
- Camariñas: Pablo, Barreiro (Brais), Carlos, Roi, Pablo Suárez (Rodrigo), Moriño, David, Hugo (Saviola), Víctor (Yuyo), Mario e Djibril.
- Goles: 0-1, m.2: Djibril aproveita un erro do meta local; 0-2, m.8: Djibril de cabeza a centro de Pablo; 1-2, m.10: Lorenzo nunha xogada a balón parado; 1-3, m.21: Mario; 2-3, m.50: Lorenzo noutra xogada a balón parado; 2-4, m.64: Djibril a pase de Mario; 2-5, m.68: Víctor a pase de Mario.
Moi superior o equipo visitante, que entrou moito máis enchufado ao partido e ao minuto 8 xa vencía por 0-2 ao aproveitar Djibril dous erros dos locais. O Cerqueda recortou distancias de contado por medio de Lorenzonunha xogada a balón parado, pero a dupla camariñá seguía facendo dano e Mario facía o 1-3 co que chegaría ao descanso.
Na segunda parte saíu máis enchufado o Cerqueda que conseguiu meterse no partido cunha acción a balón parado, pero co equipo máis envorcado, o Camariñas aproveitou a súa velocidade e a súa calidade para pechar o partido, subindo dous goles máis ao marcador e colocando o definitivo 2-5.
Desequilibrante a parella Mario-Djibril, un partido máis. o senegalés é pura contundencia e Mario, cada vez que toca o balón vese que vai pasar algo.