Mércores. 15.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: Acabando sen sorpresas

Montelouro Camarinas
O Monte Louro non venceu ao Camariñas e terá que esperar-Foto-Edu Olveira
2ª Galicia: Acabando sen sorpresas

Chegou ao seu fin a Liga da Costa. Este domingo desenvolveuse a 30ª xornada, con algunha cousa en xogo, pero sen sorpresas. O San Lorenzo remata o curso como campión, pero faino nestas xornadas algo faltos de tensión, cun empate ante o pechacancelas nunhas xornadas.
O Muxía non fallou ante a visita do Cee nun choque tremendo, e confirmou a súa 2ª praza, por diante dun Corme que tamén vencían en Muros. Os dous equipos disputarán a promoción.

4º na táboa queda un Castriz que, de non ser polas lesións, podería ter estar pelexando aínda máis arriba.

Aí quedan na metade da táboa 7 equipos ata o posto 12º, no que remata un Monte Louro que non durmirá tranquilo ata que remate a temporada. Os de Bibi non gañaron en Camariñas e non aproveitaron a derrota do Cabana en Xaviña. Así, os máis que posibles dous arrastres que chegan da 1ª, poderían ser 3, e de non ascender Muxía ou Corme na promoción, poderían caer Volantes, Corcubión e o propio cadro loureán. Pero nada se saberá por agora, xa que de salvarse Baio e Esteirana (é improbable que se salven os dous pero podería salvarse un trala vitoria de onte do Baio en Esteiro) e de ascender un dos equipos da Liga da Costa á 1ª, só caería o Corcubión.

O Cerqueda rematou esta convulsa temporada con vitoria cedendo a culler de pau ao Oza.

Todos, en calquera caso, xa teñen a cabeza na Copa da Costa, que empeza ca previa o 14 de maio.

A clasificación final en www.futboldacosta.com

Comentarios