Xoves. 16.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: Case todo o peixe vendido

Muros - Monte LOuro-Foto-Edu Olveira
Imaxe do fermoso Muros - Monte Louro-Foto-Edu Olveira
2ª Galicia: Case todo o peixe vendido

Coa vitoria do San Lorenzo e a derrota do Corme, o cadro carballés proclamouse, por primeira vez na súa historia, campión da Liga da Costa. Foi un fermoso carrusel o que nos deparou o remate do campionato con dúas xornadas de marxe na que queda pouco en xogo.

Muxía e Corme xogarán a Promoción de Ascenso, e poderán salvar unha das dúas prazas de posibles arrastres (do Mazaricos e do Baio, a día de hoxe), que ocupan Corcubión e Volantes, e que acompañarían a Oza e Cerqueda no descenso á 3ª. Con todo, o posible terceiro arrastre se descende a Esteirana mete moito medo a Monte Louro, Muros, Cabana, Coristanco, Ponteceso, e Cee, todos nun pano de 2 puntos.

Queda por determinar o pichichi, iso si, con Isaac Fábregas e Iván Rojo empatados con 26 tantos, co ceense-fisterrán por diante por agora ao ter un partido menos.
Fran Moreira (Muxía), con 20, e Sebas (Castriz) con 18 seguen por detrás, algo lonxe.

Muros - Monte Louro (2-2)

  • Muros: Xandre; Fran, Pelos, Iván Cerilla, Gesto, Juanchy; Ra, Xaco; Alon; Xavi e Jesés da Meca.
  • Monte Louro: Iago, Pablo, Borja, Miguel Verán, Óscar Fari; Riki, Pardelo, Peski, Xián, Íker e Álvaro Fari. Tamén: Chano, Yeray.
  • Goles: 0-1, m.19: Íker nunha cabalgada; 1-1, m.28: Jesús da Meca; 2-1, m.81: Pelos de penalti; 2-2, m.85: Yeray.

Fermoso ambiente no derbi de Miraflores, para un choque sen nada en xogo pero con moita emoción. Unha parte para cada equipo. Na primeira dominou o Muros, aínda que nunha moi boa xogada de Iker adiantaría ao cadro de Bibi. O porteiro muradán Iago, que defendia a porteria do Louro convertiríase no MVP do partido, facéndolle un auténtico paradón a Alonso, nun balón que ía á escadra, así como parándolle un penalti ao seu amigo Iván Cerilla. Pouco antes empatara o Muros tras un bo control de Jesús da Meca, e nese treito o Muros tivo máis empurre e puido darlle a volta ao marcador.

Saíu mellor o cadro loureán na segunda, metendo atrás ao equipo de Juan Porrúa. Xandre deterialle un man a man a Iker, pero na outra área tiña que volver aparecer Iago para facer outra gran parada a Iván cerilla. Cando mellor estaba o Louro, unha galopada de Dani Jurjo pola banda, indose de 2 e metendose na area, provocaria outro penalti que, desta volta, tiraba e marcaba Pelos. Pouco durou a alegria xa que pouco tempo despois empataría o louro ao saque dunha falta, protestada polos locais, que remataba Yeray a gol, asinando un xusto empate.

Camariñas - Corcubión (3-1)

  • Camariñas: Jorge, Brais (Barreiro), Roi, Oliver, Pablo Suárez (Saviola), Moriño, Hugo(David), Soule, Víctor (Djibril), Yuyo (Carlos), Mario.
  • Corcubión: Bruno, Leo, Mario, Díaz, Nacho, Antu, Goche, Rubén, César, Martín e Iago Lema. Tamén Eli, Íker e Xaco.
  • Goles: 0-1, m.40: Mario de penalto; 1-1, m.55: Yuyo; 2-1, m.60: Yuyo de penalti; 3-1, m.73: Mario de penalti.

Partido moi vibrante e tenso, especialmente na primeira metade, con ocasións para ambos equipos. Adiantaríase o equipo visitante de penalti ó fio do descanso. Na segunda, o Corcubión durou o que lle durou a gasolina, moi curto de efectivos. O Camariñas foise estirando e facía dando sobre todo con Mario, que levaba sempre perigo por banda esquerda. Empataba aos 10 minutos Yuyo revolvéndose na área e deulle a volta él mismo de penalti. Ampliaría a renda Mario, tras lanzar un balón á cruceta, noutro penalti por man. Puido reducir distancias o Corcubión e poñer interesante o partido, pero finalmente o marcador xa non se movería.

Muxía - Oza (4-0)

  • Goles: 1-0, m.11: Fran Moreira; 2-0, m.21: Fran Moreira; 3-0, m.50: Mauro; 4-0, m.63: Fran Moreira.

Pouca historia en Arliña, con dominio local, con algunha chegada na primeira metade do cadro carballés que mandou un balón ao pau. Pero o Oza chegaba con moitas baixas, mesmo tivo que poñerse Dani Mato, xogador de campo, baixo paus. Fran Moreira fixo dous na primeira metade, que completou o triplete na segunda.
A mellor nova, a volta de Isma Pose tras case un ano fóra dos terreos de xogo por lesión.

San Lorenzo - Coristanco (2-0)

  • San Lorenzo: Puyol, Raúl, Pablo Garrido, Lucho, David, Altair, Andy, Jairo, Alex Taibo, Iván Rojo e Arantón. Tamén Juan Fuentes, Diego Varela, Joaquí, Lucas e Mateo.
  • Coristanco: Diego, Villa, Sergio, Joni, Damián, Hugo, Dani, R, Mario, Rama e Casti. Tamén: Randy, Kevin, Niko e Chechu.
  • Goles: 1-0, m.44: Jairo; 2-0, m.58: Iván Rojo de penalti.

Comezaron nerviosos os carballeses ante un Coristanco que combinaba e chegaba arriba, enviando un remate alto Rama e outra que Hugo non era quen de finalizar con Puyol xa batido. Pero o cadro de Dani Casal foise asentando, e foi dominando pouco a pouco, marcando xusto andtes o descanso cun gol de Jairo dende a frontal aproveitando un rexeite.

Á volta do descanso, Puyol salvaba unha ocasión clarísima de novo para Hugo cando xa se cantaba o empate. Pouco depois, un un penalti claro servialles para poñer o 2-0 e matar o partido.

Outes - Volantes (3-1)

  • Goles: 1-0, m.50: Joao; 2-0, m.60: Joao; 2-1, m.70: Rachón; 3-1, m.73: Roberto Carlos.

Outes Volantes

Partido de respecto, cun Volantes lixeiramente mellor na primeira metade, sobre todo na primeira media hora, pero sen acertar nas xogadas. O Outes a partir da media hora, tiña superioridade por bandas, pero o Volantes aguantaba ben. Adiantouse pronto na segunda o cadro de Miguel Ramos, por medio de Joao, que repetía nunha xogada a balón parado pouco despois. Recurtaba Rachón pero a emoción durou pouco pois co Volantes envorcado, nunha contra e cunha mala decisión do meta laranxa, o Outes sentenciaba.

Ponteceso - Cabana (3-3)

  • Ponteceso: Damián, Eloy Trigo, Isaac, Pedro, Ángel, Mendieta, David, Luca, Martín Puente, Alberto Recarey e Charro.
  • Cabana: Diego (Manuel), Aarón, Sergio Ferreiro, Naka, Dani (Javi), Fernando, Sergio Antelo, Moreno (Mario), Simón, Miguel (Pablo), Castro (Xabi).
  • Goles: 0-1, m.3: Sergio Antelo; 1-1, m.20: Luca; 2-1, m.23: David; 2-2, m.33: Castro; 3-2, m.45: Alberto Recarey; 3-3, m.85: Castro.

Partido de tolos e un empate xusto, cunha parte para cada un, nun choque no que primaron os erros individuais ante o acertos. Adiantouse mui pronto o Cabana cun lanzamento de falta de Sergio Antelo. Reaccionou mui ben o Ponteceso que se fixo dono do medio campo e empataba nun remate de cabeza nun corner por medio de Luca. Seguían mandando os locais e dende fóra da área David facía o 2-1, tendo casións para matar o partido. Pero o Cabana estaba vivo e Castro empataba nunha entrada por banda. Alberto Recarey marcaba antes do descanso cunha das súas clásicas faltas.

Á volta de vestiarios o Cabana saíu con máis folgos e levou o peso do partido sacando o Ponteceso algún contraataque. Desperdiciada o Cabana varias ocasions pero no treito final Castro de cabeza a centro de Aaron poñía o empate definitivo.

Cee - Corme (4-2)

  • Goles: 0-1, m.14: Alejo; 0-2, m.20: Aitor; 1-2, m.55: Champi nun córner; 2-2, m.60: Colombia tras unha fermosa xogada colectiva; 3-2, m.70: Bruno; 4-2, m.75: Isaac Fábregas.

Fermoso partido o vivido no San Paio de Refoxos, cunha marea de emocións. Adiantase pronto o Corme, xogando moi ben co seu equipo de rapaces acompañando a Alejo, pero baixaba o pistón demasiado pronto, e Bruno e Isaac avisaban que non ían deixar marchar o partido.

Foi na segunda cando o Cee cambiou o sino do patido, saíiu mandón, non deixaba saír combinando aos xuvenís cormeláns e foron chegando os goles.

Para recordar o segundo dos ceenses, cunha xogada combinada dende o medio campo que acababa cun centro de Julio e un fermoso remate de cabeza en plancga de Colombia. Non baixou o ritmo o Cee que acabou superando a todo un Cee marcando dous tantos máis, aproveitando unha indecisión entre a defensa e o porteiro cormeláns.

Castriz - Cerqueda (5-0)

  • Goles: 1-0, m.4: Sebas; 2-0, m.13: Álvaro; 3-0, m.49: Sebas; 4-0, m.56: Sebas; 5-0, m.78: Sebas.

Pouco que contar nun partido no que o Castriz conseguía ter 11 xogadores sans sobre o campo. Marcou pronto Sebas, pero o Cerqueda tivo varias ocasións claras para empatar. Pero non atina o cadro de Emilio Uzal, malia competir moi ben durante moitos minutos, a pesar das súa baixas.

O Castriz, recuperou a pegada na segunda co póker de Sebas, nunha segunda xa con diferencia.

 

MÁIS CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios