sábado. 09.11.2024
El tiempo

2ª Galicia: Esteirana e Muxía amosan as credenciais, mentres os 6 posibles descensos apretan abaixo

Capi do Nanton
O capi do Nantón nas Fontiñas.Foto: CD
2ª Galicia: Esteirana e Muxía amosan as credenciais, mentres os 6 posibles descensos apretan abaixo
Dous partidos, dúas vitorias para Esteirana e Muxía, só separados polos 2 puntos arrastrados dende a primeira fase. Son os claros candidatos ao ascenso malia que o Castriz, en ghran estado de forma pero sen sorte, púxolle as cousas moi difíciles ao cadro esteirán .

Mentres, na zona baixa complícase a cousa, unha vez que, por mor dos arrastres, parece que pode haber 6 descensos, polo que caerían 2 de cada grupo. Así, complícanse a vida Baíñas e Nantón no Gr.A. No B, os postos de descensos está moi apretado e xogarase entre Malpica, Lira e Monte Louro, trala vitoria liracha e a derrota loureá; e no C, Zas e Buño teñen todas as papeletas.

Fase de Ascenso, xornada 2

Coristanco - Muros (3-1)

  • Coristanco: Rubén, Jonathan, Belar, Adrián, Sergio, Dani Vázquez, Borja, Pazos, Nico, Marcos Corral, Villajos. Tamén: Jose, Damián, Rubén Rial, Casti e Samu.
  • Muros: Ginki; Ra, Ivo, Xako, Alonso; Ángel; Varo, Je; Ivi, Thiago e Xavi. Tamén: Flaviuo, Monchito, Fabio xuv, Quin Xuv, Martín xuv.
  • Goles: 1-0, m.54: Villajos; 1-1, m.65: Thiago tras un rebumbio na área; 2-1, m.82: Jose Pazos; 3-1, m.86: Dani Vázquez marca un golazo.

Arrincaba o choque co dominio local, con xogo directo pero con ampla presenza na área mudará. Pero no último treito do primeiro tempo o Muros estirouse e avisou tamén.

Abriuse a cousa na segunda, co gol de Villajos e a resposta de Thiago. Aí chegaron minutos de asedio verde sobre a portería celeste, tempo no que caería o segundo. E xa contra o final chegaría o golazo da xornada de parte do lateral dereito Daniel Vazquez, que lanzaba un zapatazo que lle quitaba as telarañas da malla. Aínda Xavi puido recurtar pero non habería máis tempo.

No cadro muradán viviron a boa nova do debut de 4 xuvenís: o meta Ginki, Fabio, Quin e Martín.

Castriz - Esteirana (1-2)

  • Castriz: David, Fabián, Samuel, Adrián, Joser, Facal, Anxo, Saúl, Braulio, Noli. Tamén: Álvaro, Mata, Martín Gemelo, Alex Mourelle e Alex.
  • Esteirana: MJ, Simón, Samuel, Code, Damián, Adri Louro, Brais, Álex Rama, Adri Abelleira, Raúl e Carajillo. Tamén: Dani París, Elías, Pablo Rama, Farinís e Pachi.
  • Goles: 0-1, m.20: Alex Rama; 0-2, m.78: Raúl; 1-2, m.90: Braulio.

Gran partido, moi intenso e de gran nivel, o vivido en San Pedro. O Castriz que empezaba arrollando e convertindo en protagonista a un MJ espectacular, salvando un tiro de Saúl dende fóra da área, cabezado de Noli tras un córner, un man a man de Braulio… Porén, nun despexe de David de puños, o balón caíalle nos pés de Alex Rama que aproveitaba e abría o marcador.

Meteu un paso atrás a Esteirana ante o vendabal xalleiro. Braulio, Pastoriza, Fabián ata liña de fondo… repetían o guión da primeira metade, ata que Raúl facía o segundo. Intentouno o Castriz, con Alex Mourelle (volvía o capi tras moito tempo sen xogar) de Alexanco, que peiteiaba un balón para que Braulio recurtase, sen tempo para empatar.

”Somos o mellor equipo da liga neste momento pero non estamos tendo sorte”, asegura Miguel Chouza, o míster xalleiro.

Cabana - Muxía (1-4)

  • Cabana: Víctor (Diego), Aaron, Sergio Ferreiro, Raúl, Pablo (Ismael), Fernando, Sergio Antelo, Moreno (David), Simon (Cristian) Manuel, Raúl (Ruben).
  • Muxía: Joselu, Rui, Michael, Gusa, Congui, Julián, Edu Castreje, Isma Márquez, Mauro Romaní, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Hugo, Peski, Javi Rey, Ángel e Xan Nogueira.
  • Goles: 0-1, m.18: Fran Moreira; 0-2, m.44: Fran Moreira; 0-3, m.53: Michael; 0-4, m.80: Fran Moreira; 1-4, m.85: Sergio.

Cabana Muxia nas Redondas

Todo empezou torcido para Cabana que vía como se lesionada Cacha no quencemento. Ademais, o Muxía saíu moi metido e pronto se adiantaba tras unha xogada na que Fran Moreira aproveita un rexeite para abrir o marcador. O Cabana meteuse de cheo no partido e acumulou vairas ocasións, como unha de Manu de Borneiro que falla no remate e de Aarón, pero Joselu salva moi ben no man a man.

Xa no segundo tempo o Muxia aproveitaba unha mala saída de balón para poñer o 0-2. Os locais perderon a Raúl Corzon e Moreno por lesión pero seguirían intentado e creando perigo pero as contras do Muxia sentenciaron o partido, cun 1-4 xusto. O cuarto, de bela factura, cun Manu Nogueira que fai a mellor xogada do partido, regatea a tres rivais e ó porteiro e cede para que Fran Moreira remate a placer e firme un triplete.

 

Permanencia A, xornada 2

Nantón - Camariñas (0-2)

  • Nantón: Guillermo, Gavín, MIcael, Pablo, Diego, Martín, Manuel, Redondo, Pastor, Silva e Josiño. Tamén: Fuentes, Alberto, Javi, Juan e Amado.
  • Camariñas: Pablo Novo, Barreiro (Chocolate), Roi (Manuel), Rodrigo, Pablo, Oliver, Moriño, Carlos (Miki), Hugo (Víctor), Nazo, Mario.
  • Goles: 0-1, m.65: Nazo; 0-2, m.75: Roi de penalti ao panenka.

Segue gañando o Camariñas, e iso que tardou en adaptarse ao céspede das Fontiñas ante un Nantón que non está tendo sorte. Tardaban en chegar as ocasións nun primeiro tempo de dominio local.

Na segunda, estiráronse os visitantes, puñeron unha marcha máis e así chegaba o gol de Nazo. Un gol que tranquilizou aos camariñáns, que souberon frear o partido e sentenciar tras un penalti cometido sobre Mario que non perdoa Roi. Aínda o intentou o Nantón, que puido recurtar.

Nanton na Casa
Derrota do Nantón na casa-Foto: CD

Cerqueda - Baíñas (4-1)

  • Cerqueda: Óscar, Marcos Pensado, Dani Reixía, Javi Souto, Lorenzo, Gustavo, Eloy Boedo, Sergio, Manu Guillamet, Huber e Iván Blanco. Tamén: Miguel, Abde, Julián, Alan e Juan.
  • Baíñas: Sergio, Maikol, Alonso, Iván Rojo, Adrián Canosa, Lucas, Cristian Hermida, Esteban, Raúl Antelo, Dylan, Carlos Antelo. Tamén: Carlos, Raúl e Jorge.
  • Goles: 1-0, m.17: Eloy Boedo; 2-0, m.18: Eloy Boedo; 2-1, m.54: Dylan; 3-1, m.83: Marcos Pensado; 4-1, m.88: Juan.

O acerto do Cerqueda púxolle en vantaxe nun inicio cheo de imprecisións en ambos equipos. Dominaba algo máis o equipo de Roski, pero os de Guillamet tiveron a sorte de cara e Eloy Boedo fixo dous goles en dous minutos. Quedaba ademais o cadro vimiancés con 10 pola expulsión de Sergio ao parar unha vaselina fóra da área. Aínda así foise arriba o cadro visitante, e forzou un penalti co que recortaría distancias.

Tiña o balón o Baíñas, pero non daba collido profundidade. Arriscou nos últimos minutos é a contra mataba o partido o eterno lateral esquerdo Marcos Pensado.

 

Permanencia B, xornada 2

Lira - Malpica (2-1)

  • Lira: Balayo, Cartamil, Elvis, Cristian, Ángel, Mamadou (Miguel), Añón, Juan (Oliver), Fran Periko (Xaquín), Michelo (Raúl), Dis (Sebas).
  • Malpica: Borja, Andi, Andy, Dimitri, Laik, Jordan, Mateo, Jairo, Jose, Aday e Martín.. Tamén: Alberto, Luís e Carlos.
  • Goles: 0-1, m.7: Laik; 1-1, m.55: Añón; 2-1, m.70: Dis.

Importante vitoria do Lira no que era unha final para os de Juan Rey. E iso que na primeira metade foron mellores os malpicáns, moi cómodos, sen pasar apuros e facendo o seu fútbol. Así se adiantaban nun córner metendo a ansiedade no cadro local.

Moveu Juan Rey o esquema na segunda, e saíron máis dominadores, chegando algunha vez á meta de Borja. Añón, empataba nunha xogada tras varios rexeites. A cousa seguía igualada, e pouco despois, nunha xogada de sorte, Dis aproveita un choque entre un defensa e o meta visitante para facer un gol da vitoria que vale ouro. Raúl e Oli puideron ampliar a vantaxe ante o desconcerto dos malpicáns.

Monte Louro - San Lorenzo (2-3)

  • Monte Louro: Alassane, Juan do Sivil, Juan Lois, Manu Chouza, Borja, Yeray, Riki, Xián, Piti, Íker, e Miguel. Tamén: Antón, Jose, Raúl, Dani e Abel.
  • San Lorenzo: Puyol, Raúl, Luci, Pablo, Diego, Alex Taibo, Ures, Eloy Ferreiro, Pablo Díaz, Brais Cancela e Arantón. Tamén: Joaquín, David, Alexis, Alberto e Dani Padín.
  • Goles: 0-1, m.50: Brais Cancela; 1-1, m.55: Íker no man a man; 2-1, m.65: Dani; 2-2, m.85: Luci ; 2-3, m.89: Joaquín tras un erro da defensa.

Freou o San Lorenzo en seco a un Monte Louro que viña forte nos últimos meses, e quedou moi fraco, con problemas na clasificación. Foi no que foi un bo partido dos loureáns, que agora parecen que andan xustos, e no último treito foi o San Lorenzo o máis listo.

O choque tivo alternativas no xogo e no marcador. Tras unha metade máis tensa, rompíase na segunda, e tralo gol inicial dos de Adolfo, respondían Íker e Dani para darlle a volta ao marcador.

Pero nos últimos minutos o San Lorenzo meteu atrás ao cadro local, cheo de medo, que viu como lle remontaban o choque e lle complican a vida no desconto.

Permanencia C, xornada 2

Zas - Cee (2-5)

  • Zas: Rubén, Nico, Adrián, Álvaro, Brais, Dani Mato, Jose, Iván, Darío, José Ángel e Marcos.
  • Cee: Maikel, Eze, Chema, Tomás, Adri Canosa, Champi, Ángel, Jose, Cristian, Bruno e Luís Lojo.
  • Goles: 0-1, m.15: Bruno; 0-2, m.18: Bruno; 0-3, m.25: Champi; 0-4, m.36: Champi; 0-5, m.41; Bruno; 1-5, m.46: Nico; 2-5, m.84: Dani Mato de penalti.

Deixou o choque sentenciado o Cee na primeira metade cun 0-5 con hat-trick de Bruno e doblete de Champi e ocasións para un resultado máis amplo. Na segunda, trala expulsiónd e Maikel o Zas apretou pero non foi quen de recuperar.
No bando zaseiro leusounose Darío, que foi ao Hospital e a cousa quedou en escordadura nivel 2.

Buño - Outes (0-2)

  • Xurxo, Jose, Jorge Calvete, Fran, Luismi, Nacho Moreno, Elías, Elou, Brais Ceán, Juan Antelo e Bastón. Tamén: Ángel, Omar, Pablo Martínez e Adrián pose.
  • Outes: Alex, Jura, Chia, Babu, Chaki, Estefan, Martín, Capelo, Iván, Aarón e Simón.
  • Goles: 0-1, m.81: Martín; 0-2, m.85: Chía.

Apretou o Buño no inicio do partido, ante un Outes que non se conseguía sentir cómodo, pero nunha primeira metade sen ocasións. Axustou Miguel Ramos na segunda, e o cadro da Serra estivo mellor na segunda, tendo ocasións e sentenciando no treito final.

Novas relacionadas

Máis info

Comentarios