Venres. 26.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: A Esteirana aproveita os derbis para escapar

Ambientazo en Arlina para o derbi Muxia e Camarinas
Ambientazo en Arliña para o derbi entre Muxía e Camariñas
2ª Galicia: A Esteirana aproveita os derbis para escapar

Dous derbis se vivían no sur da Liga da Costa, que deixan á Esteirana máis líder. Os de Geno vencían ao Muros (suman 8 vitorias en outros tantos partidos, con 29 goles a favor e só 2 en contra) e aproveitaron que o Muxía freaba ao Camariñas no derbi de Arliña. Fermosa está precisamente a loita polas 2ª e 3ª praza, con precisamente Camariñas, Muxía e Muros metidos aí, con permiso de Baíñas e Outes que aínda se poden enganchar.

Polo Norte, o Coristanco non aproveitou o descanso do Cabana e caía ante o pechacancelas, un Zas que sumaba a súa primeira vitoria do curso. Si o fixo o San Lorenzo que se coloca na 3ª praza tralo empate entre Cerqueda e Castriz. O Malpica métese aí, nesa loita pola 3ª praza.  

Gr. 1A, xornada 11

Cee - Baíñas (1-2)

  • Cee: Maikel, Tománs, Iago, Ángel, Josño, Chema, Álex Bujeiro, Adrián Canosa, Luís Lojo, Bruno e Cristian. Tamén: Xacobe, Juan Oreiro, Anxo, Diego e Julo Regueiro.
  • Baíñas: Sergio, Rodrigo, Maikol, Hermida, Chicote, Oreiro, Cristian, Adrian, Lucas, Ruli e Charlie. Tamen xogou: Raúl.
  • Goles: 0-1, m.42: Oreiro; 0-2, m.65: Ruli; 1-2, m.78: Álex Bujeiro; 1-3, m.85: Charlie.

Partido moi igualado na primeira parte onde os de Roski puideron meterse por diante no último suspiro cunha gran xogada de Ruli que aproveita Oreiro para marcar. Fixo dano ese tanto nos ceenses.

Na segunda, o cadro de Roski, que está comezando a coller ritmo, formularon a segunda para non complicarse, controlando, medindo e saíndo cando era posible. Unha boa internada de Ruli acaba no 0-2, que parecía que sentenciaba pero o Cee non se deu por vencido e recurtou. Puido caer o empate aí, ata que Charlie, que fixo un moi bo partido, marcou o 3-1 para matar o choque.

Muxía - Camariñas (2-0)

  • Muxía: Hugo, Rui, Michael, Gusa, Congui; Víctor Alcaina, Julián, Isma Márquez, Manu Romaní, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Pablo Vilela, Javi Rey, Fabián, Xan Nogueira e Abel.
  • Camariñas: Pablo, Soule, Moriño, Chocolate, Pablo Rey, Fran, Roi, Saviola, Mario Suárez, Djibril e Oliver. Tamén: Rodri, Miki Pose, Hugo e
  • Goles: 1-0, m.22: Michael; 2-0, m.76: Fran Moreira.

muxia-camarinas copia

Triunfo xusto do Muxía no derbi da ría, nun campo de Arliña que estreaba caperuza na bancada despois de meses descabezada. Foi un fermoso partido deses que gustan xogar, con moita xente no campo, rivalidade, bo tempo… Foi o Muxía de Diego Lobelos o que controlou os tempos, combinando ben dende o principio. Se Manu tvo a primeira, Fran e Isma avisaron pero era Michael Vilela, o gran capitán, o que desfixo a igualada tras un córner. Puido chegar algún máis na primeira pero o marcador non se movería.

No segundo tempo, o Camariñas mellorou pero sin ter ocasións claras. Non lle saían as cousas aos do outro lado da ría. Fran e Manu tiveron o segundo en varias ocasións, e na que parecía menos clara, Fran Moreira anota o segundo tras un regalo da defensa camariñá, practicamente sentenciando o choque.

Muxia-Camarinas 3muxia-camarinas-Foto-Jose Campana copia 2
Foto de Jose Campaña

Muros - Esteirana (1-3)

  • Muros: Xandre, Isma, Ivo, Jurjo, Fran; Xaco, Varo; Ivi, Nimo, Thiago, Xavi, Alon. Tamén xogaron: Flavio, Festo, Ra, Ángel e Berni Chinana.
  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobío, Dani París, Álex Rama, Oli, Pablo Rama, Raúl, Elías. Tamén: Adrián, Pachi, Carajillo e Farinós.
  • Goles: 0-1, m.22: Raúl; 0-2, m.25: Álex Rama; 1-2, m.44: Varo; 1-3, m.52: Pablo Rama.

Muros-Esteirana

Outro dos derbis da semana que volve levar o poderoso Esteirana. Comezou, así e todo, o Muros moi ben prantado, solventando atrás con varias intervencións de Xandre. Pero en 3 minutos chegaban os goles de Raúl e Álex Rama. Sentaron fatal no cadro de Candamo, que cedeu o balón e non puido reaccionar ata que, ao fío do descanso, Varo marcaba un gol olímpico que os metía de novo no partido.

Arrincou ben a segunda metade o Muros, pero apenas transcorridos 5 minutos, Pablo Rama facía o terceiro baixando as espectativas dos locais. O partido rematou máis frouxo de intensidade cunha Esteirana máis dominadora aínda.

esteirana celebrando o derbi

Monte Louro - Outes (0-0)

  • Monte Louro: Alassane Buffon, Antón Vidal, Pablo Vidal, Borja, Manolo Chousa, Xián, Riki, Juan Lois e Miguel, Raúl e Piti. Tamén: Geiko, Dani, Hugo, Abel.
  • Outes: Álex, Chía, Kevin, Chaki, Jura, Estefan, Martín, Babu, Eloy, Fran e Ryan.

Monte Louro-Outes-Foto-Edu Olveira 2
Raúl e Jura -Foto. Edu Olveira

Moitos nervios nun choque nos que os de Bibi necesitaban unha derrota para saír de abaixo, e os de Miguel Ramos, aínda con moitas baixas, necesitaban romper a serie de 4 derrotas seguidas Foi un partido moi igualado no que o máis destacado foi o debut da nova fichaxe loureá, o porteiro senegalés Alassane Buffon, procedente de Boiro, que permite ademais que Piti colla o relevo no ataque. Vai dar que falar Alassane, de feito, o mellor do partido, xa.

Alassane porteiro do Monte Louro-Foto-Edu Olveira
Alassane, o novo porteiro do Monte Louro-Foto-Edu Olveira

Comezaron dominando os locais, e chegando cun balón Xián ao pau, e un par de remates de Raúl. Pouco a pouco foron meténdose arriba os da Serra pero se atopaban unha e outra vez co muro senegalés.

Na segunda, baixón físico nos dous equipos, cun par de ocasións por bando, como outra de Xián e un posible penalti sobre Raúl, pero a verdade é que ningún mereceu a vitoria.

Monte Louro-Outes-Foto-Edu Olveira Piti
Piti aínda non comezou a marcar... pero non tardará. Foto- Edu Olveira

Gr. 1B, xornada 11

San Lorenzo - Buño (2-0)

  • San Lorenzo: Puyol; Ures, Mateo, Lucho, Fidi; Kuki, Garrido, Ferreiro, Eloy; Brais e Diego: Tamén xogaron: Padín, Taibo, Alexis e Raúl.
  • Buño: Xurxo, Adri Pose, Jose, Jorge Calvete, Miguel Dourado, Diego Ferreiro, Fran, Omar, Luismi, Yago, Sergio Bastón. Tamén: Ángel, Juan Antelo, Elías e Íker.
  • Goles: 1-0, m.32: Brais Cancela; 2-0, m.81: Raúl.

Dende o primeiro minuto amosouse o cadro de Adolfo máis forte, a pesar que o Buño de Carabel viña de conseguir a súa segunda vitoria. Pero o meta oleirense, Xurxo, estivo moi acertado e impediu que os locais non se adiantaran ata a media hora.
A segunda metade foi igualada e o Buño defendía ben pero non chegaba a crear demasiado perigo. Así e todo estivo dentro do partido ata que Raúl sentenciaba preto do final.

Nantón - Malpica (0-2)

  • Nantón: Guillermo, Diego Bello, Eloy Moreira, Pablo, Fariña, Martín, Gavin, Redondo, Iván Moreira, Juan e Josiño. Tamén; Pablo Fuentes, Muíño, Fran, Pastor e Alberto Fuentes.
  • Malpica: Damián, Jordan, Andy, Roberto Mol, Esteban Mariño, Jairo, Esmorís, Alberto Hombre, Aday e Iván. Tamén: Borja, Aitor, Dimitri Bolón, Laik e Andi.
  • Goles: 0-1, m.20: Aday; 0-2, m.60: Alberto Hombre.

Foi máis efectivo o Malpica de Gurita que levou o choque nas Fontiñas ante un equipo de Carlos Vidal, que estivo moi mal cara gol. De feito, Iván Moreira xa mandaba ao pau aos 3 minutos; Juan no acertaba no man a man aos 10, e Josiño lanzaba alto aos 15. Aí chegaba o tanto de Aday rtas outra boa xogada dos malpicáns, que provocou que os locais se viñeran abaixo e chegasen os mellores minutos dos visitantes.

Na segunda, o Nantón intentábao, pero Damián rexeitaba os tiros de Redondo e Pastor. Non fallaba Alberto Hombre na outra área facendo o segundo e demostrando que o máis acertado cara gol levaba os puntos.

Cerqueda - Castriz (1-1)

  • Cerqueda: Miguel, Dani Reixía, Marcos Pensado, Javi Souto, Sergio, Breo, Iván, Manu Guillamet, Gustavo, Hugo, Julián. Tamén: Héctor, Breo Rey, Jonatan Rial e Aarón.
  • Castriz: David Gerpe (p); Saúl Proupín, Ramón, Alex Forján; Martín Gemelo, Adrián García, Anxo, Mata, Fabián; Iván Pastoriza, Noly. Tamén: Alvarito (p), Kevin Varela, Guillín, Sergio da Mata, Samuel (lesionado).
  • Goles: 0-1, m.44: Noli tras xogada de Adrián García; 1-1, m.45: Manu Guillamet.

Volvía o Castriz a competición tras mes e medio de parón. E fíxoo nun partido sen demasiado que ver, cun cadro de Miguel Chouza controlando o balón, pero custándolle crear xogo e ocasións ante un equipo moi ben prantado.

Foi acabando a primeira metade cando o Castriz abría a lata, pero de contado empataba Manu Guillamet. Así, a segunda metade pouco cambiou, con pouco xogo, e poucas ocasións.

Zas - Coristanco (1-0)

  • Zas: Pereiras, Pepe (Hugo, m.80), Maikel, Marcos, Adri, Dani (Xabi, m.90), Álvaro (Nilo, m.67), Iván (Unay, m.88), Brais e Darío (Ángel, m.77).
  • Coristanco: Rubén, Jonathan, Belar (Rubén, m.57), Lagoa, Mario, Damián (Dani, m.79), Castiñeiras, Adrián (Abelenda, m.22), Corral, Lorenzo e Kevi (Gonzalo, m.57).
  • Goles: 1-0, m.46: Dani de tiro dende a frontal.

Zas-Coristanco-Foto-Sporting Zas

Primeira vitoria dun necesitado Sporting Zas ante un Coristanco que saía dende o inicio polos 3 puntos. Pero atouse cun Zas moi ben posicionado, que soubo conter os ataques dos de Juni, que buscaba chegar con tiros lonxanos. Os zaseiros vían como o colexaido lle anulaba un tanto a Brais por fóra de xogo.

Nada máis empezar a segunda nun saque de banda e nun rexeite, marcaba Dani dende a frontal. A partir de aí, os visitantes encerraban aos locais no seu campo, ante un Zas que aguantou como puido as embestidas, deixando por primeira vez este ano a meta a cero, cunha defensa moi pechada e un par de boas intervencións de Pereiras.

Queda pendente o partido do recurso do Coristanco, que vai solicitar aliñación indevida dun xuvenil zaseiro que, segundo os locais, cumpría a sanción por expulsión na xornada do sábado na súa categoría.

 Zas-Coristanco-Foto-Sporting Zas 1+
Fotos do Sporting Zas

Resultados e clasificación en futboldacosta.com.

Máis Crónicas da 2ª Galicia.

Repaso aos Pichichis das Ligas da Costa

Comentarios