Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un repaso ás e ós pichichis do #FútboldaCosta

Sergio Barbeira co Xallas B ante o Pereirina
O pichichi da 3ª é Sergio Barbeira, do Xallas B, nun choque ante o At. Pereiriña. Foto: At. Pereiriña
Un repaso ás e ós pichichis do #FútboldaCosta

Unha vez rebasado o ecuador da primeira fase, e pensando xa nos balóns de olería da Gala do Fútbol da Costa 2021/2022, facemos un balance sobre como están as táboas dos pichichis nas ligas sénior costeiras.

Preferente

Pouco que rascar, o primeiro que aparece é Julián López, xogador do Fisterra, con 4 tantos, lonxe do pichichi da categoría, David Pereiro (O Pino), que ten 7 goles, polos 6 de Iago Blanco (Arteixo).
Máis abaixo na táboa, aparecen o medio Aarón López (Fisterra) e o atacante Capelo (Fisterra), ademais de Stefan (Xallas) contan 3 tantos cada un.

1ª Galicia

Pesco ante o Soneira-Foto-Adriana Fdez.
Pesco é o máximo goleador costeiro da 1ª. Foto: Adriana Fdez.

As longas baixas de MC e Alejo, nótase na parte alta da táboa da 1ª costeira, onde atopamos ao xogador do Belvís, Cristian Liñares, con 9 puntos. O máximo goleador costeiro, agora mesmo, é Pesco (Volantes), con 7 goles en 10 partidos, tralos dous anotados en Corme. O eterno muradán está a un só gol de Berto (Negreira), un dos eternos pichichis da zona que tamén xogou no Volantes, e Denis (Tordoia), outros dos grandes xogadores da categoría que ten xogado no Ordes en 3ª División e que agora deleita aos afeccionados da súa parroquia ás ordes de Dani Calvete.
Darío Capelo (Dumbría) leva 6 tantos en 9 partidos, os mesmos de Sandelo (Mazaricos); Alejo (Corme), 5 tantos en 7 partidos; e Kevin (Mazaricos), con 5 goles en 10 partidos.

Con 4 tamén aparecen Toni (Volantes), Paco (Baio) e Braian (Baio), e con 3 xa vai subindo MC (Baio), acompañado por Javi Souto (Soneira), Marquitos (Mazaricos), Lucas (Corme), Pablo Paz (Dumbría), Mario (Dumbría) e Alex (Volantes). Ollo co esteirán Kike que xa leva dous na súa volta aos campos co cadro laranxa.

Cómpre sinalar que no grupo 2A da 1ª hai dous nomes destacados: Borja Casal (Lalín) con 11 goles e Jonathan Vieites (Cordeiro) con 9.

2ª Galicia

Manuel romero cabana
Manuel Romero. Foto: Cabana SD

Manuel Romero (Cabana) é o nome destacado da Liga da Costa. Aproveitando a liña espectacular do seu equipo na zona norte (35 goles en 9 xornadas), o cabanés leva 12 goles en apenas 6 partidos, segundo a RFGF, que son, en realidade, segundo o club, 13 tantos en 8 partidos.

A 5 goles de distancia, con 7, aparecen o camariñán de Arou Fran Moreira (Muxía), e o muradán Xavi (Muros).
Con 6 temos a Roberto Solís (Outes) no sur e a Iago Torres (Zas) no norte.
Con 5, só o soldado do exército de aire Cristian Méndez (Cerqueda).
Con 4 temos varios: No sur Cristian Canosa (Baíñas), Raúl e Carajillo (Esteirana, cifra que dá conta do repartidos que teñen os seus 26 goles os líderes do gr.1ª, o segundo equipo máis goleador da categoría tralo Cabana), e o eterno liracho Fran Perico. Polo norte, Josiño (Nantón) e Jose Pazos (Coristanco).

3ª Galicia

Martin Carrabete Pichichi do Laxe
Martín Carrabete. Foto: SD Laxe

O pichichi da 3ª costeira é, cando faltan 6 xornada para o remate da Liga regular, Sergio Barbeira (Xallas B). O xalleiro leva 12 tantos en 9 partidos. Con 12 goles tamén (fáltalle actualizar á RFGF o tanto realizado ao Castrelo que non foi apuntado correctamente no seu día), pero en 10 partidos, está Martín Carrabete (Laxe), polos 10 de Sergio Cancela (Seaia) e de Alan (Porteño).

Tamén aparecen na parte alta os dous xogadores do Oza, David LP e Jesús, con 7 tantos cada un, os mesmos que César Lójo (Corcubión). Con 6, Martín (Porteño) e con 5 outra serie de xogadores: Carlos Blanco (Pereiriña), Iago Lema (Corcubión), Mario Suárez (Corcubión), Bieito (Laxe) e Nando (Xallas B).
Con 4: Felipe (Camelle), Joseba (Porteño), David Camariñas (Camelle), Pace (Oza) e Álex López (Oza).

Futfem

Bergantinos fem Cruz Sanchez

O cromo de Cruz do Álbum Futfem Galego

Con 8 tantos en 9 partidos atopamos á Cruz, a dianteira do Bergantiños, a só un gol da pichichi da 1ª División Feminina, a xogadora do Val, Noemí (que suma 10 tantos en 11 partidos). Lara e Marián son as seguintes carballesas en aparecer na lista, xa con 3 tantos.

Na 2ª División Galega, as primeiras costeiras en aparecer na lista de goleadoras son Lucía Canosa (Cee), Xastia (Xallas) e Paula Veiga (Cerqueda), as 3 con 7 tantos. Lonxe queda Adriana (Noia) con 13, e Violeta (Calo), 12.
Por aí tamén aparecen Yasmina (Xallas) e Naroa (Cerqueda) con 5 tantos.

Paula Veiga capi do Cerqueda Feminino
Paula Veiga, a capi do Cerqueda. Foto: UD Cerqueda

Comentarios