Xoves. 28.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: Mazaricos e Corme poñen á directa

11 inicial Mazaricos ante o Monte Louro
11 inicial Mazaricos ante o Monte Louro
2ª Galicia: Mazaricos e Corme poñen á directa

O Mazaricos e o Corme despéganse dos seus máximos perseguidores logo de que os amarelos goleasen ao Monte Louro e de que os cormeláns vencesen a un rival directo como é o Muxía.

Dous dos que veñen por detrás como son Ponteceso e Baíñas empataron sen goles nun encontro no que os porteiros foron os grandes protagonistas. E o Volantes de Baño segue coa súa particular escalada para colocarse nese trío perseguidor xa cos mesmos puntos ca muxiáns e pontecesáns, logo da contundente vitoria ante o Lira.

Na chamada “outra liga”, o Cerqueda empatou a cero co rei da igualada da categoría, que unha tempada máis, é o Buño. Mentres que o San Lorenzo e o Malpica collen unha cómoda vantaxe sobre os postos de perigo logo de superar a un desahuciado Ameixenda e ao Sporting Zas, respectivamente.

No duelo de necesitados desta xornada, o Muros superou ao Cee pola mínima cun gol in extremis dun Yanky que está a ser decisivo para os seus dende a súa volta ao clube muradán.

Corme CF 2 – 0 Muxía CF

Corme-Muxia

Corme CF: Suso, Jesús, Pandi, Eloy, Manu Bermúdez (Samuel m.67)(Brais Andrade m.83), Adrián Doldán (Ángel m.89), Alejo, Lucas, Alejandro, Toniño (Javi Bermúdez m.94), Javi Peón (Brais Torrado m.59).

Muxía CF: Hugo, Michael (Víctor Alcaina m.46), Brais, Congui, Pereira, Julián (Mario m.61), Manu Nogueira, Maikel, Isma Pose (Toja m.65), Tomás (Gora m.76) e Mauro.

Goles: 1-0 m.63: Alejo; 2-0 m.81: Alejo.

O Muxía dominou o encontro no primeiro acto e foi capaz de maniatar a un Corme que apenas foi quen de chegar á área rival. Mentres tanto, os da vila da Barca tiveron varias oportunidades pero encontráronse coas paradas de Suso e cun Javi Peón que salvaría o gol sobre a mesma liña de gol noutra ocasión

Os muxiáns mereceron levar un resultado a favor ao descanso, pero desta vez o fútbol non foi xusto cos homes de Adrián Lema.

Na reanudación, o Muxía perdía a un home importante como é Michael por lesión e o Corme daría un paso adiante para mover o balón con máis claridade.

A pesares disto, non había un claro dominador, aínda que nun mal despexe de Hugo que bate en Alejo, o killer cormelán adiantaba aos seus. Tras isto, o Corme veuse arriba pero o Muxía non se daría por vencido, aínda que no minuto 81, vería como de novo, Alejo vía portería logo dun bo servizo de Toniño para poñer o 2-0 co que se chegaba ao remate do encontro.

Ponteceso SD 0 – 0 CD Baíñas

Ponteceso SD: Brais, Matías, Eloy Trigo, Nando, Recarey, Iván, Ismail, Iago (Puente m.60), Aday (Dani Cotelo m.46), Luca, Eloy Álvarez (Charro m.46).

11 inicial do Ponteceso ante o Baíñas

CD Baíñas: Paulo, Naya, Ramón, Luis, Mayor, Pablo Muíño, Felipe (Esteban Rodríguez m.75), Javi (Esteban Canosa m.46), Oreiro, Toño, Capote (Cristian Canosa m.70).

11 inicial do Baíñas en Ponteceso

Nos prolegómenos do encontro ambos equipos fixéronlle o pasillo aos alevíns do Ponteceso que coa vitoria lograda na mañá do domingo acadaron o título de liga por segundo ano consecutivo e tamén se gardaría un minuto de silencio polo pasamento dun familiar dun xogador do clube pontecesán.

No meramente deportivo, encontro moi disputado entre ambos equipos onde volveron a sobresaír os gardametas, Brais e Paulo, facendo un partidazo e deleitando aos espectadores coas súas paradas.

Na primeira metade, moito xogo no mediocampo sen apenas ocasións agás un centro dende a banda que Javi Souto que trataría de controlar Pablo Muíño pero escapariasalle. E outro tiro do propio Pablo Muiño dende a frontal que para ben Brais.

Tras isto, o partido continuaría igualado e dando por bo o empate, chegando o tempo de lecer.

Á volta dos vestiarios, os cambios do Ponteceso notáronse xa que lle deron máis fluidez no campo aos seus. Comezaron a chegar as oportunidades tanto por parte local como por parte visitante.

Xa no comezo, Charro encontraría a Paulo cunha boa parada nun tiro diagonal tras unha boa xogada. E logo sería Pablo Muiño cun remate ao que respondería con outro paradón Brais.

Deseguido, o balón pasaría a rentes do pau esquerdo de Paulo nun centro de Charro cabeceado por Luca. E tras isto, chegarían tres ocasións seguidas de Pablo Muiño e Brais en sendas paradas convirtiríase nun dos protagonistas da tarde.

No tramo final, Matías, Recarey e Charro terían as últimas pero o marcador non se movería e habería reparto de puntos no Pinguel.

CD Muros 3 – 2 UC Cee

CD Muros: Xandre, Varo, Pedro, Dani, Juanchy, Xaco, Siaba (Berni m.65), Saúl (Suso Pata m.85), Xavi (Ramón m.27), Yanky (Xandre Costids m.91), Adán (Gael m.75).

UC Cee: Maikel (Luis Lojo m.31), Jorgito, Pablo, Leo (Xulián m.63), Carlos Leis, Martín, Javi, Iván (Fran m.85), Chema, Aitor, Brais (José A. m.54).

Goles: 1-0 m.8: Yanky; 1-1 m.67: Javi; 2-1 m.73: Xaco; 2-2 m.87: Javi; 3-2 m.90: Yanky.

Partido no que os ambos equipos precisaban a vitoria para saír da zona baixa da clasificación, pero o primeiro en golpear sería o Muros á saída dun córner que materializaría Yanky.

No minuto 27, un choque entre Xavi e Maikel fixo que ambos se tivesen que retirar do terreo de xogo, véndose obrigado a ocupar a portería ceense Aitor. E co 1-0 chegaríase ao descanso.

Na segunda parte, Aitor sería protagonista. Primeiro, salvaría in extremis un cabezazo de Saúl tras un pase da morte e pouco despois faría unha boa intervención de mérito para deterlle un penalti a Juanchy.

E do posible 2-0 pasaríase ao 1-1 despois de que Javi superase a Xandre. Pero pouco lle duraría a alegría aos ceenses, xa que tan só seis minutos despois, Xaco volvía a poñer por diante aos seus.

Xa no tramo final, un cabezazo do ceense Javi supoñería o 2-2 pero co partido tocando ao seu fin, aparecería de novo Yanky para facer o definitivo 3-2 cun remate cruzado ante Aitor co que desataría o delirio na bancada local.

UD Cerqueda 0 – 0 Buño SCD

UD Cerqueda-Buño SCD

UD Cerqueda: Diego Dourado, Atu, Javi Souto, Javi Pazos (David Dourado m.84), Manu Guillamet (Martín Castro m.72), Dieguito, Cholo (Míchel m.55), Lorenzo, Ceide (Martín Añón m.70), Dani, Molinos (Méndez m.60).

Buño SCD: Brais, David (Cristian m.78), Jorge Calvete, Petís, Fran, Borja, Álex, Alberto (Amadou m.61), Yamouhamed, Matías e Pablo.

Expulsións: Os locais Atu no minuto 57, Dieguito no 96, Martín Castro no 98 e o adestrador Raúl Periscal xa co partido rematado.

Un derbi con dous equipos moi tensionados e respectándose moito. A pesares disto, o Cerqueda levou o control do partido en todo momento e o Buño buscaba recuperar para saír en velocidade por bandas á contra.

Sen ocasions de gol para ningún lado, moita posesión esteril e proba clara dilo foi que os porteiros só detiveron algún balón colgado á área.

Nos minutos finais, houbo varios expulsados do Cerqueda, o que fixo que o Buño atacase máis pero sen excesivo perigo.

Lira CF 0 – 5 Volantes de Baño FC

Lira CF: Baitir, Óscar, Gaby da Anchoa (Manu m.56), Óliver, Mamadou, Cristian Caamaño, Demetrio (Fran m.52), Borja, Raúl (Porto m.80), Toni e Danis.

Volantes de Baño FC: Javira (Marcos m.84), Juan do Sivil (Godo m.58), Thiago, Cajulo (Tiko m.74), Pesco, Iván, Berto (Raúl m.78), Jano, Miguel (Santi m.74) e Álex Pri.

Goles: 0-1 m.18: Berto; 0-2 m.19: Pesco (p); 0-3 m.34: Berto; 0-4 m.61: Berto; 0-5 m.75: Rachón.

Partido que o Volantes de Baño soubo solventar a base dun bo traballo defensivo e transicions rapidas.

Xa na primeira metade, os goles de Pesco e Berto por partida dobre, fixeron que os de Baño lograsen deixar o encontro moi de cara para os seus intereses co 0-3 que reflexaba o marcador.

No que respecta á reanudación, Berto e Rachón completaron a goleada dun Volantes de Baño que segue á alza.

SD Ameixenda 1 – 5 SD San Lorenzo

O Ameixenda coa pancarta de apoio a Andrés ante o San Lorenzo

SD Ameixenda: Bicho, Kamacho (Saulo m.46), Bruno (Sergio m.28), Bichiño, Samuel, Mataso (Gabriel m.68), Po, Yago, Susiño, Tomás e Javichu.

SD San Lorenzo: Benjamín (Rubén m.75), Fidalgo, Luciano, Kuki (David Lorenzo m.46), Jose, Brais, Ures, Pablo Garrido (Mario m.61), Yago (Alberto m.68), Juanjo, Pablo Díaz (Álex Fernández m.68).

Goles: 0-1 m.35: Pablo Díaz; 1-1 m.38: Sergio; 1-2 m.42: Brais (p); 1-3 m.59: Brais; 1-4 m.75: Juanjo; 1-5 m.83: Juanjo.

Pronto colleron os de Verdillo o mando do partido e aínda que o Ameixenda trataba de defenderse con orde, os de Pablo Mallón puideron adiantarse no marcador aos 7 minutos nunha falta que se estrelou no longueiro e tamén aos 16 minutos, cando Bicho tuvo que empregarse a fondo nun tiro dende fóra da area.

Eran os momentos nos que o San Lorenzo apretaba máis aínda a un Ameixenda que pouco a pouco buscaba algunha contra coa que poder levar a inquedanza á defensa visitante.

E posiblemente nos minutos de menos apuros foi cando Pablo Díaz aproveitou un rexeite dentro da área para marcar o 0-1 de tiro cruzado. Reaccionou ben o Ameixenda buscando o empate e no minuto 38, Kamacho sacaba unha falta dende a dereita e Sergio, adiantándose aos defensas metía o pé marcando o gol do empate.

Pouco durou a ledicia no Ameixenda xa que no 42 houbo un penalti, tan innecesario como xusto, que aproveitaría Brais para adiantar de novo aos seus, chegándose ao descanso con 1-2 no marcador.

Saíu mellor o Ameixenda no segundo tempo e aínda que non chegaba a ter ocasións claras de gol dominaba o xogo con certa comodidade.

E, precisamente cando parecía que podía chegar o empate, o San Lorenzo dispuxo dunha contra que finalizou cun tiro dende o borde a área grande no que Bicho fixo unha boa parada, pero o rexeite chégoulle a un Brais que case sen oposición marcou o 1-3.

A partir de aí, xa o San Lorenzo se fixo o dono do partido, tendo alguha ocasión máis de gol. E chegaron dous máis que merecen ser destacados xa que foron dous auténticos golazos, ademáis marcados os dous por Juanjo. No cuarto dos verdilleses, Bicho saíu da área e despexou á banda onde estaba un Juanjo que sen parar o balón tirou unha volea moi alta que entrou a rentes do longueiro. E no 83, o propio Juanjo enganchou un disparo dende 45 metros e Bicho, un pouco adiantado non puido evitar o gol que supuxo o definitivo 1-5 que lle deu unha xusta vitoria ao San Lorenzo aínda que o Ameixenda non mereceu, sobre todo polo segundo tempo, un marcador tan abultado.

Sporting Zas 0 – 2 SCD Malpica

Sporting Zas - Malpica

Sporting Zas: Vázquez, Tefy (Rubén m.61), Pablo Vidal (Álvaro m.49), Josito (Christian m.66), Amado, Miguel, Juan (Lody m.34), Manu, Santi e Carra.

SCD Malpica: Eusebio, Mante, Belar, Cristian, Capelán, Laik, Andy (Roberto m.59), Migueliño, Jairo, Aitor, Marcos (Jorge m.75).

Goles: 0-1 m.14: Marcos; 0-2 m.17: Jairo.

Presentábanse en San Andrés dous equipos con numerosas baixas pero o Malpica soubo aproveitar que o Sporting Zas non saíu todo o enchufado que debería e con dous goles de Marcos no minuto 14 e Jairo no 17, os homes de Gurita resolverían un partido de urxencias.

Na segunda metade, os homes de Manolo Corredoira levaron a iniciativa con balón pero non lograrían inquedar a meta malpicana en ningún momento polo que os tres puntos marcharían para a vila da vida da Costa da Morte.

Mazaricos CF 4 – 0 UD Monte Louro

Mazaricos CF: Miguel, Cutu (Thiago m.48), Borja, Carreira, Mario, Piki (Amoedo m.78), Estéfano, Capelo (Barbeira m.52), Pereiro, Yago Dosil (Chiki m.76) e Pose.

UD Monte Louro: Fernando, Abel, David, Borja, Pablo, Adrián (Pedro m.46), Iker, Yeray, Gelo (Raúl m.68), Juan de Celia (Rama m.61) e Miguel.

11 inicial Monte Louro ante o Mazaricos

Goles: 1-0 m.4: Capelo; 2-0 m.9: Mario; 3-0 m.17: Capelo; 4-0 m.33: Capelo.

Expulsións: O mazaricán Pose no minuto 20 e o loureán Abel no 26.

O Mazaricos saltou ao terreo de xogo moi enchufado e xa no minuto 4, Capelo aproveitaría un bo pase de Pose para adiantar aos seus. E case sen tempo para respirar, Mario faría o segundo logo dun pase da morte dun Capelo que foi o gran protagonista do encontro.

Este gol deixaría bastante tocado a un Monte Louro que non reaccionaba e que vería como Capelo materializaba unha xogada combinativa para deixar o partido prácticamente visto para sentenza.

Tras isto, ambos equipos quedarían con dez homes polas expulsións de Pose e Abel. E Juan de Celia puido recortar diferenzas logo dun erro de Pereiro pero o 10 loureán remataría fóra ante Miguel.

Pasada á media hora de partido, Capelo completaba o seu particular hattrick logo dun pase de Estéfano, aínda que antes disto, o xogador xalleiro do Mazaricos xa tivera unha boa oportunidade para facer o 4-0 pero Fernando gañaríalle a partida dende os once metros.

Isto faría que a segunda metade fose un mero trámite, aínda que Estéfano puido facer o 5-0 pero o seu lanzamento dende o punto de penalti marcharíase por riba da portería visitante.

Comentarios