Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Muxía, a un paso da 2ª praza

Corme-Muxia_Foto-Fin Lema
Imaxe do Corme-Muxía. Foto-Fin Lema
2ª Galicia: O Muxía, a un paso da 2ª praza

Fermoso e tenso choque no Cairo na loita pola 2ª praza. O empate entre Corme e Muxía deixa a 2ª praza con ton vermello. O equipo de Leis e Lobelos (que xa confirmaron que deixan o club ao remate da campaña) suma 2 puntos de vantaxe e o golaveraxe, polo que un empate na casa ante o Cee o vindeiro domingo válelle para afianzar o segundo chanzo do podio.

Polo demais, a atención está na zona baixa, onde ademais dos 4 de abaixo (Oza e Cerqueda descenden de xeito directo; e Corcubión e Volantes teñen complicado safar dos arrastres), os equipos pelexan por evitar esa 12ª praza que pode traer consigo tamén un terceiro arrastre. Hoxe ocupa esa praza o Monte Louro, que non puido gañar ao campión na casa, e pelexará na última xornada co Coristanco por evitar ese posto que será dúbida ata final de temporada, e dependerá tamén se ascende ou Corme ou Muxía na promoción.

Cee, Ponteceso e Muros, coas súas vitorias, e Cabana co seu empate, conseguiron a salvación, nunha xornada na que a mención de honra é para Leo Picallo. O eterno pichichi do Cee pecha a súa carreira con máis de 500 goles en partidos oficiais na que sempre foi a súa casa, o Unión Club Cee.

Corme - Muxía (1-1)

  • Corme: Adrián, Jesús, Brais Pombo, Aitor, Borja Torrado, Miguel, Isra, Eloy Villar, Brais Pailos, Rubén e Alejo. Tamén: Lucas, Manu Bermúdez, Noel, Gabri, Hugo.
  • Muxía: Joselu, Michael, Congui, Pesqui, Maikel Mouzo, Mauro, Alex Martínez, Adrián Alcaina, Julián, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Anxo, Isma Mar´quez, Xan Nogueira e Kevin.
  • Goles: 1-0, m.57: Borja Torrado; 1-1, m.76: Maikel Mouzo.
Corme Muxia-Foto Fin Lema 2
Foto Fin Lema 

Tenso partido o vivido no Cairo, cunha primeira metade marcada polo vento e a chuvia, que non deixaba a ningún equipo ter posesións longas e si moitas imprecisións. O Corme estivo mellor pero sen grandes ocasións, tendo no xuvenil Borja o home máis acertado, antes do descanso. A máis clara dos muxiáns, de Michael Vilela pero o porteiro local lúcese con unha gran parada.

No segundo tempo, o Muxía estaba a favor de tempo, e foi tendo máis presenza en área contraria. Maikel facía un gol, anulado por falta en ataque, e na seguinte Borja fai o 1-0 a pase de Alejo, moi protestado polos muxiáns que vían falta en ataque.

Pouco despois, unha boa xogada de Mauro acaba no gol do empate de Maikel. No último treito, tivo o Muxía a vitoria, tras un penalto sobre Fran Moreira, que supuña ademais a expulsión de Aitor, pero Adrián paraba o penalti a Manu Nogueira. Seguiuno intentando un superior cadro muxián nese treito pero non acertou.

Corme-Muxia_Foto-Fin Lema 2

Oza - Muros (1-2)

  • Oza: Nacho, Alberto, Casais, Vilariño, Alex Martínez, Lavandeira, Dani Iglesias, Pace, Edu (Dani Mato), David LP e Nico.
  • Muros: Xandre; Pelos, Iván Cerilla, Gesto, Juanchi; Ra, Xaco; Varo, Jesús da Meca, Xavi e Alonso. Tamén xogaron: Fran e Álex Majorra.
  • Goles: 1-0, m.47: Nico; 1-1, m.71: Ra; 1-2, m.90: Pelos.

Fermoso partido, que puido caer de calquera lado, cun Oza que mandou moitos minutos, ata os 10 minutos. A primeira metade foi mais trabada, con poucas ocasións, na que o Oza foi de menos a máis e acabou facendo dano a balón parado con perigosos córners e saques de banda. Tivo que aparecer Xandre nun par de ocasións para que o marcador non se movese, se ben Alon tamén puido poñer por riba aos de Juan Porrúa.

Arrincou a segunda co tanto de Nico, pero pronto Edu sufría un forte golpe e tivo que ser substituído. A partir de aí o Muros envorcou o campo, con ocasións claras. Nun saque de falta Ra recolle o balón na area e fai o empate. Con moito tempo por diante o partido abriuse moito e volveuse un ida e volta, con ocasións nas dúas areas puidendo caer o choque de calquera lado. E caeu do lado muradán, cun saque de falta na que é Pelos o que marca deixando aos de Míchel sen premio a pesar do seu gran partido.

Volantes - Ponteceso (2-3)

  • Volantes: Alex de Yi, Alex Figueiras, Pais, Isma Mayo, Alex Fernández, Creo, Dani Alcalde, Manu de Yi, Pesco, Kevin e Borja. Tamén: Mamadou e Diego.
  • Ponteceso: Damián, Cote, Eloy Trigo, Juan, David, Mendieta, Pedro, Luca, Alberto Recarey, Isaac, Charro. Tamén: Álvaro, Hadrián, Iván Rey, Ángel e Martín Puente.
  • Goles: 0-1, m.23: Mendieta; 0-2, m.26: Charro; 1-2, m.60: Mamadou; 2-2, m.75: Pais; 2-3, m.82: Eloy Trigo.

Un Ponteceso en claro ascenso venceu en Muros ante un Volantes que está rematando a Liga en cuadro. Con só 13 chegaron os de Chicho ao partido, e así e todo comezaron apretando, cunha falta de Pesco á cruceta como mellor ocasión. Pero o Ponteceso tamén comezaba a atravesar liñas e en 3 minutos no ecuador do primeiro tempo dous clásicos como Mendieta e Charro abrían fenda no marcador.

Comezou moi enchufado o cadro laranxa na segunda, meténdose de cheo no partido. Mamadou remataba de cabeza e David Pais facía a igualada nun córner.

Comezaba un novo partido e no último suspiro, nun novo córner, o Ponteceso levaba o partido para os de Pablo Mallón e Julio Vila, que rematan a campaña como un equipo fiable.

Cabana - Castriz (3-3)

  • Cabana Víctor (Manuel), Aarón, Naka, Mario (Dani), Cristian (Javi), Fernando, Sergio Antelo, Sergio Ferreiro, Simón (Pablo), Miguel (Gabriel), Castro.
  • Castriz: Juanjo, Álvaro, samuel, Adrián García, Alex Mourelle, Ramón, Fran Calvo, Iván Facal, Martín Gemelo, Iván Pastoriza e Braulio. Tamén: Carlos, Noli, Alberto Mata e Sebas.
  • Goles: 1-0, m.6: Miguel; 2-0, m.14: Miguel; 2-1, m.18: Iván Facal; 2-2, m.41: Ramón; 3-2, m.72: Castro de penalti; 3-3, m.90: Iván Facal.

Comenzou intenso o Cabana, que chegaba mirando esa 12ª praza de esguello, ante un Castriz que cambiaron moito a forma de xogar, esperando máis atrás, e pagouno cun claro 2-0 en 15 minutos. Volveron ao plan de sempre os de Miguel Chouza, máis mandón, e nunha falta directa Iván Facal marca, e nun córner do mesmo remata Ramón ao empate.

Na segunda, comezou mellor o Castriz, con ocasións de Noli, Iván Pastoriza e Martín Gemelo. Tamén o Cabana tivo unha clara de Aarón que parou Juanjo, pero despois Castro non fallaba un penalti sobre Miguel. Parecía que remataba aí o partido. Pero no desconto, volvía aparecer Iván Facal, que están mantendo o equipo competitivo macaba outro golazo de falta da súa marca persoal para asinar o empate final.

Coristanco - Camariñas (0-2)

  • Coristanco: Rubén, Randy, Dani, Damián, Nico, Pazos, Kevin, R, Sergio, Rama e Casti. Tamén: Chechu, Villa e os cadetes Rodrigo e Benxamín.
  • Camariñas: Jorge, Brais, Roi, Oliver, Soule, Moriño, Saviola (Carlos), Hugo (Barreiro), Yuyo (Manuel), Mario (Víctor), Djibril.
  • Goles: 0-1, m.60: Soule; 0-2, m.67: Djibril.

Bo partido do equipo de Cabrejo e Faus, ante un Coristanco Juni que volveu acusar a falta de pegada. Saía mellor o cadro visitante, pero o cadro verde, cunha presión alta, conseguía ter 3 boas ocasións por medio de Casti, Rama e Randy, pero a defensa camariñá tamén estivo firme.

Aparecía ao comezo da segunda o meta Jorge para sacar unha man salvadora a tiro de Rama. Pero o Camariñas comezaba a facr dano polas bandas con Mario e Soule. E sería Djibril o que gañaba unha disputa nunha falta lateral para que na deixada de Roi marcase Soule o 0-1. Partido de ida e volta entón, con varias chegadas a gol, e o segundo de Djirbril. Desde isto, foi un querer e non poder por parte dos de Juni, sendo a máis clara un disparo dende fóra da área do debutante, con 15 anos, Rodrigo.

Monte Louro - San Lorenzo (0-2)

  • Monte Louro: Iago, Álvaro Fari, Miguel Verán, Pablo, Borja; Pardelo, Chano, Xián, Riki, Íker e Óscar Fari Tamén: Yeeray, Raúl, Manolo Chousa, Antón e Pesqui.
  • San Lorenzo: Benja, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Diego Varela, Mateo, David Villar, Juan Fuentes, Joaquín, Lucas e Iván Rojo. Tamén: Alberto Mato, Arantón, Alex Taibo, Andy e Jairo.
  • Goles: 0-1, m.42: Iván Rojo; 0-2, m.90: Iván Rojo.

Monte Louro-San Lorenzo-Foto-Edu Olveira

Tócalle sufrir ao Monte Louro, despois desta gran temporada, sufrir ata mesmo o remate da campaña. Os loureáns non puideron co poderoso campión, e estiveron moi nerviosos. O cadro de Dani Casal tiña o dominio do balón pero non podían facer dano. Só ao descanso, nun córner, Iván Rojo abría o marcador, facendo moito dano no seo dos de Bibi.

Saíron moi precipitados na segunda os locais, que non conseguiron combinar ben en ningún momento. Os muradáns intentárono con moita deixaban espazos e os de Verdillo tiveron ocasións pero non sentenciaron ata o desconto, co segundo dun Iván Rojo que supera agora a Isaac Fábregas na loita polo pichichi (26 para o carballés e 26 para o fisterrán do Cee).

Monte Louro-San Lorenzo-Foto-Edu Olveira 2

Corcubión - Outes (2-6)

  • Corcubión: Bruno, Antu, Nacho, Díaz, Castillo, Gorka, Tano, Marty, Ces, Rama e Iago Lema. Tamén Íker, Borja e Brais.
  • Outes: Ryan, Jura, Clau, Caamaño, Martín, Cutu; Chía, Veleiro, Babu, Roberto e Joao. Tamén: Yago, Nico, Stefan, e Manjelo.
  • Goles: 0-1, m.32: Veleiro; 0-2, m.41: Roberto; 1-2, m.42: César; 1-3, m.51: Roberto; 1-4, m.51: Roberto; 1-5, m.70: Joao; 1-6, m.80: Roberto; 2-6, m.86: Borja.

Partido sen moita historia, cun cadro de Nito que segue con moitas baixas e cas forzas moi xustas. César Lojo avisou primeiro, pero sería o Outes o que se poñería 0-2 mediado o primeiro tempo. César recortaría distancias antes do descanso. Na segunda, os locais xa moi curtos de forzas viron como o Outes ampliaba as diferenzas.

Cee - Cerqueda (7-0)

  • Cee: Maikel, Colombia, Juan Oreiro, Borja, Jose, Ruben, Pazos, Champi, Jose Manuel, Eze e Bruno. Tamén: Leo, Santos, Adrián Canosa e Pablo Lestón.
  • Cerqueda: Héctor, Adrián Verdez, Marcos Pensado, Dani Reixía, Andrés, Sergio, Lorenzo, Pedro, Miguel e Manu Guillamet. Tamén: Alan, Hugo, Gus, Christian Velo e Senén.
  • Goles: Bruno (4), Eze, Pazos e Champi un golazo.

Partido sen máis historia que a despedida de Leo do fútbol en activo. O pichichi saía na primeira metade e o míster o sacaba do campo nos últimos 5 minutos para recibir unha fermosa ovación.

No deportivo, o Cerqueda nunca tivo posibilidade de meterse no partido, e se Eze abría o marcador aos 10 minutos, ao descanso Burno xa fixera 3 tantos máis e Champi un auténtico golazo. Pazos e de novo Bruno completaban a goleada na segunda.

”Ano para olvidar”, recoñece Emilio Uzal, que con todo queda coas “cousas positivas como a mellora e evolución de chavales moi novos que no futuro darán que falar. É cuestión de paciencia e comezar a traballar na planificación da próxima temporada”, coméntanos.

MÁIS CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios