Xoves. 18.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Muxía e a súa xornada redonda; e a revolución dos de abaixo… na finde da Mikaela

Capis do Muxia e Muxia
Sebas e Michael co colexiado no Muxía-Castriz
2ª Galicia: O Muxía e a súa xornada redonda; e a revolución dos de abaixo… na finde da Mikaela
Complicado ter unha xornada máis propicia para o Muxía. Se cadra a Mikaela, a gran festa da mocidade bergantiñá tivo parte de culpa… Os 43 goles en 8 partidos tamén son unha boa definición do que provoca…

O Muxía vencía ao Castriz, que chegaba a Arliña un só punto por detrás, pero que quedaba con 10 demasiado pronto para competirlle o partido; e ademais gozaba vendo como o San Lorenzo e Corme se deixaban, sorpresivamente, os 3 puntos xogando na casa ante Outes e Volantes, dous equipos da zona baixa. Así, o cadro de Verdillo mantén o liderato, con 2 sobre o Corme e agora 5 sobre o Muxía. O cadro xalleiro fica a 4 dos muxiáns, nesa loita polas dúas prazas de promoción.

A zona baixa ademais sofre un shock, pois ademais das vitorias de muradáns e dos da Serra, venceron tamén o Cerqueda (dando outra sorpresa en Camariñas) e o pechacancelas Oza (ante un Corcubión que segue empeñado en meterse en líos), quedando a zona baixa máis apretada que nunca.

O choque da xornada, o 5-6 do Cee ante o Cabana. Un choque que provoca un envorco na táboa de goleadores, xa que os 4 do fisterrán do Cee Isaac Fábregas o volve colocar como pichichi, con 20 goles, polos 18 de Iván Rojo (que marcou 2 o do San Lorenzo), os 15 de Xián (Monte Louro) e os 14 de Djibril (Camariñas). O cabanés Manuel, pichichi do Fútbol da Costa o ano pasado, que marcaba 3, achégase á cabeza con 12 xa.

Cómpre sinalar un feito lamentable acontecido no Hermanas Patiño, segundo denuncia o Cerqueda, e se ben o Camariñas sinala que non é verdade. A familia cerquedá denuncia que un xogador venelozano recibiu un insulto dun xogador camariñán lle chamou “panchito de merda”. Un deses feitos que hai erradicar dos campos de fútbol, se ben dende o

Cee - Cabana (5-6)

  • Cee: Jorge, Colombia, Borja, Adri Canosa, Jose Lago, Anxo, Pablo Lestón, Eze, Isaac Fábregas, Jose e Bruno. Tamén: Juan Oreiro, Santos, Leo Picallo, Gabri, e Rubén.
  • Cabana: Diego, Aaron, Sergio Ferreiro, Naka, Dani (Cristian), Fernando, Sergio Antelo, Simón (David), Manuel (Pablo), Castro (Miguel).
  • Goles: 0-1, m.4: Manuel; 0-2, m.13: Manuel; 0-3, m.19: Manuel; 0-4, m.21: Simón; 0-5, m.33: en propia; 1-5, mm.40: Isaac Fábregas; 2-5, m.42: Isaac Fábregas; 3-5, m.44: Pablo Lestón; 3-6, m.70: Miguel de penalti; 4-6, m.88: Isaac Fábregas; 5-6, m.90: Isaac Fábregas de penalti.

Partido post-Mikaela con todo o que supón, poñendo patas arriba as defensas. Empezou durmindo o Cee e o Cabana golpeou cun 0-5, que parecía definitivo. Pero o Cee espertou antes do descanso e aproveitou a sesta do Cabana para colocarse 3-5 nos últimos 5 minutos da primeira metade.

Xa no segundo tempo partido, algo máis serio, o Cee seguía acechando a porta cabanesa con ritso dende lonxe, pero seguía habendo chegadas ás dúas porterías. Miguel forza un penalto e transforma, e volvía parecer que o partido quedaba sentenciado. Pero nada diso, o Cee seguiu remando e meteu o medio no corpo nos últimos minutos.

Muros - Ponteceso (2-1)

  • Muros: Xandre; Fran, Pelos, Gesto, Kin; Xaco, Ra; Varo; Isma, Xavi, Alon. Tamén xogaron: Jesús Esmorís, Jesús da Meca, Dani Jurjo, Iván Cerilla e Púgil.
  • Ponteceso: Damián, Cote, Eloy Trigo, Juan Rey, Jose, Angel, Pedro, Iván Rey, Alberto Recarey, Eloy Álvarez e Charro. Tamén: Álvaro, Raúl, David Castro, Hadrián, Barreiro.
  • Goles: 0-1, m.45: Charro de penalti; 1-1, m.77: Iván Cerilla; 2-1, m.82: Iván Cerilla de penalti.

Partido ao que chegaban os dous equipos empatados. Comezou moi ben o Muros, cun gran ritmo, metendo ao Ponteceso na súa área, con córners, saques de banda, ante un Ponteceso que non era quen de achicar o bote. Os de Juan Porrúa entraban moi ben por banda, tendo ocasións claras de Xavi, Pelos de cabeza ou Alon, que mandou ao longueiro.

A partir da media, os de Pablo Mallón empezou a combinar e chegar a área contraria, e xusto ao fío do descanso, despois da lesión de Eloy Álvarez, Charro transformaba un penalti, cometido sobre el mesmo, que case para Xandre, que volveu demostrar que é un dos mellores da liga. Aínda puido empatar o Muros noutra xogada no que o centro paséase por diante da porta de Damián.

Na segunda saíu forte o Ponteceso, que puido matar o partido, pero a partir do minuto 10 o xogo xa se disputou no campo visitante. Os cambios meteron máis ritmo aínda, e os muradáns tiveron moitas ocasións claras, ata que Iván Cerilla marcou xa por empuxe tras un pase de Pelos. O Ponteceso veuse abaixo fisicamente (moitas baixas nos de Mallón) e a base de insistir, marcou o capi de penalti. Co gol víronse coa vitoria os locais e viñéronse abaixo, e aínda o Ponteceso tivo algunha opción de chegar ao empate.

Así, gañou o que máis fixo cun penalti que se cadra non era claro.

San Lorenzo - Outes (3-4)

  • San Lorenzo: Puyol, Raúl, Lucho, David Villar, Pablo Garrido, Diego Varela, Alex Taibo, Joni, Arantón e Iván Rojo. Tamén: Diego Fidalgo, Dani Padín, Joaquín, Lucas, e Carlos.
  • Outes: Alex, Jura, Clau, Caamaño, Martín, Cutu; Chía, Babu, Capelo, Yago e Joao. Tamén: Priegue, Nico, Aarón e Estefan.
  • Goles: 1-0, m.7: Iván Rojo coa axuda dun defensa; 1-1, m.14: Martín nun córner; 2-1, m.20: Joni: 2-2, m.44: Capelo marca un golazo dende fóra; 3-2, m.61: Iván Rojo; 3-3, m.73: Capelo; 3-4, m.76: Priegue.
San Lorenzo-Outes
En todos os campos gardouse un minuto de silencio por Amancio

Unha das sorpresas da xornada deuse en Verdillo, onde a Mikaela puido facer mella nos carballeses. O cadro de Miguel Ramos formulou un partido moi serio, maniatando aos locais e mesmo chegando arriba. Así e todo nunha xogada na que un defensa marca en propia en presenza de Iván Rojo (o colexiado anotoullo ao pichichi) adiántase o cadro local. Non decaeu o Outes, que ata en 3 ocasións se viron por abaixo e conseguiu superar os seus medos e acabar remontando. Mesmo guión pouco despois, co gol de Joni e o empate de Capelo cun golazo antes do descanso.

Seguía igualada a cousa, e Iván Rojo volvía meter por diante aos seus nunha xogada na que a defensa visitante pedía fóra de xogo. Pero o Outes volveuno facer, e desta volta completando a remontada cos tantos de Capelo e Priegue. O partido estaba roto, co San Lorenzo envorcado, e o Outes lanzando contras como na que Aarón tivo o 5º, ou como na que o mesmo Priegue rematou un balón que aseguran que traspasou a liña pero o colexiado non concedeu o tanto.
Co tempo cumplido, Alex Pouso tivo que facer un auténtico paradón para salvar a vitoria.

Monte Louro - Coristanco (2-1)

Monte Louro - Coristanco-Foto-Edu Olveira 2

  • Monte Louro: Iago, Pablo, Manolo Chouza, Borja, Óscar Fari, Abel, Raúl, Álvaro Fari, Riki, Xián e Íker. Tamén: Antón, David, Pardelo, Chano e Miguel.
  • Coristanco: Rubén, Samu, Villa, Sergio, Hugo, Pazos, Dani, Kevin, Joni, Mario e Rama. Tamén: Javi Martínez, Javi Bermúdez, R e Benxamín (debut con 15 anos).
  • Goles: 1-0, m.3: Íker tras regatear ao porteiro; 2-0, m.17: Manolo Chouza de bo remate de cabeza nun córner; 2-1, m.52: Mario de trallazo dende fóra da área tras sacar unha falta rápido.

Monte Louro - Coristanco-Foto-Edu Olveira

Vitoria importante dun Monte Louro, para afrontar o final de Liga con tranquilidade. Os de Bibi están en bo momento, con moita xente tendo que deixar mesmo 5 xogadores sen convocar, e superaron a un gran equipo como é o de Juni.
Nada máis comezar, Íker, que estivo moi inspirado, aproveitaba un balón longo e unha indecisión entre Sergio e Samu para regatear ao porteiro e abrir o marcador. Pouco despois, Manolo Chouza mete un gol cun gran remate de cabeza á saída dun córrner.

O partido mantíñase tranquilo, cun Coristanco que subía liñas na segunda metade, colgando balóns e apretando na saída de balón, sen atopar ocos, e sufrindo algunha contra dos locais. Ata que Mario dende 35 metros a metía na escadra un golazo. Apretaba o Coristanco pero as mellores ocasións eran dos locais á contra e de córner, pero sempre se atopanba cun gran Rubén.
E con todo, no último segundo, Joni tivo o empate cun tiro dende fóra da área que salva Iago.

Monte Louro-Coristanco-Gol de Manolo Chousa-Foto-Edu Olveira
Monte Louro celebrando o gol de Manolo Chousa-Foto-Edu Olveira

Oza - Corcubión (4-1)

  • Oza: Brais; Alberto, Alex Bilounga, Alex Martínez (Iago Rodriguez); Alex Freire, Pace (Carlos), Alex López (Vilariño), Lavandeira, Nacho, David LP (Dani), Nico (Josiño).
  • Corcubión: Bruno, Nacho, Mario, Díaz, Gorka, Goche, Tano, Borja, Lema, Martín e Brais. Tamén Eli.
  • Goles: 1-0, m.15: David LP; 2-0, m.27: Nico; 3-0, m.44: Nico; 3-1, m.46: Mario; 4-1, m.52: Nico.

Por fin chegou a vitoria dos carballeses e ademais ante un rival directo. Os carballeses saíron moi enchufados, sen permitir xogar aos de Nito, dominando en todo momento e chegando cun Nico espectacular, marcando 3 goles, e David LP a outro nivel. 3 na primeira metade e nin o gol de Mario á volta dos vestiarios enchufaba aos corcubioneses, que non competiron en ningún momento, e Nico mataba o choque moi pronto.

Corme - Volantes (1-3)

  • Corme: Quique, Jesús, Brais Pombo, Aitor, Borja Torrado, Rubén, Brais Pailos, Miguel, Lucas, Isra e Alejo. Tamén: Adrián, Laik, Martín e Hugo.
11 do volantes con Rachon
11 do Volantes en Corme, con Rachón arriba á esquerda
  • Volantes: Alex de Yi, Miguel, Creo, Santi, Dani Alcalde, Borja, Manu de Yi, Rachón, Alex Fernández, Pesco e Kevin. Tamén: Alex Figueiras, Isma Mayo, Rubén, Diego.
  • Goles: 0-1, m.33: Kevin; 0-2, m.37: Borja; 0-3, m.44: Kevin; 1-3, m.73: Alejo de penalti.

Outra das sorpresas da xornada deuse no Cairo. Ángel chegaba con moitas baixas pola Mikaela, claro, e se atoparon cun rival que xogou moi ben e non permitiu despregar o seu xogo aos locais. Os de Chicho formularon un choque moi serio, cos primeiros 25 minutos roubando e buscando diagonais aos extremos e collendo ás costas dos laterais cormeláns. Cun Borja superlativo, con Pesco entre liñas e Kevin e Manu Yi por fóra, e o equipo arropadiño, o Volantes, que fichaba a Rachón esta semana procedente do Mazaricos, facía dano ao longo de toda a primeira metade.

O Corme carecía de ideas e o Volantes movíase con e sen balón, marcando 3 goles no treito final da primeira metade.

Na segunda, o Volantes mantiña a intensidade ante un Corme que deu un paso adiante pero o intentou con máis corazón que cabeza. Recurtaron cun penalti de Alejo, e tiveron dúas ocasións claras, sobre todo un tiro á cruceta de Borja, pero tamén á contra puido matar o choque o cadro laranxa.
Vitoria xusta e 3 puntos fundamentais para o Volantes, e aviso a un Corme que perdeu ocasión de poñerse de líder.

Muxía - Castriz (4-0)

  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Congui, Gusa, Maikel Mouzo, Julián, Adrián Alcaina, Iago Muíño, Mauro Romaní, Manu Nogueira. Tamén: Joselu, Fran Moreira, Toja, Alex e Xan Nogueira.
  • Castriz: Juan, Carlos, Adrián García, Anxo, Alex Mourelle, Martín Gemelo, Adrián Rod., Alex Forján, Iván Facal, Braulio e Sebas. Tamén: Álvaro, Noli, Joser, Fran Calvo e Saúl.
  • Goles: 1-0, m.30: Iago Muíño; 2-0, m.70: Fran Moreira; 3-0: Maikel Mouzo; 4-0, m.89: Fran Moreira.

Muxia-Castriz en Arlina

Partido que empezou de tanteo, con moito respecto pero pouco ritmo. Dominaba o Muxía ante un Castriz estaba esperando atrás e buscando as contras. Empezouse a acelerar coas chegadas de Iago Muíño por banda dereita, que facía dano pero non acababa de abrir o marcador, ata que si que o conseguía á media hora.

A xogada clave que rompeu o partido foi pouco despois, cando Mauro Romaní enfilaba a porta e o agarrón de Anxo era visto polo colexiado como o último home polo que o expulsaba a pesar das protestas dos xalleiros, que consideraron que aínda estaba moi lonxe e que había defensas á par.

Cun home máis, o Muxía afrontou a segunda baixo a premisa de controlar o balón e desgastar ao cadro xalleiro. O cadro de Leis e Lobelos, e o mellor equipo que sabe controlar con posesión, e se ben o Castriz non era quen de facer dano, non permitía grandes ocasións. Tivo unha Iván Facal dende o medio campo que salvou Domingo, pero os de Miguel Chouza foi baixando fisicamente e foron chegando as ocasións locais, ata completar a goleada. Os xalleiros protestaron de novo

Camariñas - Cerqueda (3-4)

  • Camariñas: Jorge, Brais (Barreiro), Roi, Oliver, Pablo Suárez (Víctor), Saviola (David), Manuel (Caamaño), Carlos, Yuyo (Hugo), Mario, Djibril.
  • Cerqueda: Mario, Marcos Pensado, Dani Reixía, Alexis, Lorenzo, Hugo, Samuel, Adrián Verdes, Sergio, Gustavo, Manu Guillamet. Tamén: Senén, Unai, Jose, Chirstian Velo, Nacho.
  • Goles: 1-0, m.1: Yuyo; 1-1, m.5: Sergio; 1-2, m.32: Alexis; 2-2, m.41: Saviola; 3-2, m.54: Mario; 3-3, m.75: Dani Reixía de penalti; 3-4, m.83: Lorenzo.

Patido de tolos no Hermanas Patiño con alternativas no xogo e no marcador. Comezaron durmindo os visitantes e nada máis saír Yuyo abría o marcador, pero de contado empataba Sergio cun golazo pola escuadra tras un córner. Apretou de novo o Camariñas que mandou un balón ao pau por medio de Yuyo, e noutra de Saviola. Pero aguantaba o Cerqueda que se adiantaba noutro córner por medio de Alexis. Non era quen de dar 3 pases o Camariñas que conseguía meterse de novo no partido antes do descanso cun gol de Saviola de falta.

Na segunda sae mellor o cadro local, pero nunha contra Lorenzo marca un tanto anlado por fóra de xogo. Na seguinte xogada, na área congtraria Mario fai o 3º a pase de Djibril. E cando parecía que o Camariñas encarrilaba o choque, facendo bos minutos, mandando un balón ao pau por medio de Víctor; unha de Djibril, e unha de Mario que salva, lanzándose ao chan sobre a raia de gol, Adrián Verdes, un dos mellores do partido.

Non marcaron aí, e a falta de 20 minutos, Dani Reixía marca nun penalti que lle fan a Jose. Os nervios maniatan aos locais, e nun córner Lorenzo fai o cuarto, sen ter o cadro local capacidade de resposta.

MÁIS CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios