Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Corme vive o seu cambio de ciclo

11 do Corme no Pinguel
11 do Corme hai unhas semanas no Pinguel-Foto-Edu Cambón
O Corme vive o seu cambio de ciclo

Hai momentos de cambio de ciclo no mundo do fútbol. E esta 22/23 é unha clara temporada de cambio de ciclo no Corme C.F. Pero nunha vila onde a canteira é parte intrínseca, a transición faise máis natural.

O club ascendía á 1ª Galicia cando as competicións se paralizaban aló por marzo de 2020. Unha das xeracións douradas da vila non podían disfrutar dun ascenso limpo, pero si que aproveitaron a oportunidade para disfrutar, aínda na pasada 21/22, dun ano en 1ª Galicia. Unha 1ª algo mermada polos grupos, pero unha 1ª que permitiu levar a cor azulona por campos como Negreira ou Tordoia.

O equipo de Lelo e Ángel non conseguía manter a categoría nunha complicadísima fase por evitar o descenso, e foi momento de despedidas. Os Brais Corral, Toniño, Illote, Adrián Doldán ou o eterno Suso deixaban o cadro cormelán xunto co míster Lelo.

Despedidas do Corme CF
Toniño, Brais, Lelo, Adrián Doldán e Suso despedíanse o curso pasado do Corme CF. Foto: Fin Lema

Así esta fin de semana o club notou aínda máis ese cambio de ciclo. As baixas de Lucas, Alejo e Jesús (os únicos que quedan por riba dos 30 anos), de Laik (26) e de Manu Bermúde (ten 23 recén cumplidos) fixo que o pasado domingo Ángel Pérez tivese un equipo sub23 en Castriz. Con 6 xuvenís na convocatoria (apenas un día despois de recibir 8 tantos en Sofán na súa categoría), o cadro cormelán asaltaba San Pedro, un dos campos máis complicados este da categoría, conseguindo subirse ao carro dos de arriba.

Aí formaron Adrián (19 anos), Brais Pombo (22), Aitor (22), Gabriel (18), Samu (22), Miguel (19), Isra (18), Eloy (22), Brais Pailos (19), Hugo (18), Borja (16), Kike (17), Teo (17), Rubén (17), Noel (20) e Iván (17). Certo que do banco só saltou ao campo Noel, que entrou polo mais "vello" Brais Pombo, pero o resto seguro que terán oportunidades ao longo deste curso de transición.

Xuvenis do Corme no Carral-Foto-Luis Gonzalez
11 dos Xuvenís do Corme este pasado sábado no Carral-Foto-Luís González para a SD Sofán
 

Comentarios