Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: O San Lorenzo non falla antes do Alto do Ézaro

Volantes-Castriz-Foto-Adriana 1
Imaxe do Volantes-Castriz-Foto-Adriana
2ª Galicia: O San Lorenzo non falla antes do Alto do Ézaro

Non perdoa o San Lorenzo, e malia que comezar perdendo o derbi ante o Oza acabou vencendo con solvencia e rubricando o seu título de inverno cando se cumple o ecuador da competición. Cun colchón de 9 puntos chega o cadro de Dani Casal ao seu Alto do Ézaro, cun xaneiro no que lle queda por diante visitar o Cairo, recibir ao Cee e xogarse boa parte do título en Arliña.

Precisamente nese segundo chanzo están Muxía e Corme. Os muxiáns vencían a todo un Cee, que se mantén tamén a tiro de pedra dos dous postos de promoción, como Castriz e Camariñas, que demostraron que o visto no 2022 non foi un espellismo e que aspiran a todo.

Coristanco - Outes (5-0)

  • Coristanco: Diego Mallo, Sergio, Nico, Hugo, Villajos; Pazos, Dani, Javi Bermúdez, Erre; Mario e Joni. Tamén: Sami, Casti, Randy e Sergio Regueira.
  • Outes: Ryan; Chía, Kevin, Martín, Jura; Mario, Capelo, Caamaño; Stefan, Yago e Joao.
  • Goles: 1-0, m.2: Mario tras pase de Joni Fraga; 2-0, m.47: Joni; 3-0, m.74: Sergio; 4-0, m.83: Joni; 5-0, m.89: Randy fai un golazo dende fóra da área.

Segue o Outes na mala liña de antes do parón de Nadal malia comezar o ano como sólido líder. E xa o manifestaron no primeiro minuto cando un erro groso na saída do balón permite aos de Juni (que recuperaba efectivos e estreaba a presencia de Sergio Regueira) meterse por diante. Dominaban os de Miguel Ramos, pero sen grandes ocasións. A expulsión de Jura á media hora deixaba aos da Serra cun home menos.

Intentou recompoñerse o cadro visitante, pero nada máis saír dos vestarios, outro erro da defensa deixaba un regalo para que Joni, marcase a pracer. O partido calmábase ata que no treito final o Coristanco daba outro arreón e marcaba 3 novos tantos.
Ademais da goleada Miguel Ramos queda con dous homes menos para a seguinte xornada pola tamén expulsión do capi Caamaño no treito final.

 

Corcubión - Ponteceso (0-3)

  • Corcubión: Bruno, Rubén, Fran, Mario, Antón, Díaz, Iago, Tano, Martín, César e Rama. Tamén: Gorka, Nacho, Eli e Goche.
  • Ponteceso: Damián, Suso, Juan, Luís, Jose, Luca, Pedro, Mendieta, Ángel, Eloy Álvarez e Charro. Tamén: Álvaro, Alberto Recarey, Hadrián, Iván Rey e Isaac.
  • Goles: 1-0, m.1: Eloy Álvarez; 0-2, m.65: Hadrián; 0-3, m.70: Alberto Recarey.

Resultado excesivo para o visto no terreo de xogo, onde o Corcubión tivo moi bos momentos, pero non estivo acertado. Si o estivo o cadro de Pablo Mallón que nada máis saír aproveitaba que a defensa corcubionesa estaba durmindo para mandar un balón ao pau e marcar ao rexeite. Tardaron pero reaccionaron os de Nito, tendo dominio do xogo e ocasións, pero sin materializar. Cando mellor estaban, chegouse ó descanso.

Na segunda máis do mesmo, comenzaron os locales sendo superiores pero nun erro de colocación nunha falta sacada rápida os visitantes farían o segundo. Duro golpe para os locais, a partir de aí máis corazón que cabeza e terceiro do Ponteceso nunha contra a placer que asinaba Alberto Recarey, recén volto aos terreos de xogo.

 

Volantes - Castriz (1-3)

Volantes-Castriz-Foto-Adriana 2
Volantes-Castriz-Foto-Adriana
  • Volantes: Álex de Yi, Alex Figueiras, David Pais, Alex Fernández, Miguel, Pablo Martínez, Creo, Martín, Iago, Pesco e Borja Torea. Tamén: Isma Mayo, Aarón, Levin, Manu de Yi, e Kajulo.
  • Castriz: Juan, Carlos Paredes, Alex Forján, Alex Mourelle, Martín Gemelo, Iván Facal, Adrián García, Alberto Mata, Erre, Pastoriza e Braulio. Tamén: Álvaro, Samuel, Noli e Fran Calvo.
  • Goles: 0-1, m.30: Erre a centro de Pastoriza; 1-1, m.40: Pablo Martínez tras varios rexeites tras un balón colgado por Pesco; 1-2, m.44: Iván Facal tira dende fóra da área e o balón entra tras tocar nun defensa; 1-3, m.80: Iván Facal.
Volantes-Castriz-Adriana pesco
Pesco fixo dano a balón parado-Foto- Adriana

Partido tenso, con dous equipos moi separados na táboa, pero con dúas metades. Na primeira os de Chicho estiveron intensos, facendo moito perigo nas xogadas a balón parado de Pesco.
Antes Facal avisaba e o Castriz chegaban por banda dereita, e nunha chegada de Pastoriza, Erre, que xogou de dianteiro, metía o primeiro gol. A base de empurre, e de balóns colgados, o Volantes empataba antes do descanso, pero no desconto do primeiro tempo un tiro de Iván Facal, petaba nun defensa e se colaba na portería de Álex de Yi. 1-2 ao descanso, inxusto para Chicho, e algo curto para Miguel Chouza.

Na segunda, o Castriz estivo moi firme atrás, ante un Volantes que intentaba pero non atopaba espazos. O equipo xalleiro tiñan contras para sentenciar pero non acertaban os Noli, Braulio, Pastoriza… ata que Iván Facal remataba un córner ensaiado no treito final.

O presi Juan Alberto analizaba así a situación para VolantesTV.

 

Monte Louro - Camariñas (0-3)

  • Monte Louro: Iago, Antón, Pablo, Juan Loiso, Manolo Chouza, Miguel Verán, Óscar Fari, Riki, Xián, Abel Rey e Iker. Tamén: Borja, Pardelo, Benji, Abel Suarez e David.
  • Camariñas: Jorge, Barreiro, Roi, Oliver, Pablo Suárez, Saviola, David (Moriño), Nazo (Hugo), Víctor (Brais), Mario (Djibril), Yuyo.
  • Goles: 0-1, m.23: Yuyo de remate de cabeza a centro de Víctor; 0-2, m.55: Víctor a pase de Djibril tras unha boa xogada de Nazo; 0-3, m.90: Djibril.

Vitoria xusta dun gran Camariñas en Agra da Filgueira ante un Louro que foi superados en ritmo e xogo, facendo un partido máis apáticos que nunca. Os visitantes saíron apretando moito, e pronto chegaron as primeiras ocasións como unha de Roi que mandaba ao longueiro, ou unha triple de Yuyo, Nazo e Víctor. Abría Yuyo o marcador cun remate de cabeza a centro de Víctor.

Con igual intensidade saíron os camariñáns na segunda, e pronto chegaba o segundo tras unha boa combinación. No min. 70 os locais quedan con 10 tras cartón vermello directo a Abel, polo que o partido quedaba practicamente resolto, ademais do terceiro de Djibril.

A familia do Monte Louro envía unha aperta a Lucho. O adestrador das Miúdas levaba 15 días adestrando co equipo para volver a poñerse baixo paus e sufría unha lesión grave. Mal fario o que ten a meta loureá…

 

Cabana - Cerqueda (4-2)

  • Cabana: Diego, Aarón, Sergio Ferreiro, Naka, Dani (Ruben), Sergio Antelo, Moreno, Simón (Raul Corzón), Manuel, Castro (Fernando), Pablo (Diego Cacha).
  • Cerqueda: Senén, Samuel, Andrés, Dani Reixía, Marcos Pensado, Hugo, Alexis, Cristian, Michi, Juan e Manu Guillamet.
  • Goles: 1-0, m.2: Pablo; 1-1, m.16: Samuel; 1-2, m.34: Alexis; 2-2, m.46: Simón; 3-2, m.58: Manuel; 4-2, m.90: Raúl Corzón.

Igualado partido nas Redondas, que se decidiu nos primeiros minutos de cada tempo. Arrincou moi ben o Cerqueda do adestrador rescatado pola nova directiva comandada por Dani Reixía. Emilio Uzal volve a tomar os mandos do club, que prescinde dun Jorge Guillamet que fixo un taballo excelente ao longo destes anos tanto no cadro masculino como non feminino.
O Cabana metíase moi pronto por diante, e pese a disponer de máis chegadas foise sobrepoñendo o Cerqueda e remontaba cos tantos de Samuel e Alexis poñendo intranquilidade nos locais.

O campo, con moita auga, non permitían grandes combinacións, e os balóns en longo eran protagonistas.

Nada máis sacar de centro no segundo tempo, un balón longo de Moreno era aproveitado por Simón para facer o empate. Un gol que fixo moito dano aos visitantes que vían como o equipo de José Manuel viña unha e outra vez arriba. Manuel aproveitaba unha boa parada de Senén a tiro de Raúl para facer o terceiro aínda con media hora por diante. O Cerqueda subía liñas e cin xogo vertical puxo en algún apuro o Cabana que cerrou o marcador cun gol de Raúl poñendo o 4-2 definitivo xa no desconto.

 

Corme - Muros (2-1)

  • Corme: Quique, Brais Pombo, Laik, Brais Pailos, Borja Torrado, Hugo, Rubén, Lucas, Isra, Manu Bermúdez, Samu Costa. Tamén: Adrián, Alejo, Miguel, Noel e Gabri.
  • Goles: Xandre; Fran, Iván Cerilla, Pelos, Gesto; Xaco, Ra; Varo; Monchito, Alex, Dani Jurjo. Tamén: Tuto da Meca, Masarocas, Pugil, e Majorrilla.
  • Goles: 1-0,m .15: Borja Torrado; 1-1, m.31: Alex; 2-1, m.56: Lucas.

Moitas baixas nos dous equipos para esta volta á competición, cun Corme de Ángel que levaba o peso ante un cadro muradán ben armado e buscando ás contras. Os locais avisaban por medio de Lucas, Samu Brais pero sería o xuvenil Borja que abriría o marcador. Á media hora, nunha imprecisión do porteiro xuvenil Quique nun balón. conseguiría o Muros empatar o partido, e a piques estivo de meterse por diante nese treito final do primeiro tempo.

No estaba cómodo o cadro local na segunda metade, con moitas imprecisións ante a boa presión dos visitantes que creaban moito perigo, agora si, cos balóns directos. Entraba no partido Alejo, tras varios meses sen xogar, dando ás aos seus en ataque. E sería o seu eterno socio, Lucas, o que marcaría cunha gran volea.
O Muros seguía creando peligro pero non acertaba entre os 3 paus. Alejo puido pechar o partido pero a súa vaselina marchaba alta, antes de que Lucas e Iván Cerilla foran expulsados por unha liorta.

 

Cee - Muxía (1-2)

  • Cee: Maikel, Colombia, Isma, Juan Oreiro, Rubén Caamaño, Isaac Fábregas, Eze, Jose, Adrián Canosa e Bruno. Tamén: Jorge, Borja, Leo, Jon e Anxo.
  • Muxía: Joselu, Michael, Gusa, Congui, Alex, Maikel Mouzo, Iago Muíño, Mauro Romaní, Adrián Alcaina, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Domingo, Peski, Anxo, Toja e Xan Noguera.
  • Goles: 0-1, m.5: Manu Nogueira; 1-1, m.37: Bruno; 1-2, m.77: Michael Vilela.

Muxia-Cee

A lesión do colexiado no quecemento provocou que un dos grandes partidos da semana se retrasase unha hora.
Case na primeira chegada marcou Manu Nogueira nuns minutos nos que á contra os de Lobelos e Leis puideron ampliar a renda. Pero o Cee estaba metido no partido e a pouco do descanso Bruno rematou abaixo pegado o pau e fixo o empate.

Na segunda non hubo moitas ocasións salvo algunha xogada a balón parado. E así chegou o gol do tamén internacional da Costa Michael Vilela nun remate de cabeza que deu 3 puntos fundamentais ao equipo muxián na loita pola promoción.

 

Oza - San Lorenzo (1-3)

  • Oza: Brais, Alberto, Vilariño (Alex Martínez), Iago Rodriguez, Alex Freire, Alex López, Pace (Brais), Nacho, David LP (Dani Iglesias), Nico (Carlos) e Iván Mato (Edu).
  • San Lorenzo: Puyol, Diego Fidalgo, Lucho, Pablo Garrido, David Villar, Dani Cotelo, Diego Varela, Dani Padín, Alex Taibo, JOnathan, Iván Rojo. Tamén: Raúl, Arantón, Jairo, Andy e Carlos.
  • Goles: 1-0, m.43: Iván Mato; 1-1, m.80: Iván Rojo; 1-2, m.90: Alex Taibo de falta directa; 1-3, m.90: Iván Rojo.

Fermoso derbi, con moi bo rollo entre os dous equipos carballeses. Dende o Oza agradecen a colaboración do club de Verdillo unha vez que o Oza intentou, pero non se lle permitiu, suspender o partido polo pasamento da nai de Iago Lavandeira.

O Oza quedou sen premio a pesar de facer un gran partido, tremendamente intenso. Conseguían aguantar as embestidas do líder, e tivo suficiente valor para chegar á área de Puyol. Así, nunha contra ao fío do descanso, Iván Mato tras aproveitar un pase longo e regatear ao porteiro.

Na segunda parte, nun partido convertido nun ida e volta, o San Lorenzo apretaba cada vez máis. Pero pasaban os minutos e o partido parábase constantemente, ata que a falta de 10 para o final, unha falta ao borde da área era aproveitada por Iván Rojo para facer o empate. Aínda aguantou o Oza, pero outra falta, desta volta, de Alex Taibo, permitía ao Sa Lorenzo meterse por diante para desquiciar a un Oza que veu os puntos moi de preto pero que marcha sen premio.

 

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios