Luns. 14.10.2024
El tiempo

2ª Galicia: O San Lorenzo non frea

Muxia-Monte Louro-1
Imaxe do Muxía - Monte Louro ao solpor de Arliña
2ª Galicia: O San Lorenzo non frea

Espectacular o gol de Nacho no San Paio de Refoxos, para darlle subindo nun córner no m.97 un punto que sabe a ouro ao Oza ante todo un Cee.

Foi a nota máis destacada dunha xornada marcada pola superioridade do San Lorenzo, que mantén a raia aos seus rivais. Só Corme e Muxía sumaron os 3 puntos, mentres que Cee e Castriz empataban, e o Outes protagonizaba a sorpresa da xornada. O Cabana facíalle 5 goles no Cunchido a un equipo que apenas levaba 4 goles encaixados no que vai de liga.

Da zona baixa só sumaba 3 puntos o Muros, que protagoniza unha remontada tremenda con 3 vitorias e un empate nos últimos 4 partidos.

banner alvaro fdc 580x90

San Lorenzo - Corcubión (4-0)

  • San Lorenzo: Benja, Fidalgo, Raúl, Lucho, Dani Cotelo, Pablo Garrido; Dani Padín, Alex Taibo, Jairo, Iván Rojo, Eloy Arantón. Tamén: Diego Varela, Jonathan, Martos, Andy e Lucas.
  • Corcubión: Bruno, Eli, Iago Lema, Joaquín, Álex, Lu, César, Borja, Mario, Adri Castro, e Antón. Tamén:, Rama, Nacho, Martín, Rubén e Eva.
  • Goles: 1-0, m.17: Jairo; 2-0, m.29: Arantón; 3-0, m.31: Iván Rojo; 4-0, m.43: Jairo.

Saíu mal o Corcubión tras saír con defensa de 4 por primeira vez, e coas numerosas baixas coas que conta Nito. E sufriron nos balóns ás costas da defensa que lanza o líder, aproveitando a profunfidade dos extremos. Faltaba intensidade nos visitantes, que non se fixeron ao céspede natural de Verdillo, e todos os duelos os gañaban os locais. Pronto marcaban o primeirom por medio de Jairo, e se ben aí tiveron unha boa doble ocasión os de Nito, o cadro local sentenciaba en dúas xogadas consecutivas arredor da media hora de xogo. Acabouse aí o choque, e o equipo de Dani Casal facía o cuarto antes do descanso.

Baixou o pistón o San Lorenzo na segunda, sendo un partido de trámite.

Cee - Oza (3-3)

  • Cee: Ricardo, Colombia, Isma, Juan Oreiro, Jose, Santos, Adrián Canosa, Gabri, Jose Manuel, Eze e Rubén. Tamén: Maikel, Borja, Isaac Fábregas, Julio e Leo.
  • Oza: Nacho, Alberto, Alex Bilounga, Alex Freire, Dani Iglesias (Vilariño), Dani Mato (Brais Pombo), Lavandeira, Nicolás (Carlos), Fran, Iván Mato e Edu (David LP).
  • Goles: 0-1, m.22: Ivan Mato; 0-2, m.25: Fran; 1-2, m.34: Jose; 2-2, m.35: Julio; 3-2, m.43: en propia; 3-3, m.97: Nacho, que estaba de porteiro, de cabeza subindo a rematar un córner.

Espectacular final de partido o vivido no San Paio de Refoxos, con ese gol de Nacho, que estaba de porteiro, que subía a rematar un córner e conseguía un empate que sabe a ouro e fai historia no novo club carballés.

Foi un partidazo, en realidade. Comezou o Oza meténdose por diante con dous tantos. Pero o Cee reaccionaba pouco despois tras varias xogadas a balón parado, dándolle a volta ao marcador a base de empurre.

Na segunda o Oza buscou máis a meta contraria pero non a daba atopado ata xa ben entrado o desconto, e con esa ocasión dun Nacho, que normalmente é xogador de campo pero lle tocou poñer as luvas, e que tivo unha noite de soños ben doces.

 

Muros - Coristanco (3-1)

  • Muros: Xandre; Isma, Pelos, Iván Cerilla, Quin; Xaco; Ra, Ángel; Alon, Xavi e Jesús. Tamén xogaron: Varo, Flavio, Dani Bader, Paco Chuvasco e Aliños Majorrilla.
  • Coristanco: Rubén, Villajos, Samuel, Hugo, Sergio; Joni, Dani, R, Castiñeiras, Kevin e Mario.Tamén xogaron: Javi Bermúdez, Javi Martínez e Randi.
  • Goles: 0-1, m.5: Mario nun balón longo; 1-1, m.40: Iván Cerilla de penalti; 2-1, m.45: Alon; 3-1, m.53: Xavi.

Empezou ben o muros trenzando algunha xogada pero o Coristanco marcou primeiro logo dun error pouco habitual de Xandre. Dominaba o Coristanco pero aguantaba o Muros, a pesar das dúas claras ocasións dos de Juni para ampliar a renda: unha de Castiñeiras que regateaba a dous defensas e mandaba alto no man a man; e outra de Mario que cruzaba demasiado un centro de R.

Chegaba no m.40 a xogada clave do partido. Logo dunha boa falta sacada de Alonso que daria no longueiro, remataría Pelos, pero Sergio pararía o balon ca man na liña. Penalti e expulsión que aprobeitaria Iván cerilla para facer a súa xa coñecida Panenka e facer o empate. Coa páxara da xogada aínda no corpo, o Coristanco recibía outro tanto por medio de Alon, que fai un golazo picándolla a Rubén tras un bo pase de Jesús.

Apretou moito o Coristanco na segunda, pero Xavi metería un golazo pola escadra nun fallo defensivo. Quedaría aínda o cadro de Juni, por unha protesta de Joni, pero con 9 xogaron mellor que con 11, chegando arriba por banda, fallando Castiñeira unha xogada que fallaba tras picarlla ao porteiro. Tivo que aparecer Xandre tamén cun paradón a un cabezazo de Mario.

 

Muxía - Monte Louro (5-1)

  • Muxía: Domingo; Michael, Gusa, Congui, Alex, Mauro Romanín, Maikel Mouzo, Adrián Alcaina, Julián, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Joselu,Rui, Eloy, Iago Muíño e Xan Nogueira.
  • Monte Louro: Alberte, Antón, Miguel Verán, Juan Lois, Manolo Chouza; Pardelo, Abel Rey, Xián, Riki, Álvaro Fari e Peski. Tamén: Iago, Abel, Benji e Óscar Fari,.
  • Goles: 1-0, m.3: Fran Moreira; 2-0, m.25: Manu Nogueira tras unha boa xogada de Mauro Roman; 2-1, m.43: Íker de penalti; 3-1, m.48: Manu Nogueira; 4-1, m.60: Maikel Mouzo; 5-1, m.70: Adrián Alcaina.

Muxia Monte Louro 1

Foi superior o cadro de Leis e Lobelos ata un cadro loureán que non acaba de sacar resultados fóra de Agra da Filgueira. Arrincaron ben os muxiáns que xa abrían o marcador ás primeiras de cambio. Seguían chegando ocasións, cunha velocidade tremenda nos últimos metros, e ampliaron a renda, puidendo ter caído algún máis. Pero se metía no partido o equipo de Bibi antes do descanso cun tanto dende os 11 metros.

Foi un espellismo, porque nada máis saír, volvía marcar Manu Nogueira para sentenciar, e acabar dominando os locais por completo o choque.

 

Camariñas - Volantes (3-1)

  • Camariñas: Jorge, Brais (Nazo), Carlos, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David (Hugo), Soule, Víctor, Yuyo (Saviola), Djibril.
  • Volantes: Álex de Yi; Tiko, Pais, Pablo Martínez, Miguel, Santi, Borja, Alex Fdez., Martín, Marcos e Kevin. Tamén: Isma Mayo, Aarón, Rubén e Manu de Yi.
  • Goles: 1-0, m.5: Víctor tras un rexeite de Álex de Yi a tiro de Djibril tras boa xogada con Pablo Suárez; 1-1, m.28: Miguel de penalto; 2-1, m.78: en propia; 3-1, m.90: Nazo.

Partido moi igualado o vivido no Hermanas Patiño, no que o Volantes por fin parece que compite cara a cara con todo un Camariñas. Comezou mellor o cadro local, chegando por banda e abrindo pronto o marcador. Lonxe de virse abaixo, os de Chicho daban un paso adiante e doblaban en intensidade a un confiado cadro local. Chegaba o empate á media hora dende os 11 metros, nunha xogada na que os locais pedían falta previa a Pablo.
Nese cuarto de hora ata o final o Volantes tivo o partido nos pés de Kevin, pero Jorge salvaba aos locais.

Saíu o Camariñas envalentonado por esa afección que está collendo cada día máis protagonismo, e con Moriño aos mandos e Djibril arriba comezaban a facer dano. Ese paso adiante coincidiu co baixón físico dos laranxas, que comezan a sufrir. Tivo a sorte de cara o Camariñas e Tiko metía en propia un balón ao intentar despexar un centro de Víctor. Xa co partido roto e con eles metidos atrás ante un Volantes que atacaba con máis corazón que cabeza, noutra contra no desconto mete Nazo de tiro cruzado o definitivo 3-1.

 

Corme - Cerqueda (2-0)

  • Corme: Quique, Brais Pombo, Aitor, Brais Pailos, Eloy Villar, Hugo, Miguel, Isra, Lucas, Manu Bermúdez e Samu Costa. Tamén: Adrián, Rubén, Noel e Borja Torrado.
  • Cerqueda: Senén, Gus, Alexis, Ángel, Sergio, Álex Méndez, Samuel, Miguel, Cristian Fdez., Hugo e Julián. Tamén: Alan, ADrián Verdes, Velo e Nacho.
  • Goles: 1-0, m.50: Miguel; 2-0, m.89: Hugo tras un pase precioso do xuvenil Rubén.

Con moitas baixas chegaba, de novo, o Cerqueda de Jorge Guillamet (facía anos que non faltaban Marcos Pensado e Dani Reixía nos laterais, ademais dos veteranos Lorenzo, Javier Souro, Eloy Boedo, o meta Mario…), pero deu a cara ante un Corme que esperou da páxara da semana pasada. O Corme dominou pero o Cerqueda non se rendiu en ningún momento, pelexando cara a cara ata o final.

O Corme de Ángel levaba a batuta, e chegaba pero o meta xuvenil Senén mantivo aos seus no partido, mesmo parando un penalti. Si acertaba Miguel ao comezo da segunda metade, ao aproveitar un reixeite da defensa rival. Estirouse algo o Cerqueda pero non tivo demasiadas chegadas. Non foi ata o final cando de novo unha xenialidade do xuvenil Rubén filtrando un pase entre liñas sería aproveitado por Hugo para facer o 2-0 definitivo.

 

Outes - Cabana (1-5)

  • Outes: Ryan, Cutu, Jura, Leandro, Leo, Lass, Capelo, Mario, Babu, Joao, e Yago. Tamén: Veleiro, Santi Chía e Stefan.
  • Cabana: Diego, Javi (Dani), Sergio Ferreiro, Naka, Rubén, Fernando, Sergio Antelo, Diego Cacha (Pablo Pose), Castro, Manuel (Simón), Raúl Corzón.
  • Goles: 1-0, m.2: Capelo; 1-1, m.13: Raúl Corzón; 1-2, m.28: Raúl Corzón; 1-3, m.53: Castro de penalti; 1-4, m.60: Manuek; 1-5, m.73: Simón.

A sorpresa da xornada tivo lugar no Cunchido. O Outes deixou fóra a súa fortaleza defensiva e levou 5 dun gran Cabana. E iso que se metía por diante nada máis comezar os de Miguel Ramos, aproveitando un roubo no medio campo.
Pero o Cabana comezaba a carburar ante un Outes que perdía intensidade. Pronto recurtaba Raúl Corzón, que facía o segundo á media hora. Tanto Outes como Cabana mandaron sendos balón ao pau nun primeiro tempo cun desconto de 9’.

Saiu mal o cadro local na segunda, e o Cabana vencía todas as loitas, ampliando a renda dende o 11 metros. O Outes tivo algunha chegada e se ben Outes quedou con dez logo de unha expulsión, o resultado pode ser demasiado amplo, a pesar de que a vitoria cabanesa fo xusta.

 

Ponteceso - Castriz (1-1)

  • Ponteceso: Damián, Jesús Cotelo, Eloy Trigo, Juan, Luis, Mendieta, Jose, Pablo, Luca, Pedro e Charro. Tamén: Álvaro, Eloy Álvarez, Eloy Santos, Iván Rey, Ángel.
  • Castriz: Juan, Carlos, Samuel, Adrián García, Joser, Anxo, Alex Forján, Alberto Mata, Braulio e Pastoriza. Tamén: Álvaro, Adrián Rod., Martín Gemelo e Saúl.
  • 0-1, m.4: Braulio co peito tras un centro de Adrián; 1-1, m.38: Eloy Trigo nunha falta lateral.

Partido nocturno no Pinguel, cun campo case conxelado, que comezaba o Castriz máis enchufado facendo dano sempre ca pelota. Eran bos minutos dos de Miguel Ramos, ata que o Ponteceso foi aparecendo gracias aos seus homes de peso.

As imprecisións na segunda foron protagonistas, e ningún quixo arriscar.

 

 

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios