2ª Galicia: O San Lorenzo non recúa; o Muxía bate ao Corme e o Castriz sucumbe ante o Cabana
Última xornada do 2022, marcada polo vento, e boa parte dos partidos ratificaron liñas ascendentes ou descentes que traían os equipos neste mes de competición. Así, 5ª vitoria consecutiva do intratable San Lorenzo, desta volta sufrindo ate un bo Monte Louro. Ollo co Muxía, que leva 7 vitorias e 2 empates nos últimos 9 partidos, e goleou, no duelo de perseguidores inmediatos, ao Corme, ao que alcanza na táboa, quedando ambos a 9 puntos do líder carballés.
A gran sorpresa foi a vitoria do Cabana en Castriz, ante un cadro xalleiro que non acaba de arrincar o turbo. Aí arriba segue o Cee, tras golear a un Cerqueda cios adestradores sufrían unha perda familiar dura. Vitorias importantes de Corcubión e Muros para escapar da zona baixa, de onde non escapa o Volantes, que ve como o Ponteceso se lle escapa.
Muxía - Corme (5-1)
- Muxía: Domingo, Michael, Gusa, Congui, Maikel Mouzo, Julián, Adrián Alcaina, Álex, Mauro, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joselu, Peski, Rui, Toja e Iago Muíño.
- Corme: Adri, Brais Pombo, Aitor, Isra, Brais Pailos, Borja Torrado, Hugo, Eloy Villar, Lucas e Samu Costa. Tamén: Quique, Miguel, Martín, Rubén e Gabri.
- Goles: 1-0, m.14: en propia; 2-0, m.25: Fran Moreira de tiro lonxano; 3-0, m.31: Mauro dende segunda liña; 3-1, m.71: Lucas; 4-1, m.90: Maikel Mouzo de penalti; 5-1, m.92: Toja.
Partido onde o Muxía saiu moi enchufado e con vento a favor, ante un Corme que non saíu metido. Os de Leis e Lobelos imprimiron dende o primeiro balón un ritmo alto para tratar de meter o Corme no seu campo e foino logrando pouco a pouco, un gol en propia meta e un trallazo, Fran Moreira e outro de Mauro puxeron un 3-0 no marcador que ainda puido ser maior xa que Maikel estrelou un balón no pau.
Na segunda o Muxia baixou o ritmo e era o Corme quen trataba de meterse no partido xa que agora eran eles quen tiñan o vento a favor. Nun balón largo mal defendido, Lucas recortaría distancia facendo o 3-1. O Muxía ordenado e aguantando ese forte vento, saía á contra e no tramo final sentenciaría.
San Lorenzo - Monte Louro (2-1)
- San Lorenzo: Puyol, Fidalgo, Raúl, Lucho, Dani Cotelo, Dani Padín, Alex Taibo, Jonathan, Andy, Alex Taibo, Iván Rojo e Eloy Arantón. Tamén: Diego Varela, Joaquín, Lucas, Carlos e Alberto Mato.
- Monte Louro: Iago, Anton, Pablo Vidal, Manolo Chousa, Juan Lois, Abel Rey, Riki, Xián, Álvaro Fari, Íker e Miguel Verán. Tamén: Pardelo, David e Benji.
- Goles: 1-0, m.33: Jonathan; 1-1, m.44: Abel Rey marcou un golazo dende o borde da área; 2-1, m.60: Raúl.
Partido con moi poucas ocasións para ambos conxuntos que se decantaría para os locais nunha xogada de fortuna, nun córner e tras varios rexeites. O encontro estuvo moi condicionado polo estado do campo, tras o partido a primeira hora da mañá dos veteranos, e polo forte vento que soprou durante toda a xornada. Competiron ben os de Bibi pero non levaron premio para casa e a incercia carballesa fíxolles sumar aos de Dani Casal outra vitoria, e acabar o ano con 9 puntos sobre os perseguidores.
Camariñas - Coristanco (4-1)
- Camariñas: Jorge, Barreiro, GT, Roi (Brais), Oliver, (Caamaño), Pablo Suárez, Moriño, David, Saviola (Hugo), Yuyo (Nazo), Mario e Djibril.
- Coristanco: Diego, Samu, Javi Bermúdez, Javi Martínez, Hugo, Sergio, Dani, Joni, R, corral, Kevin. Tamén: Pazos e Rubén.
- Goles: 1-0, m.22: Djibril; 1-1, m.23: Joni de cabeza; 2-1, m.70: Djibril nun córner; 3-1, m.75: Yuyo de penalti; 4-1, m.78: Nazo.
Vitoria moi importante, que lle sirve ao Camariñas para acabar o ano no grupo de arriba, e seguir ca racha de 3 vitorias e 2 empates nos últimos 5 partidos. En fronte, un Coristanco en cadro, con numerosas baixas, chegando con só 2 cambios e un deles o meta Rubén que tuvo que xogar de home de campo.
Partido totalmente condicionado polo aire, cun Camariñas que a pesar de xogar contra vento intentou levar a iniciativa. Un erro da defensa visitante permitía a Djbril abrir o marcador, pero pouco despois Joni remataba un bo balón de cabeza para deixar o empate ao descanso.
Na segunda, co vento en contra e sen folgos, o cadro de Juni non foi quen de aguantar as embestidas locais. Moi eficaces os camariñáns, que chegaban polas bandas con Djibril e Mario. Nunha desas Yuyo non marca por pouco, pero pouco despois un corner botado por Mario remata Djibril para poner o 2-1. 5 minutos despos unha internada de Mario, provoca un penalti que marca Yuyo, para o 3-1 e pouco despos Nazo tras un moi bo pase de Hugo, marca o 4-1.
Outes - Corcubión (1-2)
- Outes: Ryan, Jura, Kevin, Martín Cutu; Chía, Mario, Capelo, Babu, Capelo e Aarón. Tamén: Estefan, Mangelo, Veleiro e Caamaño.
- Corcubión: Bruno, Antón, Pablo, Nacho, Rubén, Mario, Adri, Martín, César, Luisete e Iago Lema. Tamén: Díaz, Rama e Fran.
- Goles: 1-0, m.47: Chía de penalti; 1-1, m.75: César Lojo; 1-2, m.90: Mario tras un erro do meta local.
Partido marcado polo forte vento de temporal en Outes, cun cadro local que tras un espectacular comezo de tempada levaba varios partidos nunha dinámica moi negativa. Pero comezou contra vento o cadro de Miguel Ramos, ante un cadro de Nito que tiña o balón e buscaba a área rival, mentres o equipo local buscaba salir rápido á contra, rondando o gol nunha delas cun balón ó longueiro.
Nada máis comezar a segunda metade, o Outes daba un paso adiante e se adiantaría nun penalti moi discutido polos visitantes, o dianteiro local tropeza na área e o árbitro intepreta que lle toca o porteiro visitante. Estaba xerando ocasións o cadro de Miguel Ramos, pero sen estar acertado, moi nervioso, ansioso.
Co gol o Corcubión subiu líneas, facendo o gol do empate César aproveitando un balón solto na área tras un saque de banda sen aparente perigo. Reaccionou o Outes que tivo un par de chegadas boas, pero xa co tempo cumplido, Mario nun córner faria o gol da vitoria corcubionesa, tras un erro do meta local que perde o balón tras telo atallado, permitindo que o corcubionés só teña que empurrar para facer o gol da vitoria.
Cerqueda - Cee (1-6)
- Cerqueda: Senén, Dani Riexía, Unai, Alexis, Hugo, Adrián, Christian Velo, Nacho, Samu e Julián.
- Cee: Maikel, Colombia, Isma, Juan Oreiro, Jon, Isaac, Adrián Canosa, Jose, Eze e Bruno. Tamén: Borja, Leo Picallo, Jose, Gabri e Anxo.
- Goles: 0-1, m.20: Isaac de penalti; 0-2, m.30: Isaac; 0-3, m.45: EzeM 0-4, m.60: Leo Picallo; 0-5, m.80: Bruno; 0-6, m.81: Isaac; 1-6, m.83: en propia.
Con 11 xustos presentábase o Cerqueda ante un Cee á alza. E nada puido facer o cadro local ante un Cee que marchou con dous tantos de vantaxe, os dous de Isaac, e e un de Eze. A segunda serviu para ver volver marcar a todo un Leo Picallo, aos seus 46 anos.
Isaac Fábregas remata o ano como pichichi da categoría, con 13 goles, polos 11 de Djibril e os 10 do xalleiro Sebas.
Muros - Oza (4-0)
- Muros: Xandre; Isma, Pelos, Gesto, Fénix; Xaco, Ra; Varo, Alonso, Xavi e Tuto da Meca. Tamén: Masarocas, Pugil, Paco Chuvasco e Majorrilla.
- Oza: Brais; Alberto, Lavandeira, Iago Rodríguez, Vilariño (Josiño), Pace (Brais Pombo), Dani Iglesias (Dani Mato), Alex Freire, Nacho (David Efe), Fran, Edu (David LP).
- Goles: 1-0, m.30: Xavi, o máis listo tras un rebote; 2-0, m.55: Xavi; 3-0, m.56: Alonso aproveitando un erro na saída de balón; 4-0, m.87: Majorilla remata un centro dende a dereita.
Partido máis igualado do que di o resultado. O Oza competiu ata ben entrada a segunda metade pero a eficacia máxima deste cadro muradán, que leva mes e pico de doce, foi clave. O Muros levaba o peso do partido pero o Oza non permitían grandes ocasións. Abría o marcador Xavi nunha xogada por banda.
Nacho tivo o empate para os carballeses no comezo da segunda volta, pero practicamente á seguinte xogada, Xavi marcaba nunha xogada de varios rebotes, e cos carballeses aínda noqueados, Alonso facía o 3-0 logo dun erro na salida do balón. Tivo chegadas o Oza pero non acertou cara gol.
Gran final de ano do cadro de Juan Porrúa, que remata con 4 vitorias e 2 empates nas últimas 6 xornadas, con 8 puntos xa sobre o descenso. Por contra, o Oza remata pechacancelas, con 9 puntos, só 2 por debaixo dun Volantes que marca a salvación, e coa confianza plena no cadro técnico e no plantel de poder revertir a situación.
Castriz - Cabana (2-5)
- Castriz: David, Carlos Paredes, Samuel, Saul Propupín, Alex Forján, Iván Facal, Joser, Alberto Mata, Adrián García, Sebas e Pastoriza. Tamén: Juan, Álvaro, Adrián Rod., Fran Calvo e Martín Gemelo.
- Cabana: Víctor, Aarón, Sergio Ferreiro, Naka, Rubén, Sergio Antelo, Moreno, Diego Cacha (Fernando), Simón (Miguel), Manuel (Pablo), Raúl Corzón (Ismael).
- Goles: 0-1, m.5: Aarón nunha contra; 0-2, m.8: Simón nunha contra; 1-2, m.36: Sebas a centro de Alex Forján; 1-3, m.41: Raúl Corzón coa axuda do meta xalleiro; 2-3, m.58: Sebas tras centro de Saúl; 2-4, m.89: Sergio Antelo de córner directo; 2-5, m.92: Miguel
A sorpresa da xornada deuse no San Pedro de Castriz, noutro choque marcado polo vento. Comezou o Castriz a favor de vento, que apretou moito arriba, pero sufríu nas contras. De feito, antes de darse conta, xa levaba dous tantos no lombo, tras sendas contras fermosas dos cabaneses. Pouco a pouco foi fixando marcas o cadro de Miguel Chouza, intentando combinar e chegar arriba. Sebas recurtaba e coa inercia os locais contaban co empate antes do descanso, pero sufría outro golpe duro antes do descanso, nunha xogada na que se lle escapaba o balón a David e Raúl Corzón facía o terceiro.
Na segunda parte saían os de Castriz con moitos folgos e acortaban distancia. A inercia de novo ía a favor dos xalleiros, e Sebas tivo o empate nun man a man que salvou Víctor. Pero marchou a luz, materialmente, e tamén nos folgos dos rossoneros, ante un Cabana que soubo parar o partido, e esperar o seu momento, que chegaba cun gol olímpico, axudado polo vento, de Sergio Antelo, e pouco despois Miguel facía o 5º (excesivo para o visto no campo) xa no desconto.
Ponteceso - Volantes (4-2)
- Ponteceso: Damián, Cotelo, Eloy Triho, Juan Rey, Luís, Pablo, Luca, Mendieta, Eloy Álvarez, Pedro e Charro. Tamén: Álvaro, Raúl, Félix, Ángel e Martín Puente.
- Volantes: Álex de Yi, Alex Figueiras, Pais, Alex Fdez., Santi, Martín Millán, Marcos, Rodri Creo, Kevin, Pesco e Yanki. Tamén: Aarón e Manu de Yi.
- Goles: 0-1, m.13: Yanki aproveita un erro do meta local; 1-1, m.27: Luís tras varios rexeites; 2-1, m.43: Luís nunha falta coa axuda da barreira; 3-1, m.54: Pablo; 4-1, m.55: Eloy Álvarez; 4-2, m.84: Kevin.
Chegaba o Volantes con 6 baixas e só 13 xogadores, entre eles o eterno Yanki, que volvía vestirse de corto. E volvía marcar, coa súa picardía habitual aproveitando un erro do meta local para abrir o marcador.
Pero o forte vento era o protagonista, e o Ponteceso aproveitaba para dar un paso adiante, mentres o equipo de Chicho volvía ser ese equipo ramplón que non vencía un duelo. Empataban os de Pablo Mallón e Julio Vila nunha xogada tras varios rebotes, e antes do desacnso Luís facía o segundo.
Saír por todas o Volantes, pero nunha xogada desafortunada do meta muradán, marcan o terceiro, e na seguinte xogada, co equipo aínda KO, o cuarto para sentenciar.