3ª FUTGAL: O Seaia vence o derbi e apreta a loita pola promoción

O Sporting Seaia tras vencer ao UD Cerqueda en Xaviña

Non fallaron por arriba Coristanco (que si sufríu nas Fontiñas) e Oza, e manteñen a vantaxe de 8 e 7 puntos no ascenso directo. Tampouco o fixo o Cee, que segue na terceira praza tras gañar, pola mínima ao Camalle. E a cousa ponse máis apretada nesa loita pola promoción. O Seaia, que suma 8 xornadas sen perder, venceu o derbi ante o Cerqueda, ao que case alcanza na táboa, no choque máis interesante da xornada, en canto á clasificación se refire.

Segue o Pereiriña ocupando a 6ª praza, se ben os de Julito non pasaron do empate ante un Lira que segue vivo tamén nesa loita, quedando a 9 puntos dos ceenses. Polo medio está un Laxe que vén como un cañón, con 5 vitorias seguidas (4 en Liga e outra na Copa ante o Baio), o Volantes (que descansaba) e o Buño, que venceu ao pechacancelas.

Baíñas - Oza (0-3)

11 do CD Baiñas en Vimianzo-Foto-Costa
  • Baíñas: David C., Edu, Darío, Manu, Samu, Leo, Esteban, Fandi, Crisca, Carlos e Ruli. Tamén: Fabián, Santi, Chavico, Ibra e Estiven.
11 do SD Oza en Vimianzo. Foto: SD
  • Oza: Samuel, Marcos, Juan Lagoa, Miguel, David, Eloy Suárez, Nacho, Iago Lavandeira, Hugo Fraga, Saad e Salah. Tamén: Alex Vázquez, Íker, Benja, Fernando e Gueye.
  • Goles: 0-1, m.65: Fernando; 0-2, m.77: Salah tras unha longa xogada persoal; 0-3, m.93: Gueye tras unha boa xogada de Nacho.

Aguantou o Baíñas de Jose Antelo na primeira parte no campo Irmandiño, ante un cadro carballés que demostrou por que está na loita polo título. Os de Míchel levaron a iniciativa e dispuxo das ocasións máis claras, chegando a estrelar ata en tres ocasións o balón na madeira. O CD Baíñas estivo serio e ben colocado, soubo sufrir e responder a nivel defensivo, mantendo o empate nun primeiro tempo moi traballado.

Cómpre destacar tamén a lesión de xeonllo de Fandi na primeira metade, que tivo que abandonar o terreo de xogo tras un encontronazo, sendo unha baixa sensible para o conxunto local. Parece ser que foi só unha contusión pero a famillia carballesa envíalle moita sorte.

Tras o descanso, o CD Baíñas foi vindo a menos e a SD Oza aproveitou mellor as súas opcións, acabando por decantar o encontro cun claro 0-3.

Muxía B - Laxe (0-7)

  • Muxía B: Joel, Damián Soneira, Aitor, Prieto, Iván Sambad, Martín, Eloy Sambad, Adrián Baamil, Adrián Furelos, Papin e Isma. Tamén: Kevin, Noé, Julián, Ziro e Dammián Trillo.
  • Laxe: Jacobo, Dani Riegía, Barreiro, Leo, Pedro, Izan, Aarón, Bieito, Santi Casás, Djamel e Cundíns. Tamén: Roi, Eloy, David Gandara, Darío e Martín.
  • Goles: 0-2, m.12: Djamel de penalti; 0-2, m.22: Cundíns; 0-3, m.33: Cundíns; 0-4, m.60: Leo coa axuda dun defensa; 0-5, m.65: Martín; 0-6, m.84: Cundíns; 0-7, m.85: Eloy.

Partido doado para este Laxe de Manu Saleta que vén como un avión, ante un filial que fixo o peor partido do que vai de curso, acusando os de Conguoi as numerosas baixas. Triplete de Cundíns, que xa leva 10 (lonxe do coristanqués Pablo Pose, afianzado arriba con 20 goles polos 15 de Salah, do Oza).

A semana que vén si que chega unha pedra de toque para os lanxenses, coa visita do Cee a semana que vén.

O SD Laxe trala súa 5ª vitoria seguida

Cee - Camelle (4-3)

  • Cee: Jorge, César, Alex, Munitis, Fontaíña, Carlos, Xián, Jose, Keko, Pablo e Crossi. Tamén: Diouck, Jonathan, Marco, Regueiro e Oreiro.
  • Camelle: Pirata, Raicu, Dido, Maikel, Chans, Fabián, Mario, Josiño, Gabi, Tereso e Marcotiño. Tamén: Lucas Dios, Ismael.
  • Goles: 0-1, m.23: Jose de vaselina coa cabeza; 1-1, m.37: Fontaíña tras un rexeite nun córner; 1-2, m.49: Jose rouba e bate no man a man; 2-2, m.69: Crossi nun córner; 3-2, m.71: Pablo; 4-1, m.79: Fontaiña noutro córner; 4-3, m.92: Dido.

Chegaba o Camelle con problemas de efectivos (tivo que saír o meta suplente Ismael no medio campo na segunda) e se metía ben atrás, ante un Cee que dominaba e dominaba. Pero era Jose o que aproveitando un balón longo de Pirata que botaba alto para cunha vaselina de cabeza adiantar aos de Sergio. Empataba o Cee, tras moito dominio e algunha chegada, facendo moito dano nos córners. Na segunda repetíase o guión, co Camelle meténdose por diante, pero Cee mandando e acertando a balón parado. Recurtou o Camelle aínda tivo algunha ocasión no desconto pero o Cee sumou unha xusta vitoria.

Nantón - Coristanco (3-4)

  • Nantón: Álvaro, Iago Torres, Adrián Abelenda, Fran Torres, Xoel, Dany Añón, Carlos Vidal, Jorge, Alex López, Carlos Amado e Josué. Tamén: Vidal, Juan e Dani Castro.
  • Coristanco: Roberto, Gabri, Borja, Pablo Sabucedo, Dani Vázquez, Matteo, Jairo, Dani Casti, Kevin, Iván Pastoriza e Pablo Pose. Tamén: Jonathan Fraga, Jose, Benxa e Xoel.
  • Goles: 0-1, m.11: Pablo Pose; 0-2, m.15: Pablo Pose; 0-3, m.16: Pablo Pose; 1-3, m.56: Jorge; 1-4, m.79: Kevin; 2-4, m.85: Iago Torres de penalti; 3-4, m.94: Yago a pase de Álex López.
Familias do Coristanco e do Nanton con Mikel

Divertido partido nas Fontiñas que comezaba cunha fermosa foto para a historia: a de Mikel, que tras sufrir un accidente de moto moi grave, volveu poder estar, cando menos, nas bancadas do campo cabanés, acompañando ademais aos seus compañeiros do Nantón e aos seus ex do Coristanco.

O choque comezaba cun nome propio: Pablo Pose, que asinaba 3 goles nos primeiros 15 minutos, aproveitando a debilidade da defensa dos locais. O dianteiro, que ata o ano pasado foi porteiro pasando pola canteira do Depor, que chegou á Terceira no Estudiantil e a Preferente no Laracha e no Sofán, e que o ano pasado colgaba as luvas e se estreaba de xogador o ano pasado nas Peñas, este campaña está facendo historia, xa con 20 goles en 16 partidos.

Intentaba repoñerse o cadro de Adrián Varela, no comezo da segunda, dando unhamellor imaxe e conseguindo recurtar. Pero volveu ampliar a renda o cadro de Adrián Lema nunha xogada a balón parado. Non se renderon os locais, que puideron recurtar cun gol anulado a Dani Añón, pouco antes de que Yago si que recurtase de penalti e de que xa no descontísmo, o propio Yago fixese o 3-4 definitivo, pero sen tempo a poñer en risco a vitoria do líder.

Lira - Pereiriña (1-1)

  • Lira: Raúl, Christian, Carlos, Ramón, Javi, Iago, Alberto, Cibrán, Xabi Beiro, Alexandre e Pablo Leis. Tamén: Cristian, Xabi Domínguez, Martiño, Hugo e Manu.
  • Pereiriña: Maikel, Adán, Cartamil, Oca, Calo, Bicho, Esteban, Maelo, Tito, Gabri, e Oli. Tamén: Xabi, Abel, Martín, Trillo e Víctor Agulleiro.
  • Goles: 1-0, m.40: Carlos por toda a escuadra; 1-1, m.90: Trillo dende o medio campi.

Brutal o cambio que vive o Lira esta campaña con Óscar Leis ao mando, poñendo un 11 este domingo en Lombáns con 10 xogadores de campo todos naturais do Concello de Carnota, e cunha media de 19,2 anos, subida, iso si, ata os 23,5 polo veterano meta Raúl. Nun día no que Oli, ex liracho, volvía a Lombáns onte ten xogado mesmo no finado UD Carnota.

Os xuvenís lirachos axudaron moito ao equipo ante un Pereiriña de Julito que saía máis decidido a xogar o balón. Pero á contra avisaban os locais como un centro de Xabi Beiro que remata o central do Pereiriña en propia obrigando a Maikel a facer unha boa parada. Despois Alex Beiro volve facer traballar a Maikel cunha falta directa que saca a córner. Respondían os de Julito cunha boa combinación que Raúl lle saca a Tito.

Antes do descanso, Ramón pelea un balon co central xunto banderín de córner, consigue roubar, e centrar, e seu irmán Carlos engancha o rexeite dende o borde da área metendo un golazo pola escuadra.

Saíron mellor os ceenses na segunda adiantando liñas gracias á saída de Abel, Víctor e Martín, e empezan a meter aos locais na súa área obrigando a Raúl a facer grandes intervencións a Víctor e Martín. O Lira só puido saír nunha contra de Pablo Leis e Alberto pero o Pereiriña apretaba cada vez máis, colgando balóns, ata que xa no 90, un despexe dende o medio campo de Trillo convírtese no gol da xornada, superando por arriba a Raúl, e roubándolle unha vitoria que podía meter moito máis ao Lira na pelexa pola promoción.

Cerqueda - Seaia (1-4)

11 do UD Cerqueda en Xaviña
  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu Amado, Gus, Hugo Fraga, Juan, Rivera, Shuster, Eloy, Mario e Brais Costa. Tamén: Fanián Souto, Iván Rey, Uxúo, Sergio e Íker.
  • Seaia: Isaac Piña, David, Alex Mato, Antón Todosantos, Dimaga, Noel, Erik, Martín, Rafa, Edu, Manu Castro. Tamén:Anxo, Borja, Simón, Juni, e Pablo.
  • Goles: 0-1, 13: Juni a centro de Dimaga; 0-2, m.29: Juni; 1-2 m.48: Brais Costa; 1-3, m.72: Juni; 1-4, m.89: Juni.

Derbi tenso en Xaviña, coa loita da promocion en xogo. O Seaia comezaba con máis intensidade tendo máis o balón pero sufría a lesión de Alex Mato, que sufría un pinchazo e daba paso a Juni. Chave foi a saída do eterno pichichi malpicán, que nada máis saír abría o marcador tras un bo centro de Dimaga. Pouco despois desde unha falta no medio campo Edu poñialle un moi bo balón que remata Juni para o 0-2. Co paso dos minitos o equipo de Gurita foi subindo o ritmo e collendo o mando do partido.

E saíron mellor na segunda os locais, con moita intensidade e buscando área contraria. Brais recurtaba nun balóns ás costas da defensa, e o partido estaba para o empate. Os cerquedáns empurraban, tendo varias ocasións claras que non acertaron.

E oque perdoa acaba pagando, e en dúas contras, xa no treito final, Juni sentenciaba o choque firmando un tremendo póker de goles.

Inter - Buño (1-3)

  • Inter: Costa, Diego, Javichu, Christian, Fabián Barreiro, Juan Lagoa, José Angel, Santi, Romero, Evaristo, Torices. Tamén: Ema, Rubén e Ricardo.
O Buño dedicou a vitoria ao lesionado Martín Nantón
  • Buño: Cristian, Hugo Álvarez, Alan, Jorge Calvete, Alexis, Dani, Fraghiña, Sergio, Andrés, Martín e Aguiar. Tamén: Lamas, Roberto e Javi Facal.
  • Goles: 0-1, m.11: Sergio Aguiar; 1-1, m.24: Romero; 1-2, m.43: Andrés; 1-3, m.52: Andrés.

Marcou pronto o Buño e puido aumentar a vantaxe pedindo dous penaltis, pero o Inter conseguía empatar no ecuador da primeira metade nun balón ás costas da defensa. Chave foi o gol antes do descanso por medio de Andrés, que aumentaba a vantaxe nada máis volver dos vestiarios. O partido rompeuse, cun Inter colgando balóns e o Buño saíndo á contra.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información