3ª FUTGAL: O Coristanco pecha o curso como único equipo invicto do Fútbol da Costa masculino
Remata o 2025 con Coristanco e Oza dominando a táboa da 3ª. A falta de 2 xornadas para o remate da primeira volta, os de Adrián Lema pechan o ano como único equipo invicto do Fútbol da Costa.
Por detrás, segue firme o Oza, a só 4 puntos, e como firme candidato a acompañalo no ascenso directo. Cee e Cerqueda serán os que batallen co cadro carballés por esa 2ª praza, e acaban o ano a 4 puntos.
Ademais, a loita pola promoción está moi viva. Agora mesmo, esas dúas prazas están en mans de Pereiriña e Seaia, pero están aí Volantes, Baíñas, Nantón, Buño e Lira, e mesmo Camelle e Laxe poderían enganchar pois están a só 7 puntos do cadro malpicán.
Acaba o ano con Pablo Pose (Coristanco) de pichichi destacado, con 15 tantos, polos 11 de Salah (Oza) e Josiño (Cee). Ademais, Nachete (Oza) e Ruli (Baíñas) suman 9, e Alex Mato, o capi do Seaia, 8.
Muxía B - Coristanco (0-4)
- Muxía B: Miguel Toba, Damián, Prieto, Aitor, Iván Sambad, Adrián Baamil, Martín, Furelos, Javi Vilela e Eloy Sambad. Tamén: Joel.
- Coristanco: Roberto, Gabri, Jonathan Fraga, Borja, Asier, Pablo, Kevin, Sergio, Iván Pastoriza, Jairo e Pablo Pose. Tamén: Lou, Jose Antonio.
- Goles: 0-1, m.9: Pablo Pose; 0-2, m.53: Pablo Pose; 0-3, m.57: Pablo Pose; 0-4, m.60: Kevin.
Aguantou moi ben o filial a primeira metade, ante un líder, que se metía pronto por diante gracias a un erro local, e que aguantaba a posesión pero sen profuncidade.
Na segunda apretaron na saída os de Adrián Lema e pronto sentenciaron por un Pose en estado dge gracia.
Baíñas - Laxe (1-3)
- Goles: 0-1, m.15: Cundíns; 0-2, m.35: Darío Mira; 0-3, m.80: Cundíns; 1-3 , m.81: Ruly.
Xa era hora de que chegase a merecida vitoria para o Laxe, e iso que os xogadores chegaban tras unha noite complicada con xantar e festa nocturna. Pero fixeron un partidazo os de Manuel Saleta ante un Baíñas que facía tempo que non se lle viña con tanta desgana. O encontro, pasado por auga, vía como o Laxe dominaba a primeira metade, marchando con vantaxe de dous goles.
Na segunda, os cambios que realizou o Baíñas parecíanlle dar un pouco máis de achegamento á portería rival. O equipo local mellorou, dispuxo de varias ocasións e intentou recurtar distancias, pero faltou acerto nos metros finais.
Cando mellor estaba o Baíñas e máis apertaba, chegou o terceiro gol do Laxe, que puxo o 0-3 no marcador. A pesar diso, o Baíñas non baixou os brazos e conseguiu marcar por medio de Ruli, facendo o 1-3 definitivo. Nos minutos finais, o Baíñas aínda dispuxo dalgunha ocasión máis, pero sen fortuna.
Cerqueda - Nantón (2-2)
- Goles: 0-1, m.8: Alex López; 1-1, m.21: Eloy Santos; 1-2, m.45: Iago Torres; 2-2, m.51: Eloy Santos.
Partido moi igualado que puido caer para calquera lado e que finalmente acabou en táboas. Non foi das mellores versións do ningún dos dous equipos. Na primeira marcaba o Nantón pronto e Álvaro paroulle un penalti ao cadro de Gurita.
No treito final foio Cerqueda polo partido e meteu ao Nantón na súa área, pero hoxe soubo sufrir e aguantar as embestidas para sumar un punto que sabe mellor polas Fontiñas que por Xaviña.
Lira - Seaia (3-3)
- Goles: 1-0, m.52: Iván París; 1-1, m.61: Juni; 2-1, m.75: Iván París; 3-1, m.80: Xurxo; 3-2, m.85: Alex Mato; 3-3, m.93: Iván Caamaño.
Comerzaba o choque moi igualado, cun Seaia que avisaba cunha boa presión e obrigando a Aitor a salvar un par de accións. Pouco a pouco o Lira foise metendo no partido, e igualando en intensidade.
Tras o descanso unha falta lanzada por Iván París sorprendeu o porteiro rival e adianataba aos de Óscar Leis no marcador. Pero de novo outra boa presión dos de Manu Cancela permitíalle a Juni empatar. Aí tivo o Seaia bos minutos, máis cómodo co balón e chegando con profundidade, pero aparecía Alexandre para sacar un penalti que Iván París transformou no 2-1. Foi un mazazo para os visitantes e o Lira puido deixar sentenciado o partido, ademais do terceiro do xuvenil Xurxo Fiuza, o golazo da xornada. Pero non souberon aguantar a renda os lirachos, que sacaron 5 xuvenís no 11 titular, e no arreón final dos malpicáns déronlle a volta ao marcador.
Oza - Pereiriña (4-1)
- Goles: 0-1, m.12: Maelo nun córner; 1-1, m.20: Eloy; 2-1, m.47: Eloy; 3-1, m.62 Salah de cabeza un golazo;4-1, m.94: Saad.
Partido moi disputado no que o Pereiriña prantou cara a todo un Oza, e mesmo se adiantaban cun gol nun córner. Os ceenses esperaban atrás e buscaban as contras, pero os locais ían envorcado o campo e pronto empataban.
Na segunda saíu forte o Oza e xa marcaban o segundo tras un erro na saída do balón dos visitantes. Tralo terceiro de Salah, puido recurtar o Pereiriña pero no desconto caía o cuarto, deixando un resultado demasiado abultado do visto no campo.
Volantes - Buño (2-1)
- Goles: 1-0, m.52: Jonathan Guisado; 2-0, m.66: Saúl Priegue; 2-1, m.69: Frajiña de penalti cometido sobre Seriyic.

Partido no que os mellores foron os dous porteiros. Moita precipitación, moito balón largo, pouco fútbol. Na primeira tivo Frajiña un man a man, e Aguiar outra así como un posible penalti. Tamén o Volantes tivo varias que sacou Cristian.
O Volantes acertaría na segunda parte o primeiro nunha boa xogada por banda, o segundo en fora de xogo para os oleiros. Recortaría o Buño pero non lle chegou o tempo, tras reclamar mesmo unha pena máxima.
Na segunda comezaba forte o cadro de Ramiro, con dous goles rápidos. Pero o cadro de Dani Calvete non decaeu, meteuse de contado de novo no partido dende os 11 metros, e tiveron algunha ocasión para empatar, como unha de Alan, Frajiña e Seriyic que salva o meta local Xandre.
Inter - Camelle (1-4)
- Goles: 0-1, m.3: Gabi; 0-2, m.12: Miguel; 1-2, m.33: Alex Ferreiro; 1-3, m.52: Maikel; 1-4, m.75: Iván Chans dende fóra da área.
Primeira metade cun Camelle máis dominador, que se xa meteron por diante moi pronto con 0-2. Aí reaccionaron nos de Cobéns, que recurtaron, e tiveron algunha ocasión para empatar. Tamén enviaba aí dous balóns á madeira o cadro de Sergio, que comezaba forte de novo a segunda ampliando a renda e acabando coas esperanzas dos ceenses.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.12: 8 equipos na pelexa por 2 prazas de promoción.
- X.11: Unha xornada para Mikel.
- X.10: Baíñas e Seaia frean a Coristanco e Oza e apretan a táboa.
- X.9: O Coristanco bate ao Oza no duelo de líderes.
- X.8: O Coristanco remonta e alcanza ao Oza no alto da táboa.
- X.7: Oza e Coristanco non paran.
- X.6: O Oza supera tamén ao Cerqueda.
- X.5: O Buño freou ao Cerqueda mentres o Oza segue ao seu.
- X.4: Oza e Cerqueda manteñen o pleno.
- X.3: O Pereiriña frea ao Cee.
- X.2: Oza, Cee e Cerqueda mandan.
- X.1: Oza, Buño e Cee comezan avisando.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com