luns. 15.12.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: 8 equipos na pelexa por 2 prazas de promoción

Camelle-Bainas no Rodeiro-Foto-Marina Busto 3
Camelle-Baiñas no Rodeiro-Foto-Marina Busto
3ª FUTGAL: 8 equipos na pelexa por 2 prazas de promoción

Sufríu o Coristanco para vencer ao Lira, e sufriu tamén o Oza para vencer en Laxe pero ambos seguen mandando na táboa. Preto segue o Cee, que venceu con máis claridade nas Fontiñas, pero que descansa a semana que vén; e o Cerqueda, que tamén voleou ao Volantes. Parece que son estes catro (Coristanco, Oza, Cee e Cerqueda) os que se van xogar o ascenso directo)

Por atrás a pelexa pola 5ª e 6ª praza está moi aberta, con polo menos 8 equipos con todas as posibilidades. Por exemplo, o novo Buño de Dani Calvete vencía en Cee ao Pereiriña, e se coloca a 6 desa 5ª praza. Ademais, Seaia e Inter empataban, igual que Baíñas e Camelle.

Nantón - Cee (1-4)

  • Goles: 0-1, m.7: Josiño; 1-1, m.49: Jorge a pase de Davi; 1-2, m.69: Xián; 1-3,m .71: Keko; 1-4, m.74: Xián.

Comezaba o Cee con dúas marchas máis, e pronto abríao marcador. Sufrían os cabaneses, tanto arriba como atrás, pero aguantou o resultado gracias á boa labor de Álvaro e os centrais.

Na segunda, cun par de modificacións de Adrián Varela, conseguían equilibrar a contenda, e empatar. Eran bos minutos dos locais, que tiveron 3 boas ocasións, pero unha contra de Xián, e un gol practicamente seguido de Keko, mataban o partido para os de Rafa.

Camelle - Baíñas (2-2)

  • Goles: 0-1, m.46: Manu Arias; 0-2, m.60: Estiven; 1-2, m.77: Marcotiño; 2-2, m.90: Josiño.
Capis do Bainas e Camelle-Foto.Luis Capote copia
Capis do Baiñas e Camelle no Rodeiro-Foto: Luis Capote

Partido igualado na primeira parte, con máis chegadas do Baíñas, pero sen demasiado perigo. Tivo o Camelle un balón á madeira como xogada máis destacada.

Pero saíron os de Sergio na segunda, e Manu abría o marcador e pouco despois Esteven ampliaba a renda. Pero “90 minuti son moito longui no Rodeiro”, e o Camelle comezou a apretar, metendo balóns arriba, e entrando ata a liña de fondo. Marcotiño aproveitaría un pase de morte para recurtar, despois salvaría David un man e man e xa no desconto, sería Josiño o ue remataría un centro lateral para asinar o empate.

Camelle-Bainas no Rodeiro-Foto-Marina Busto
Camelle-Baíñas no Rodeiro-Foto-Marina Busto
Camelle-Bainas no Rodeiro-Foto-Marina Busto 2
Camelle-Baíñas no Rodeiro-Foto-Marina Busto
Camelle-Bainas no Rodeiro-Foto-Marina Busto 4
Camelle-Baíñas no Rodeiro-Foto-Marina Busto 4

Laxe - Oza (1-2)

11 do Oza
11 do Oza. Foto: SD
  • Goles: 0-1, m.35: Eloy de chilena; 0-2, m.50: Eloy; 1-2, m.70: Djamel de penalti.

Comezou fatal o Oza, que debeu acusar o xantar do club no sábado, e durante a primeira media hora o Laxe foi dominador. Tivo varias o cadro de Manu Saleta pero non acertou e antes do descanso Eloy abría o marcador para o cadro de Michel cunha fermosa volea.

Comezaba mellor o equipo carballés a segunda, e Eloy desviaba lixeiramente un centro perigoso para descolocar a Jacobo e facer o segundo. Pero pouco despois o colexiado sinalaba penalti e expulsión de Hugo Fraga por salvar un balón coa man baixo paus. Djamel recurtaba e o Laxe apretou ata o final, pero o Oza conseguíu aguantar o marcador a favor.

Cerqueda - Volantes (5-1)

11 da ud cerqueda
11 da UD Cerqueda. Foto: UD
  • Goles: 1-0, m.2: Iván case dende o medio campo collendo a Fabián adiantado; 2-0, m.4: Moisés a centro de Brais Costa; 3-0, m.27: Iván; 3-1, m.64: Núñez; 4-1, m.70: Brais Costa; 5-1, m.89: Marcos Pensado.

Comezou moi enchufado o Cerqueda e moi durmido o Volantes, e aos 4 minutos xa campaña o 2-0 no marcador, cun golazo de Iván dende o medio campo e outro do cadete Moisés. Antes do descanso Iván xa facía o terceiro deixando o choue sentenciado.

Na segunda parte baixou un pouco o ritmo do partido.

Coristanco - Lira (2-1)

  • Goles: 1-0, m.46: Alexandre de falta; 1-1, m.55: Dani Casti; 2-1, m.95: Jonatan.

Mal partido do Coristanco ante un Lira que mereceu máis, pero que acabou supoñendo a 10ª vitoria dos de Adrián Lema. Os lirachos chegaban moi mermados, e viron como o Coristanco saían moi enchufado, apretando moito. Pero o cadro de Oscar Leis estiveron moi serios, moi intensos intensos defensivamente impedindo a circulación, e co paso dos minutos, tentando saír á contra coas constantes descargas de Alexandre e aproveitando a velocidade da segunda liña. Tivo que aparecer o porteiro xxuvenil liracho para salvar un par de ocasións dos locais pero era o Lira o que máis tería merecido na segunda metade.

Nada máis comezar a segunda, adiantábanse os lirachos gol de falta de Alexandre. O Coristanco tratou de darlle mais ritmo á circulación e nun balón ás costas da defensa rival lograría o empate, ante as protestas dun Lira que non entendeu a política dos fóras de xogo do colexiado.

Aguantou o Lira, non se descompuxo e tivo ocasións para meterse de novo por diante, como un gol anulado a Iván París por fóra de xogo. Alongouse o partido e xa no descontísimo, na última xogada, Jonatana marcaba o gol da vitoria para o líder.

Seaia - Inter (2-2)

  • Goles: 1-0, m.12: Alex Mato nun córner; 1-1, m.55: Fernando; 1-2, m.90: Fernando; 2-2, m.92: Erik de rexeite tras un penalti que para Moreira.

Bo partido en Pedra Queimada, cun Seaia que levou a iniciativa. Os locais estaban mellor e se adiantarían nun córner.

Xa na segunda, o Inter consegue empatar tras varias boas xogadas. Tivo que aparecer Moreira para salvar varias ocasións dos locais. O Inter quedaba, a 10 do final, con 10 por unha confusa expulsión de Leo, pero así e todo, volvían meterse por diante tras unha moi boa contra de Fernando.

Era o minuto 90 e faltou aí veteranía no cadro visitante e si que houbo fe e entrega nos locais, que se envorcaron sobre a área rival e nun centro lateral hai unha man que para Moreira pero remacha Erik para o empate.

At. Pereiriña - Buño (1-3)

  • Goles: 0-1, m.9: Fraguiña de penalti; 1-1, m.15: Oli; 1-2, m.30: Izan; 1-3, m.47: Fraguiña.

Estreábase Dani Calvete no banco do Buño e o fixo con vitoria o irmán do presi e medio centro do cadro oleiro. I é que o Buño estivo moito máis acertado nas áreas. Comezaba mellor o equipo de Julito, pero nunha das primeiras chegadas dos visitantes acabana en pena máxima, e no 0-1. Non tardaron en reaccionar os ceenses que recortan por medio de Oli nunha contra ben levada por Víctor, Gavi e Abel. O partido estaba igualado ata que Izan, que debutaba, fixo un golazo desde fora da área.

Na segunda parte saíu a apretar o Pereiriña, pero nun balón ás costas dad efensa, Fraga poñia terra de por medio. Os locais encorvarúanse sobre a porteria do Buño que se denfendía replegado, á contra pudo aumentar a renta sen acerto. O Pereiriña seguiriao intentando con perigo sobre todo a balón parado.

Asi celebrou o Buno a vitoria en Cee
Así celebrou o Buño a vitoria en Cee

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios